Gustavo César Veloso

Gustavo César Veloso
Gustavo César Veloso EB05.jpg
Veloso
Información persoal
NacementoGustavo César Veloso
29 de xaneiro de 1980 (38 anos)
Vilagarcía de Arousa, Galicia Galicia
Equipo
Último equipoW52-Quinta da Lixa
Equipo(s) Pro

Gustavo César Veloso, nado o 29 de xaneiro de 1980 en Vilagarcía de Arousa, é un ciclista galego.

Traxectoria

Comezou a súa andadura no equipo Club Ciclista Cultural Cambados ás ordes de Xosé María Conde Osorio, equipo do que saltou a profesionais despois de innumerables vitorias como afeccionado e de ser mundialista en Plouay. Debutou como profesional no 2001 co equipo Carvalhelhos-Boavista, pasou polo Relax-Bodisol e Kaiku antes de recalar no Karpin Galicia, posteriormente denominado Xacobeo Galicia. O seu maior éxito chegou o 7 de setembro de 2009, cando gañou a 9ª etapa da Vuelta a España en solitario; con 21 segundos de diferenza sobre Marco Marzano tras un duro ataque.