Gara

Gara (en éuscaro "Somos") é un xornal bilingüe éuscaro/castelán publicado na cidade de Donostia no País Vasco. Caracterízase por ser un xornal de ideoloxía esquerdista e independentista vasco.

Traxectoria

Gara xurdiu en 1999 para encher o espazo deixado polo xornal da esquerda abertzale Egin, que fora pechado por orde xudicial polo xuíz Baltasar Garzón. No marco do sumario 18/98, o xuíz Garzón actuara contra o armazón de ETA, referíndose aos que consideraba diversos "instrumentos operativos" da organización terrorista relacionados tanto co seu soporte financeiro como coa "difusión das formulacións da súa estratexia". Así, tras desmantelar varias empresas e organismos baixo a acusación de estar relacionadas co armazón financeiro de ETA, Garzón decretou o 15 de xullo de 1998 o peche do diario Egin (xunto con Egin Irratia e outras empresas relacionadas), considerando que estaban integradas na estrutura de ETA[1].

Medio ano despois, saía á rúa Gara (30 de xaneiro de 1999). Conta con 111.000 lectores diarios[2].

Acabada a instrución do caso Egin, a Audiencia Nacional rebaixou a acusación de colaboración con banda armada, o que facía inxustificado o peche. Para entón, Orain S.A. xa entrara en bancarrota, e o nicho de mercado de Egin fora cuberto polo diario Gara. Nin o diario Egin nin a radio puxéronse de novo en marcha.

Other Languages
aragonés: Gara (diario)
català: Gara
Deutsch: Gara
English: Gara
español: Gara
français: Gara
日本語: ガラ (新聞)
Lëtzebuergesch: Gara
norsk: Gara