Hussa de Bernicia

Hussa de Bernicia
Nacemento século VI
Falecemento 593 e 592
Nacionalidade Bernicia
Etnia Anglos
Ocupación soberano
Fillos Hering, filho de Hussa
editar datos en Wikidata ]

Hussa foi rei do reino anglosaxón de Bernicia desde 585 até 592.

  • traxectoria

Traxectoria

Non é do todo seguro quen foi Hussa, quizais fose un fillo de Ida, o fundador do reino de Bernicia, ou talvez fose un líder rival, que tomou o poder despois de que Frithuwald morreu. Moi pouco se sabe da vida ou reinado de Hussa. Nalgún punto do seu reino a coalición de forzas de Rheged e os reinos bretóns de Strathclyde, Bernicia e Elmet atacaron a Hussa e case acadaron o éxito en expulsar aos reis anglos bernicianos fóra de Britannia. Crese que a alianza fracasou por unha disputa entre as diferentes tribos británicas que terminaron co asasinato de Urien, o rei de Rheged, ao redor do ano 590.

De todas as maneiras, segundo a Crónica Anglosaxoa tras a morte de Hussa, houbo un conflito entre a familia de Hussa e a de Æthelfrith, o sucesor de Hussa, xa que di que Hering o fillo de Hussa, conduciu ao exército de Áedán mac Gabráin en contra de Æthelfrith na Batalla de Degsastan en 603.

Os anos que reinou Hussa son debatidos, xa que as poucas fontes de información que existen varían moito en detalles da orde e tempo dos reis entre a morte de Ida e o comezo do reino de Æthelfrith en 592/593.

Other Languages
Deutsch: Hussa
français: Hussa
português: Hussa da Bernícia
русский: Хусса
srpskohrvatski / српскохрватски: Hussa od Bernicije