Holocausto

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Retretes en Auschtwitz

O Holocausto[1] (en grego antigo: ὁλόκαυστος, holókaustos: ὅλος, "todo" e καυστον, "queimado"),[2] tamén coñecido como Shoá (en hebreo: השואה, HaShoá, "a catástrofe"; yiddish: חורבן, Churben ou Hurban, do hebreo para "destrución"), foi o xenocidio ou asasinato en masa de case de seis millóns de xudeus durante a Segunda Guerra Mundial, no maior xenocidio do século XX, a través dun programa sistemático de exterminio étnico patrocinado polo estado nazi, liderado por Adolf Hitler e polo Partido Nacionalsocialista e que ocorreu en todo o Terceiro Reich e nos territorios ocupados polos alemáns durante a guerra.[3][4][5][6][7][8][9][10][11][12] Dos nove millóns de xudeus que residían en Europa antes do Holocausto, cerca de dous terzos foron exterminados. Máis dun millón de nenos, dous millóns de mulleres e tres millóns de homes morreron neste período.[13][14][15]

O vocábulo ten orixes remotas en sacrificios rituais pagáns da antigüidade en que animais (ás veces até seres humanos) eran ofrecidos ás divindades, sendo completamente queimados durante a noite. A partir do século XIX, o termo "holocausto" pasou a designar grandes catástrofes e masacres, até que trala Segunda Guerra Mundial o termo "Holocausto" (con inicial maiúscula) pasou a ser utilizado especificamente para se referir ao xenocidio sistemático realizado polos nazis contra varios grupos étnicos, relixiosos, nacionais e outros grupos durante a Segunda Guerra Mundial.

Terminoloxía

Vítimas chegadas de Hungría ao campo de exterminio de Auschwitz, maio de 1944.
Cadáveres atopados en Bergen-Belsen, 19 de abril de 1945.

Os primeiros en empregar o vocábulo "holocausto" foron os historiadores xudeus de finais da década de 1950. A xeralización do termo produciuse a finais da década seguinte.[16] Esta palabra procede da tradución grega do texto masorético coñecida como Versión dos setenta, en que o vocábulo olokaustos (ὁλόκαυστος: de ὁλον, 'completamente', e καυστος, 'queimado') traduce unha palabra hebrea que se refire a un sacrificio consumido polo lume.[17]

Tamén se emprega para nomealo o vocábulo Shoá, Shoah ou Sho'ah),[18] procedente do hebreo שואה e que significa "catástrofe".[19] A palabra forma parte da expresión Yom ha-Sho'ah, coa que se nomea en Israel o día oficial da Memoria do Holocausto.

En yidish para referirse ao Holocausto emprégase a expresión hurb'n eiropa,[20] que posúe o significado de "destrución (das comunidades xudías) de Europa", incluíndo tamén a cultura das mesmas.[21]

En cando á historia do uso do vocábulo "holocausto", dende o século XVI empregouse a expresión holocaust na lingua inglesa para catástrofes extraordinarias de incendios con gran cantidade de vítimas. No século XVIII a palabra adquiriu un significado máis xeral de morte violenta dun gran número de persoas.[22] Winston Churchill utilizou a expresión holocaust na súa publicación The World Crisis en referencia ao xenocidio armenio en Turquía.[23]

Other Languages
Afrikaans: Holocaust
አማርኛ: ሆሎኮስት
aragonés: Holocausto
Ænglisc: Eallbærnet
العربية: الهولوكوست
asturianu: Holocaustu
azərbaycanca: Holokost
تۆرکجه: هولوکاست
башҡортса: Холокост
Boarisch: Holocaust
žemaitėška: Huoluokausts
беларуская: Халакост
беларуская (тарашкевіца)‎: Галакост
български: Холокост
brezhoneg: Loskaberzh
bosanski: Holokaust
буряад: Холокост
català: Holocaust
کوردی: ھۆلۆکۆست
čeština: Holokaust
Чӑвашла: Холокост
Cymraeg: Yr Holocost
dansk: Holocaust
Deutsch: Holocaust
Zazaki: Holokost
Ελληνικά: Ολοκαύτωμα
English: The Holocaust
Esperanto: Holokaŭsto
español: Holocausto
eesti: Holokaust
euskara: Holokaustoa
فارسی: هولوکاست
suomi: Holokausti
Võro: Holokaust
føroyskt: Holocaust
français: Shoah
Frysk: Holokaust
Gaeilge: Uileloscadh
Gàidhlig: Uile-losgadh
עברית: השואה
Fiji Hindi: The Holocaust
hrvatski: Holokaust
hornjoserbsce: Holocaust
magyar: Holokauszt
հայերեն: Հոլոքոստ
interlingua: Holocausto
Bahasa Indonesia: Holokaus
Ilokano: Holokausto
íslenska: Helförin
italiano: Olocausto
Patois: Di Olokaas
Basa Jawa: Holocaust
ქართული: ჰოლოკოსტი
Kabɩyɛ: Soowa (Shoah)
қазақша: Холокост
한국어: 홀로코스트
kurdî: Holokost
kernowek: Loskaberth
Кыргызча: Холокост
Latina: Soa
Ladino: Olokósto
Lëtzebuergesch: Holocaust
лезги: Холокост
lietuvių: Holokaustas
latviešu: Holokausts
олык марий: Холокост
македонски: Холокауст
монгол: Холокост
Bahasa Melayu: Holokus
Malti: L-Olokawst
Mirandés: Houlocausto
مازِرونی: هولوکاست
Plattdüütsch: Schoah
नेपाल भाषा: होलोकस्ट
Nederlands: Holocaust
norsk nynorsk: Holocaust
norsk: Holocaust
occitan: Olocaust
Kapampangan: Holocaust
Piemontèis: Olocàust
پنجابی: ہولو کاسٹ
português: Holocausto
Runa Simi: Ulukawstu
rumantsch: Holocaust
Romani: Holokausto
română: Holocaust
русский: Холокост
русиньскый: Голокауст
саха тыла: Холокост
sardu: Olocàustu
sicilianu: Olucaustu
Scots: Holocaust
srpskohrvatski / српскохрватски: Holokaust
Simple English: The Holocaust
slovenčina: Holokaust
slovenščina: Holokavst
chiShona: Rushigido
Soomaaliga: Holokost
shqip: Holokausti
српски / srpski: Холокауст
Seeltersk: Holocaust
svenska: Förintelsen
Tagalog: Holocaust
Türkçe: Holokost
татарча/tatarça: Holokost
українська: Голокост
oʻzbekcha/ўзбекча: Holokost
Tiếng Việt: Holocaust
Winaray: An Holokausto
მარგალური: ჰოლოკოსტი
Bân-lâm-gú: Holocaust