Hipoteca

A hipoteca é un dereito real. Constitúese en garantía dunha obrigación e, para a súa constitución, require escritura pública e inscrición no rexistro da propiedade.

Características

Na relación hipotecaria participan o acredor e o debedor ou un terceiro que hipoteca un ben en garantía dunha obrigación allea. A hipoteca recae xeralmente sobre bens inmobles aínda que está permitida a hipoteca sobre bens mobles (hipoteca mobiliaria). A hipoteca garante o principal da débeda que ampara e os xuros acumulados dende a súa constitución, sempre que se faga constar na escritura de constitución.

Parámetros

Unha hipoteca definese empregando 3 parámetros:

  • o capital, que é a cantidade de diñeiro prestada. O capital prestado adoita ser menor que o valor do ben hipotecado, de xeito que este poida responder polo capital no caso de non producirse o pagamento.
  • o prazo, que é o tempo que tomará a devolución do préstamo. A devolución do préstamo realízase mediante pagamentos periódicos (xeralmente mensuais), ata devolver o capital solicitado máis todos os xuros acumulados durante o tempo que se tarda en devolver o préstamo.
  • O xuro, que indica unha porcentaxe extra anual que se debe aboar anualmente en concepto de ganancias.

O tipo de xuro pode a súa vez ser:

  • Fixo: mantén o seu valor ao longo de todo o prazo do préstamo.
  • Variábel: o seu valor é revisado periodicamente co fin de adaptalo ao estado actual da economía. Xeralmente emprégase algún índice económico como o EURIBOR.
Other Languages
العربية: رهن
مصرى: رهن
azərbaycanca: İpoteka
català: Hipoteca
dansk: Pant
Deutsch: Hypothek
English: Mortgage law
Esperanto: Hipoteko
español: Hipoteca
eesti: Hüpoteek
euskara: Hipoteka
فارسی: رهن
suomi: Kiinnitys
עברית: משכנתה
magyar: Zálogjog
italiano: Ipoteca
日本語: 譲渡抵当
ქართული: იპოთეკა
한국어: 저당권
Latina: Hypotheca
Lëtzebuergesch: Hypothéik
lietuvių: Hipoteka
norsk: Hypotek
polski: Hipoteka
português: Hipoteca
română: Ipotecă
русский: Ипотека
Simple English: Mortgage
slovenščina: Hipoteka
српски / srpski: Хипотека
svenska: Hypotek
தமிழ்: அடமானம்
Türkçe: Rehin (ekonomi)
татарча/tatarça: Ипотека
українська: Іпотека
اردو: رہن
中文: 抵押
粵語: 借錢