Hockenheimring

Hockenheimring
Plano do Circuíto
Hockenheim2012.svg
Datos
CarreirasF1, DTM, German Grand Prix
LocalizaciónAlemaña Hockenheim, Alemaña
Lonxitude4´574 km
Curvas16
Volta rápida (2004)1:13.780
Piloto RecordFinlandia Kimi Räikkönen
Escudería RecordMcLaren
Coordenadas49°19′40″N 8°33′57″L / 49°19′40″N 8°33′57″L / -8.56583
Vista do Circuíto
Vista

O Circuíto de Hockenheim ou Hockenheimring é un autódromo localizado nas proximidades de Hockenheim, Alemaña, que alberga anualmente o Gran Premio de Alemaña de Fórmula 1, entre outros eventos.

Características

O trazado do circuíto destacaba por ser un dos máis longos da tempada de Fórmula 1, cun sector rápido que consistía de catro rectas de aproximadamente un quilómetro, cortadas por tres chicanes lentas que permitían numerosos adiantamentos, que percorrían un bosque. A zona de tribunas, denominada "Motordrom", compensaba o resto do trazado con curvas trabadas. Este circuíto presentaba un desafío importante aos técnicos á hora da posta a punto dos autos para a carreira, posto que se debía optar entre unha configuración con aleróns pouco inclinados e suspensión dura para maximizar a velocidade final nas rectas, pero á vez comprometendo a adherencia do coche na zona do "Motordrom", ou viceversa.

Para a edición do 2002, o circuíto foi redeseñado polo arquitecto alemán Hermann Tilke. A sección do estadio mantívose, pero o trazado foi acurtado, ao substituírse o sector de longas rectas dos bosques cunha serie de curvas máis pechadas. Como na maioría dos rediseños realizados por Tilke a petición do dono da Fórmula 1, Bernie Ecclestone, varios pilotos e fanáticos criticaron duramente a eliminación das rectas xa que estas dábanlle un carácter especial ao trazado.

Este circuíto será sempre tristemente recordado pola morte do lendario Jim Clark , que morreu en 1968 nunha competición de Fórmula 2.

Other Languages