Gavrilo Princip

Gavrilo Princip en Theresienstadt.

Gavrilo Princip (o seu apelido é ás veces transcrito Prinzip e Printsip), nado en Obljaj (Bosnia e Hercegovina) o 25 de xullo de 1894 e finado en Terezin o 28 de abril de 1918, foi un nacionalista serbio, coñecido por dar morte en 1914 ao arquiduque Francisco Fernando de Austria.

  • traxectoria

Traxectoria

Membro da sociedade Xove Bosnia (Mlada Bosnia) desde 1912, asasinou o 28 de xuño de 1914 o arquiduque Francisco Fernando de Austria, herdeiro do trono austro-húngaro, e a súa esposa a duquesa de Hohenberg, de solteira condesa Sophie Chotek.

A Xove Bosnia propugnaba a unión dese país con Serbia, pois por entón aínda formaba parte do Imperio austro-húngaro. O atentado contou coa participación, ademais da de Princip, coa doutros cinco compañeiros. O grupo estaba armado con pistolas e bombas, fornecidas pola sociedade secreta Man Negra (Crna Ruka), que contaba con simpatizantes da oficialidade servia e mesmo a austríaca. O obxectivo da Man Negra era modificar o xa vello imperio dual austro-húngaro ampliándoo nun imperio trilateral servo-austríaco-húngaro. A arma que usou Princip foi unha pistola semiautomática Browning M 1910, do calibre 7,65 mm. Só dous dos perpretantes do atentado foron detidos pola policía, Gavrilo e máis o seu amigo Nedeljko Čabrinović. O resto dos secuaces non puideron entrar en acción e refugaron darse a coñecer.

Este sucedido, no contexto tenso da época, tivo repercusións que conduciran ao estoupido da Primeira Guerra Mundial.

Princip morreu, oficialmente, de tuberculose durante o seu encarceramento, mais verosimilmente máis ben a causa da fame e do frío provocados pola actitude dos oficiais austríacos que o custodiaban.

Princip foi escollido entre os conxurados para disparar sobre o arquiduque, aínda que tamén é certo que a súa xove idade podía evitarlle as peores consecuencias en caso de ser detido; de xeito que a data do seu nacemento no era un feito secundario.

Princip morreu na fortaleza de Theresienstadt, hoxe en día denominada Terezin, na República Checa, que sería posteriormente utilizada como campo de concentración, durante a Segunda Guerra Mundial.

Other Languages
aragonés: Gavrilo Princip
asturianu: Gavrilo Princip
azərbaycanca: Qavrilo Prinsip
башҡортса: Гаврило Принцип
žemaitėška: Gavrils Princips
беларуская: Гаўрыла Прынцып
беларуская (тарашкевіца)‎: Гаўрыла Прынцып
български: Гаврило Принцип
brezhoneg: Gavrilo Princip
bosanski: Gavrilo Princip
čeština: Gavrilo Princip
Esperanto: Gavrilo Princip
español: Gavrilo Princip
føroyskt: Gavrilo Princip
français: Gavrilo Princip
Gàidhlig: Gavrilo Princip
hrvatski: Gavrilo Princip
Bahasa Indonesia: Gavrilo Princip
íslenska: Gavrilo Princip
italiano: Gavrilo Princip
Basa Jawa: Gavrilo Princip
latviešu: Gavrilo Princips
Malagasy: Gavrilo Princip
македонски: Гаврило Принцип
Bahasa Melayu: Gavrilo Princip
Nederlands: Gavrilo Princip
norsk nynorsk: Gavrilo Princip
português: Gavrilo Princip
română: Gavrilo Princip
sicilianu: Gavrilo Princip
srpskohrvatski / српскохрватски: Gavrilo Princip
Simple English: Gavrilo Princip
slovenčina: Gavrilo Princip
slovenščina: Gavrilo Princip
српски / srpski: Гаврило Принцип
Türkçe: Gavrilo Princip
українська: Гаврило Принцип
Tiếng Việt: Gavrilo Princip
Bân-lâm-gú: Gavrilo Princip