Gonzalo Puente Ojea

Gonzalo Puente Ojea
Nacemento21 de xullo de 1924
 Cienfuegos
Falecemento10 de xaneiro de 2017
 Getxo
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndiplomático
editar datos en Wikidata ]

Gonzalo Puente Ojea, nado en Cienfuegos (Cuba) o 21 de xullo de 1924 e finado en Getxo o 10 de xaneiro de 2017, foi un escritor e diplomático galego.[1][2]

Traxectoria

Naceu en Cuba de pai e nai galegos. Estudou Dereito e despois ingresou na Escola Diplomática. En 1950 incorporouse como secretario de embaixada ao Ministerio de Asuntos Exteriores. Exerceu como cónsul adxunto no Consultado Xeral de España en Marsella en 1953 e foi cónsul en Mendoza (1956). En 1961 regresou a Madrid e ao ano seguinte foi director da Sección de política cultural do Mundo Árabe na Dirección Xeral de Relacións Culturais. Posteriormente foi destinado á Embaixada de España en Atenas.[3] Durante o Goberno de Felipe González foi nomeado subsecretario de Asuntos Exteriores no Ministerio de Relacións Exteriores por Fernando Morán e, posteriormente, embaixador de España ante a Santa Sede (1985-1987) por Francisco Fernández Ordóñez. O seu nomeamento foi polémico entre quen pensaban que o seu ateísmo declarado (ademais de estar divorciado), resultaba ofensivo para desempeñar o cargo.

É autor de numerosos libros sobre temas relixiosos e de historia da relixión.

Defensa do ateísmo e crítica á relixión

Puente Ojea está considerado como un monista materialista.[4] No I concilio ateo de Toledo de 2007, organizado pola Fida, manifestou que os españois son "gentes alienadas e intolerantes". Tamén afirmou que "muchos de los problemas que tiene planteada la sociedad española se pueden encauzar razonablemente haciendo un análisis efectivo contra la superstición y contra los estereotipos heredados del pasado" e que "la sociedad española, contra lo que se dice, es todo menos tolerante, empezando por el Gobierno y siguiendo por la Iglesia, y en definitiva, por la población que es presa y víctima de esas actitudes de intolerancia".[5][6]

Other Languages