Henry Miller

Henry Miller
Henry Miller 1940.jpg
Nacemento26 de decembro de 1891
 Nova York
Falecemento7 de xuño de 1980
 Pacific Palisades
NacionalidadeEstados Unidos de América
Educado enCity College of New York
Ocupaciónescritor, pintor, novelista e ensaísta
CónxuxeJune Miller
Coñecido/a porTrópico de Câncer, Black Spring, Trópico de Capricornio, The Colossus of Maroussi e Los tres ancianos
Henry Miller signature.svg
editar datos en Wikidata ]

Henry Valentine Miller, nado en Nova York o 26 de decembro de 1891 e finado en California o 7 de xuño de 1980, foi un novelista estadounidense. A súa obra componse de novelas semiautobiográficas nas que o ton cru e sensual suscitou unha serie de controversias no seno dunha sociedade puritana que Miller quixo estigmatizar denunciando a hipocrisía moral norteamericana. Influíu notablemente na chamada Xeración Beat.

Traxectoria

Formación

A mocidade de Miller foi errática; alternaba diversos traballos con breves períodos de estudios no City College de Nova York. En 1924 casou con June Mansfield tras divorciarse da súa primeira esposa, Beatrice Sylvas, coa que tivo unha filla.

da Gran Depresión ao surrealismo

En 1930, durante a Gran Depresión, marchou a Francia onde viviu o estalido da Segunda Guerra Mundial. Nesa época Miller decidiu consagrarse totalmente á literatura. Os seus primeiros anos de bohemia en París foron miserables: tivo que loitar contra o frío e a fame; alimentábase coas comidas que lle ofrecían e durmía cada noite baixo unha ponte distinta. A sorte presentóuselle na persoa de Richard Osborn, un avogado americano que lle ofreceu unha habitación no seu apartamento. Cada mañá Osborn deixaba enriba da mesa da cociña un billete de 10 francos para que Miller o gastase á súa conveniencia. Coñeceu a Anaïs Nin (da que foi amante), a Gilberte Brassal e a Alfred Perlès, e empezan os seus devaneos co surrealismo.

No outono de 1931 Miller obtivo o seu primeiro emprego como corrector de estilo no xornal Chicago Tribune, mercede ó seu amigo Alfred Perlès. Aproveita a ocasión para publicar varios artigos que asina co nome de Perlès, dado que só os membros do equipo editorial podían editar os seus escritos. Escribe nese ano Trópico de Cáncer, na Vila Seurat de Montparnasse, publicado en 1934. Esta novela supúxolle nos EUA un proceso por obscenidade, segundo as leis vixentes nesa época ditadas contra a pornografía. Esta novela estivo censurada no seu país ata a década de 1960, e só puido ingresar clandestinamente coa portada de Jane Eyre, o clásico de Charlotte Brontë.

Censura

Miller proseguiu a súa batalla persoal contra o puritanismo intentando liberar, desde un punto de vista moral, social e legal, os tabús sexuais existentes na literatura americana. Continuou escribindo novelas, todas censuradas nos Estados Unidos por obscenas. Publicou Black Spring (1936), e Tropic of Capricorn (1939), que conseguiron difusión nos EE.UU malia teren que ser vendidos subrepticiamente, o que contribúe a forxar a súa reputación de escritor underground.

Regresa ós Estados Unidos en 1940 e instálase no Big Sur (California), onde continúa producindo unha literatura puxante, colorista e socialmente crítica. Escribe The Colossus of Maroussi (1941), que versa sobre unha viaxe a Grecia, país que visitou invitado por Lawrence Durrell. O libro máis que unha guía ó uso é un monumento lírico á sensualidade mediterránea, unha crítica brillante ó modo de vida americano e un alegato pola paz. Seguíronlle The Air-Conditioned Nightmare (1945), a triloxía The Rosy Crucifixion, composta por Sexus (1949), Plexus (1953), e Nexus (1960). Escribiu Big Sur and the Oranges of Hieronymus Bosch en 1957.

A revolución sexual

Foi considerado mesmo un precursor do posmodernismo. Os seus trópicos, tachados de pornográficos, xeraron unha gran polémica e foron prohibidos nos países anglosaxóns. En 1964 a Corte Suprema dos Estados Unidos anula, da Corte de Estado, o xuízo contra Miller por obscenidade, o que representa o nacemento do que, máis tarde, será coñecido co nome de revolución sexual.

Entre as súas afeccións estaba a de pianista afeccionado e pintor. Escribiu libros sobre a súa pintura, e trala súa morte as súas acuarelas foron trasladadas a dous museos: o "Henry Miller Museum of Art" na cidade de Omachi Nagano (Xapón), e o "Henry Miller Art Museum" na Coast Gallery de Big Sur.

Faleceu en Pacific Palisades, California. Os seus restos foron incinerados e as súas cinzas esparexidas sobre Big Sur.

Other Languages
Afrikaans: Henry Miller
Alemannisch: Henry Miller
العربية: هنري ميلر
asturianu: Henry Miller
تۆرکجه: هنری میلر
беларуская: Генры Мілер
български: Хенри Милър
brezhoneg: Henry Miller
català: Henry Miller
čeština: Henry Miller
Deutsch: Henry Miller
Ελληνικά: Χένρυ Μίλλερ
English: Henry Miller
español: Henry Miller
euskara: Henry Miller
فارسی: هنری میلر
français: Henry Miller
Gaeilge: Henry Miller
עברית: הנרי מילר
hrvatski: Henry Miller
magyar: Henry Miller
հայերեն: Հենրի Միլլեր
Bahasa Indonesia: Henry Miller
italiano: Henry Miller
Basa Jawa: Henry Miller
한국어: 헨리 밀러
Lëtzebuergesch: Henry Miller
lietuvių: Henry Miller
latviešu: Henrijs Millers
Malagasy: Henry Miller
македонски: Хенри Милер
Nederlands: Henry Miller
polski: Henry Miller
português: Henry Miller
română: Henry Miller
русский: Миллер, Генри
sicilianu: Henry Miller
srpskohrvatski / српскохрватски: Henry Miller
Simple English: Henry Miller
slovenčina: Henry Miller
slovenščina: Henry Miller
српски / srpski: Хенри Милер
svenska: Henry Miller
Türkçe: Henry Miller
українська: Генрі Міллер
Tiếng Việt: Henry Miller
Winaray: Henry Miller