Guillerme II de Alemaña

Guillerme II
Emperador de Alemaña e Rei de Prusia
Kaiser Wilhelm II of Germany - 1902.jpg

Reinado15 de xuño de 1888 -
9 de novembro de 1918
Nacemento27 de xaneiro de 1859
Berlín, Flag of Prussia (1892-1918).svg Prusia
Falecemento4 de xuño de 1941
(82 anos)
Doorn, Alemaña Nazi Holanda nazi
PredecesorEmperador Federico III
SucesorNingún (monarquía abolida)
Consorte
    • Augusta Victoria de Holstein-Sonderburg-Augustenburg
    • Herminia de Reuss-Greiz
  • DescendenciaPríncipe Guillerme, Príncipe Herdeiro
    Casa realCasa de Hohenzollern
    Himno realHeil dir im Siegerkranz
    (no oficial)
    ProxenitoresEmperador Federico III
    Vitoria do Reino Unido

    Escudo de Guillerme II de Alemaña
    Wilhelm II, German Emperor Signature-.svg
    Guillerme II de Alemaña

    Guillerme II (Wilhelm II en alemán), nado como Friedrich Wilhelm Viktor Albrecht von Hohenzollern en Berlín o 27 de xaneiro de 1859 e finado en Doorn (Países Baixos) o 4 de xuño de 1941, foi o último emperador alemán (Káiser) e o último rei de Prusia. Gobernou entre 1888 e 1918. Era fillo primoxénito de Federico III e da princesa Vitoria, Princesa Real do Reino Unido. Foi proclamado emperador tralo breve reinado do seu pai.

    Personalidade

    Guillerme II tiña unha personalidade complexa, brutal para algúns, manipulador excesivo para outros, en suma unha personalidade que algúns historiadores acentuaron de megalómana extrema, pouco tolerante e avasallante. Non por iso menos intelixente e vivaz, e afirmouse que co tempo e a experiencia adquiriu astucia política e militar.

    Varias análises recentes de documentos sobre o seu nacemento, almacenados nos Arquivos Imperiais alemáns, suxeriron que Guillerme II puido tamén experimentar un trauma cerebral no seu nacemento. Os historiadores non puideron determinar si tal incapacidade mental puido contribuír á súa agresividade, teimosía e falta de tacto coas persoas que o rodeaban (notablemente a súa nai) e á hora de afrontar problemas, o cal era evidente tanto na súa vida política e persoal.[1]

    En memoria de Guillerme II.
    Guillerme II con Guido Henckel von Donnersmarck, en Świerklaniec.

    Tal enfoque certamente afectou a política alemá baixo o seu liderado, exemplificándose principalmente en acontecementos como o despedimento do cauteloso chanceler Otto von Bismarck. O káiser tivo unha relación difícil coa súa nai, quen era fría e estrita con el, e sentíase en certo xeito culpable pola deformidade do brazo esquerdo do seu fillo, tratando en moitas ocasións de corrixila a través dun rigoroso réxime de exercicio e dolorosos sistemas médicos. En 1908 sufriu problemas mentais e, en diante, a súa posición tivo menor peso na toma de decisións en Berlín.

    Resulta interesante que, dados as súas orixes inglesas, Vitoria tratase de inculcar no seu fillo un sentido de supremacía británica en moitos aspectos. Insistía en chamar aos seus fillos polos seus nomes en inglés: a Guillerme (Wilhelm) chamábao «William» e ao seu segundo fillo Enrique (Heinrich) chamáballe «Henry». Certamente, o futuro káiser sentía un profundo respecto por Gran Bretaña, pola súa avoa a raíña e polos ingleses. Isto deuse desde as etapas máis iniciais do seu desenvolvemento.

    Guillerme II foi educado en Kassel no instituto de ensino Friedrichsgymnasium e na Universidade de Bonn. Posuía unha mente moi áxil, que era frecuentemente subxugada polo seu temperamento cascarrabias. Tiña certo interese pola ciencia e a tecnoloxía do período, pero gustaba de facer notar á xente que el era un home de mundo, pertencente a unha orde distinta da raza humana, designada á monarquía. Guillerme II foi acusado de megalomanía, en 1894, polo pacifista alemán Ludwig Quidde.

    Guillerme co seu pai, Federico III, en 1863.

    Como membro da casa real de Hohenzollern, Guillerme II estivo exposto, desde unha idade temperá, á sociedade militar da aristocracia prusiana.[1] Non é necesario mencionar que isto foi un elemento moi importante na súa vida, xa que se pode notar con facilidade que na súa madurez era raro velo sen o uniforme militar. Esta cultura militar do período tivo un gran papel ao forxar o carácter político de Guillerme II, así como nas súas relacións persoais.[1]

    Un indicio da súa personalidade agresiva está no seu deporte preferido: a caza maior na cal Guillerme II xactábase de matar a máis de 1000 cervos.

    A relación de Guillerme II cos demais membros da súa familia era tan interesante como a que tiña coa súa nai. Vía ao seu pai cun profundo amor e respecto. A posición do seu pai como heroe das guerras de unificación foi responsable da actitude do mozo Guillerme, xa que nas circunstancias nas que foi criado, o contacto emocional próximo entre pai e fillo non era moi alentado. Máis tarde, cando estivo en contacto cos opositores políticos do seu pai, Guillerme II adoptou sentimentos ambivalentes cara ao seu pai, dada a notable influencia da súa nai sobre unha figura que debeu ser de independencia masculina e de forza.

    Guillerme II tamén idolatraba ao seu avó, Guillerme I de Alemaña, e posteriormente intentou crear unha cultura do primeiro emperador alemán como «Guillerme o Grande». Guillerme I morreu en Berlín o 9 de marzo de 1888, e o pai do príncipe Guillerme foi proclamado emperador como Federico III de Alemaña.[1] Federico morreu de cancro de garganta, e o 15 de xuño dese mesmo ano, o seu fillo de 29 anos sucedeuno como Emperador de Alemaña e Rei de Prusia.

    Other Languages
    azərbaycanca: II Vilhelm
    беларуская (тарашкевіца)‎: Вільгельм II
    български: Вилхелм II
    eesti: Wilhelm II
    Võro: Wilhelm II
    føroyskt: Wilhelm II
    հայերեն: Վիլհելմ II
    Bahasa Indonesia: Wilhelm II dari Jerman
    한국어: 빌헬름 2세
    kurdî: Wilhelm II.
    lietuvių: Vilhelmas II
    norsk nynorsk: Vilhelm II av Tyskland
    پنجابی: ولہلم II
    Runa Simi: Wilhelm II
    srpskohrvatski / српскохрватски: Wilhelm II od Njemačke
    Simple English: Wilhelm II of Germany
    slovenščina: Viljem II. Nemški
    Türkçe: II. Wilhelm
    oʻzbekcha/ўзбекча: Vilgelm II Gogensollern
    Bân-lâm-gú: Wilhelm 2-sè