Hänsel e Gretel

Hänsel e Gretel
Offterdinger Hansel und Gretel (1).jpg
Ilustración de 1927 para o conto Hänsel e Gretel
Título orixinal Hänsel unt Gretel
Autor/a Irmáns Grimm
Ilustrador Theodor Hosemann, Carl Offterdinger, Ludwig Richter, Arthur Rackham
Orixe Alemaña
Lingua Lingua alemá
Tema(s) conto
Xénero(s) Conto de fadas, literatura infantil
Data de pub. 1893

Hansel e Gretel (Hänsel unt Gretel en lingua alemá) é un conto de fadas europeo de tradición oral e que foi recollido polos irmáns Grimm. Foi traducido ao galego en 1984 por Valentín Arias para Xerais.

Enredo

Este conto relata a aventura dos irmáns Hansel e Gretel, fillos dun pobre leñador, que de acordo coa dona, decide abandonalos na foresta porque a familia non ten condicións para os manter. No camiño pola fraga, Hansel e Gretel espallan migallas de pan. Os paxaros comen finalmente as migallas, que é o detalle máis coñecido e característico da obra, polo que Hansel e Gretel acaban perdidos na foresta.

Na tentativa de atopar o camiño de volta, os rapaces atopan unha casa feita de doces e, coa fame que teñen, comezan a comer as lambonadas. Son entón collidos pola dona da casa que resulta ser unha bruxa. A vella planea engordar os nenos para despois comer a súa carne. Mentres Hansel comía e engordaba, Gretel traballaba na casa para ser a próxima.

Porén, espertos, os rapaces descobren o plan da bruxa e engánana botándoa dentro do propio forno. Xa ceibos, Hansel e Gretel atopan a seu pai, cuxa muller morrera, e voltan para casa levando consigo provisións de abondo para o resto da súas vidas.

Other Languages
aragonés: Hänsel y Gretel
العربية: هانسل وغريتل
asturianu: Hansel y Gretel
azərbaycanca: Hansel və Qretel
беларуская: Гензель і Грэтэль
български: Хензел и Гретел
español: Hansel y Gretel
français: Hansel et Gretel
עברית: עמי ותמי
hrvatski: Ivica i Marica
Taqbaylit: Hänsel d Gretel
Lëtzebuergesch: Hänsel a Gretel
Bahasa Melayu: Hansel dan Gretel
Nederlands: Hans en Grietje
português: Hänsel und Gretel
srpskohrvatski / српскохрватски: Ivica i Marica
Simple English: Hansel and Gretel
српски / srpski: Ивица и Марица
українська: Гензель і Гретель
Tiếng Việt: Hansel và Gretel
中文: 糖果屋