Himnos homéricos

Os Himnos homéricos son unha colección de trinta e catro (ou trinta e dous, segundo se conte) breves poemas épicos gregos. Hoxe estímase que o máis antigos dos himnos, o de Demeter, se remonta á época de Hesíodo.

Cada himno está dedicado a un deus, e destinábase a ser cantado polo aedo en forma de preludio ou proemio (do grego antigo προοίμιον prooímion), antes de pasar a unha obra máis longa. Os Himnos homéricos varían no seu obxecto, o seu tamaño (de cinco a cincocentos cincuenta versos), a súa época de redacción (entre o século -VII e o IV): poucas son as cousas que teñen en común os poemas desta colección

O epíteto de « homérico », que lles outorgan, só se debe á súa métrica común, o hexámetro dactílico, verso da epopea. Entre os factores de homoxeneidade entre estas obras, atopamos igualmente certas fórmulas idénticas, anunciando que despois do Himno homérico ía seguir outro poema: …Saúde a ti, e heite cantar noutro himno.

Principais himnos

Os himnos máis interesantes son as pezas de maior amplitude:

  • o Himno a Deméter conta a fundación dos Misterios de Eleusis.
  • o Himno a Hermes é unha marabilla de parodia das epopeas, cuxo propósito burlesco é contar as fazañas que fixo Hermes nas primeiras horas da súa vida.
  • o Himno a Apolo ten por obxecto o establecemento polo deus dos seus ritos. Trátase de literatura en movemento: a través da enumeración de illas e cidades das que toma posesión o deus en todo o mundo grego, instituíndo aquí e alá os seus santuarios e misterios. Un posíbel autor desta obra, ou de partes dela, é Cineto de Quíos, considerado un homérida.
  • o Himno a Afrodita descríbea como vítima de si mesma, ao sucumbir aos encantos de Anquises.
  • o Himno a Dioniso é a descrición do espanto que inspira o deus a unha tripulación á que toma como reféns e masacra.
  • o Himno a Pan brilla polo seu estilo, moi rebuscado e digno das sutilezas máis finas do Alexandrinismo.
  • o Himno a Ares é menos homérico que órfico: constitúe une aproximación relativamente revolucionaria á concepción da relación entre homes e deuses, xa que nel se invoca ao deus das carnaxes para impedilas: pídeselle ao deus que preserve ao crente dos seus atributos, no canto de lle solicitar participar deles. De feito, este himno é moi tardío.
  • os himnos ao Sol e a Lúa son dignos de mención pola súa simetría e o fondo astrolóxico que evocan.
Other Languages