Gunnar Nordahl

Gunnar Nordahl
Gunnar Nordahl.jpg
Información persoal
Nome completo Gunnar Nordahl
Nacemento 19 de outubro de 1921
Lugar Hörnefors, Suecia
Altura 1,85 m.
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
1938-1941 III. Kerületi TUE
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1937–1940 Hörnefors IF 41 (68)
1940-1944 Degerfors IF 77 (56)
1944-1949 IFK Norrköping 95 (93)
1949-1956 AC Milan 257 (210)
1946 AS Roma 34 (15)
Total 504 (442)
Selección nacional
1942-1948 Selección de fútbol de Suecia 33 (43)
Adestrador
1958-1959 AS Roma
1959-1961 Karlstads BIK
1961-1964 Degerfors IF
1967-1970 IFK Norrköping
1971-1973 IF Saab
1974 IK Sleipner
1975-1976 Östers IF
1977-1978 AIK Fotboll
1979-1980 IFK Norrköping
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Gunnar Nordahl, nado en Hörnefors o 19 de outubro de 1921 e finado en Alguer ( Italia) o 15 de setembro de 1995 foi un futbolista sueco, que xogaba na demarcación de dianteiro. Por moitos é considerado o mellor xogador sueco da historia [1]. Era o pai do tamén futbolista Thomas Nordahl.

Traxectoria

Comezou xogando en equipos menores de Suecia antes de fichar polo IFK Norrköping, co que gañou catro campionatos suecos e chegou a anotar sete goles nun so encontro.

O 22 de xaneiro de 1949 foi fichado polo AC Milan, onde tamén coincidiu durante un tempo cos seus compañeiros da selección Gunnar Gren e Nils Liedholm. Nas oito tempadas que militou no equipo italiano proclamouse cinco veces Capocannoniere (máximo anotador da Serie A). Foi capitán do equipo entre 1954 e 1956.

Unha vez que deixou o Milan fichou polo AS Roma, equipo no que se retirou en 1958, xogando a última tempada coma xogador-adestrador.

Coma xogador Nordahl mantén varios récords tanto a nivel do AC Milan, máximo anotador da historia do club, coma a nivel da Serie A, terceiro máximo goleador da historia da categoría so superado por Silvio Piola e Francesco Totti e por tanto máximo goleador non italiano, tamén mantén o récord da máis goles por tempada, con 35 tantos na tempada 1949/ 50

Coa selección de fútbol

Debutou coa Selección de fútbol de Suecia en 1945, e tres anos despois proclamouse con ela campión olímpico nos Xogos de 1948, proclamandose tamén máximo anotador do campionato. En 1949 tivo que deixar a selección ao fichar polo AC Milan e ao impedir as normas dese momento que xogaran nela os futbolistas profesionais.

Other Languages
العربية: غونار نوردال
azərbaycanca: Gunnar Nordal
български: Гунар Нордал
čeština: Gunnar Nordahl
español: Gunnar Nordahl
français: Gunnar Nordahl
hrvatski: Gunnar Nordahl
Bahasa Indonesia: Gunnar Nordahl
italiano: Gunnar Nordahl
Malagasy: Gunnar Nordahl
Bahasa Melayu: Gunnar Nordahl
Plattdüütsch: Gunnar Nordahl
Nederlands: Gunnar Nordahl
norsk nynorsk: Gunnar Nordahl
português: Gunnar Nordahl
română: Gunnar Nordahl
Simple English: Gunnar Nordahl
Türkçe: Gunnar Nordahl
українська: Гуннар Нордаль
Tiếng Việt: Gunnar Nordahl