Giacomo Casanova

Retrato de Giacomo Casanova ( Francesco Casanova, ~ 1750)

Giacomo Girolamo Casanova, cabaleiro de Sengalt (título nobiliario que el mesmo se concedeu), nado en Venecia o 2 de abril de 1725 e falecido o 4 de xuño de 1798 en Dukhtsov, na actual República Checa, foi un aventureiro, viaxeiro e escritor italiano.

  • traxectoria

Traxectoria

O seu nome ficou asociado coas súas numerosas aventuras amorosas, que fixeron del un símbolo de conquistador. A súa fama como escritor baséase no seu voluminoso libro autobiográfico Historia da miña vida, escrito en francés e traducido a máis de vinte linguas, no que amosa un amplo panorama da vida das clases altas e burguesas da Europa do seu tempo e relata as súas relacións con mulleres de todos os ámbitos da sociedade. Casanova é un personaxe de lenda na cultura mundial á que dedicaron obras literarias ou ensaios Richard Aldington, Arthur Schnitzler, Marina Tsvetaeva ou Stefan Zweig. É tamén protagonista dunha ópera de Johann Strauss e da película O Casanova, de Federico Fellini.


Other Languages
Afrikaans: Giacomo Casanova
aragonés: Giacomo Casanova
asturianu: Giacomo Casanova
беларуская: Джакама Казанова
brezhoneg: Giacomo Casanova
čeština: Giacomo Casanova
Esperanto: Giacomo Casanova
français: Giacomo Casanova
Bahasa Indonesia: Giacomo Casanova
íslenska: Giacomo Casanova
lietuvių: Giacomo Casanova
മലയാളം: കാസനോവ
Nederlands: Giacomo Casanova
Piemontèis: Giacomo Casanova
português: Giacomo Casanova
Runa Simi: Giacomo Casanova
română: Casanova
sicilianu: Giacumu Casanova
srpskohrvatski / српскохрватски: Giacomo Casanova
Simple English: Giacomo Casanova
slovenčina: Giacomo Casanova
slovenščina: Giacomo Casanova
српски / srpski: Ђакомо Казанова
українська: Джакомо Казанова
Tiếng Việt: Giacomo Casanova
მარგალური: კაზანოვა