Goberno Xeral

Non confundir co Goberno Xeral de Varsovia
Mapa da división administrativa do Goberno Xeral en 1942.
Presidencia dun desfile en Cracovia.
O segundo pola esquerda é o gobernador Hans Frank.
Mapa administrativo do Gran Reich Alemán (Grossdeutsches Reich NS Administration) en 1944.
Hans Frank.

Goberno Xeral (en alemán Generalgouvernement)[1] foi o nome dado pola Alemaña nazi á autoridade que gobernou os territorios polacos ocupados tras a invasión das forzas armadas alemás (Wehrmacht) o 12 de outubro de 1939, e que seguiron baixo control alemán até aproximadamente o 18 de xaneiro de 1945.[2]

O termo tamén se usa, en sentido lato, para referirse ao territorio administrado e controlado polo Goberno Xeral (de agora en adiante baixo a abreviatura GX).

O GX era dirixido por un gobernador alemán residente en Cracovia. Tivo a súa fin coa invasión soviética en 1944.

Creación do Goberno Xeral

Dous decretos de Hitler (8 e12 de outubro de 1939) dividiron a zona cupada de Polonia nas seguintes unidades administrativas:

  • O Reichsgau Wartheland (en principio, Reichsgau Posen), que incluía a totalidade do voivodato de Poznań, a maior parte do de Lodz, cinco provincias do voivodato de Pomerania e unha do de Varsovia.
  • O Reichsgau Danzig-Westpreussen (inicialmente, Reichsgau Westpreussen), que incluía o resto do voivodato de Pomerania.
  • O Distrito de Ciechanow (Regierungsbezirk Zichenau) que contaba coas cinco provincias norteñas do voivodato de Varsovia ( Plock, Plonsk, Sierpc, Ciechanow e Mlawa).
  • O Distrito de Katowice (Regierungsbezirk Kattowitz) que incluía as provincias de Sosnowiec, Będzin, Chrzanów, Zawiercie e partes dos condados de Olkusz e Zywiec.

A superficie total destes territorios incorporados a Alemaña estendíase por 94 000 km2 e a súa poboación sera duns 12 millóns e habitantes. De maneira expresa Hitler estableceu que a zona recibise o nome de Goberno Xeral (en alemán, Generalgouvernement), e debía omitirse toda referencia a Polonia, estimando que esta nación, aos ollos de Hitler, xa desaparecera e xamais debía de rexurdir.

O territorio polaco foi gobernado polo GX, que tiña a sía capital en Cracovia, e foi subdivido en catro distritos, Varsovia, Lublin, Radom e Cracovia. O líder nazi Hans Frank foi designado gobernador xeral dos territorios ocupados o 26 de outubro de 1939. Logo do ataque alemán á Unión Soviética en xuño de 1941, a Galicia oriental), antes parte da República Socialista Soviética de Ucraína, foi incorporada ao Goberno Xeral e converteuse no seu quinto distrito.

Other Languages