Gota fría

A gota fría, tamén chamada depresión illada en niveis altos (DINA) é un fenómeno meteorolóxico moi difícil de predicir, consistente en fortes choivas.

Características

A espectacularidade destas precipitacións, os danos que poden chegar a provocar e o abuso que moitas veces realizan os medios de comunicación do termo, provocaron en máis dunha ocasión unha confusión entre o concepto de gota fría e o de choivas torrenciais. Os meteorólogos aclaran que non todos os casos de gota fría desencadean fortes precipitacións, pero cando o fan é difícil predicir con exactitude onde, cando e con que intensidade choverá.

Na Península Ibérica o fenómeno consiste en chuvascos e tormentas de extraordinaria violencia, aínda que de pouca duración e que afectan normalmente a unha zona pouco extensa son frecuentes nas zonas costeiras do mar Mediterráneo, sobre todo entre os meses de setembro e outubro. Algúns producen grandes desastres, como o que provocou unha enorme crecida no río Xúcar que rompeu a presa de Tous, ou os que inundaron cidades como Valencia, Alacant, Almería ou Terrassa. As grandes riadas que causaron importantes danos en Bilbao e noutros lugares do País Vasco foron tamén producidas por unha gota fría. Os meteorólogos acostuman explicar que a causa destas choivas torrenciais son as denominadas "gotas frías".

O caso de maior cantidade de choiva caída en pouco tempo é o de Gandia, na Comunidade Valenciana, na que en novembro de 1987 caeron máis de 1.000 mm de choiva en 36 horas, dos cales 400 mm en menos de 6 horas.

Other Languages
العربية: قطرة باردة
català: Gota freda
English: Cold drop
español: Gota fría
français: Goutte froide
Nederlands: Gota fria