Galiña

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Galiña
Un galo (esquerda) e unha galiña (dereita)
Un galo (esquerda) e unha galiña (dereita)
Estado de conservación
Domesticado
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Galiformes
Familia: Phasianidae
Subfamilia: Phasianinae
Xénero: ' Gallus'
Especie: ' Gallus gallus'
Subespecie: ''G. g. domesticus''
Nome trinomial
Gallus gallus domesticus
( Linnaeus, 1758)
Sinonimia

Galiña : Galo

Galiña e galo (Gallus gallus domesticus) son os nomes dados, respectivamente, á femia e macho da especie Gallus gallus domesticus de aves galiformes e fasiánidos. Os xuvenís coñécense co nome de polo ou pito. Estas aves posúen bico pequeno, crista carnuda e ás curtas e largas. A galiña ten unha enorme importancia para os seres humanos pois é o animal doméstico máis difundido e abundante do planeta e unha das fontes de proteína máis baratas. Alén da súa carne, as galiñas fornecen ovos. Segundo datos de 2003, hai cerca de 24.000 millóns de galiñas no mundo. Nalgúns países da África moderna, o 90% dos hogares crían galiñas. As galiñas son aves omnívoras, mais teñen preferencia por sementes e pequenos invertebrados.

As primeiras referencias a galiñas domesticadas xorden en cerámicas corintias datadas do século VII a.C.. A introdución desta ave como animal doméstico xurdiu probabelmente en Asia, de onde é nativa a especie Gallus gallus. A pesar de que os romanos desenvolveron a primeira raza diferenciada de galiñas, os rexistros antigos mostran a presenza de aves salvaxes asiáticas na China desde -1400. Da Grecia antiga as galiñas espalláronse por Europa e os navegantes polinesios levaron estes animais nas súas viaxes de colonización do Océano Pacífico, incluíndo a Illa da Pascua. A proximidade ancestral co ser humano permitiu o cruzamento destinado á crianza de diversas razas, adaptadas ás diferentes necesidades. Son tamén unha fonte de doenzas virais.

Descrición

Cabeza dun galo.
Galiña da raza Orpington dourada.

Posúen dous tipos de protuberancias carunculares na cabeza: unha crista no píleo e uns lóbulos que colgan a ambos os dous lados do bico. O dorso cóbreo unha capa de plumas douradas desde o pescozo até as costas.

Os galos e as galiñas mostran un evidente dimorfismo sexual, [1] e poden distinguirse ambos a primeira vista. Os machos son máis grandes, miden aproximadamente 50  cm de altura e chegan a pesar até 4  kg. Posúen unha gran crista avermellada na cabeza, a cal se interpreta como símbolo de dominancia. A cola está composta por plumas escuras grandes e arqueadas que brillan de cor azul, púrpura ou verde baixo a luz. A ambos os dous lados da súa cabeza aparecen dúas manchas brancas, que o distinguen doutras especies próximas, ademais das patas agrisadas. Nalgunhas razas as patas están provistas tamén de esporóns.

As galiñas son máis pequenas. Non adoitan medir máis de 40 cm de altura e apenas chegan a 2  kg de peso. [2] Posúen unhas cores notablemente menos rechamantes que os galos. Os seus apéndices carnosos da cabeza son tamén moito menos prominentes.

Na estación de muda (de xuño a outubro), os machos adquiren unha plumaxe composto por plumas longas e negras cara á metade do dorso, e o resto do corpo está cuberto de plumas alaranxadas. Nas femias non é apreciable ningún cambio, aínda que igualmente mudan de plumas.

Other Languages
Afrikaans: Hoender
Alemannisch: Haushuhn
አማርኛ: ዶሮ
Ænglisc: Henn
العربية: دجاج
مصرى: فرخه
অসমীয়া: কুকুৰা
Atikamekw: Noce pakahakwan
авар: ГӀанкӀу
Aymar aru: Chiwchi
azərbaycanca: Toyuq
башҡортса: Тауыҡ
žemaitėška: Vėšta
Bikol Central: Manok
беларуская: Курыца
беларуская (тарашкевіца)‎: Курыца (птушка)
български: Домашна кокошка
भोजपुरी: देसी मुर्गा
Bahasa Banjar: Hayam
বাংলা: মুরগি
བོད་ཡིག: བྱ་ཏེ་
brezhoneg: Yar (evn)
bosanski: Kokoška
буряад: Тахяа
català: Gall
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Giĕ
нохчийн: Котам
Tsetsêhestâhese: Kokêhéaxa
کوردی: مریشک
čeština: Kur domácí
kaszëbsczi: Kùra
Cymraeg: Iâr (ddof)
dansk: Høns
Deutsch: Haushuhn
eʋegbe: Koklo
Ελληνικά: Όρνιθα
emiliàn e rumagnòl: Gal
English: Chicken
Esperanto: Koko
eesti: Kana
euskara: Oilo
estremeñu: Gallus gallus
فارسی: مرغ
suomi: Kana
Võro: Kana
Na Vosa Vakaviti: Toa
furlan: Gjaline
Gaeilge: Sicín
贛語:
Gàidhlig: Cearc
Avañe'ẽ: Ryguasu
Hausa: Kaza
客家語/Hak-kâ-ngî: Kiê-é
हिन्दी: मुर्गी
Fiji Hindi: Murgi
hrvatski: Domaća kokoš
magyar: Házityúk
Հայերեն: Հավ
interlingua: Gallina
Bahasa Indonesia: Ayam
Ilokano: Manok
Ido: Hano
íslenska: Nytjahænsni
ᐃᓄᒃᑎᑐᑦ/inuktitut: ᐊ'ᐊ'ᐋᒃ
日本語: ニワトリ
Basa Jawa: Pitik
ქართული: ქათამი
Qaraqalpaqsha: Tawıqlar
Адыгэбзэ: Унэ джэдхэр
Kongo: Nsusu
қазақша: Тауық
ಕನ್ನಡ: ಕೋಳಿ
한국어:
Перем Коми: Курӧг
कॉशुर / کٲشُر: کۄکَر
Kurdî: Mirîşk
Кыргызча: Тоок
Latina: Gallus
Ladino: Gayo
Lëtzebuergesch: Haushong
лакку: АьнакӀи
лезги: Верч
Limburgs: Hoon
lingála: Nsósó
ລາວ: ໄກ່
lietuvių: Višta
latviešu: Mājas vista
мокшень: Сараз
македонски: Кокошка
മലയാളം: കോഴി
मराठी: कोंबडी
кырык мары: Цӹвӹ
Bahasa Melayu: Ayam
эрзянь: Сараз
مازِرونی: کرک
Nāhuatl: Cuanacatl
Plattdüütsch: Hohn
Nedersaksies: Hounder
नेपाली: कुखुरा
नेपाल भाषा: खा (झंगः)
Nederlands: Kip (vogel)
norsk nynorsk: Høns
norsk: Tamhøns
Sesotho sa Leboa: Kgogo
Diné bizaad: Naaʼahóóhai
occitan: Gallus gallus
ਪੰਜਾਬੀ: ਕੁੱਕੜ
Kapampangan: Manuk
Picard: Glinne
Deitsch: Hinkel
polski: Kura domowa
پنجابی: ککڑ
Runa Simi: Wallpa
română: Găină
armãneashti: Gâľinâ
tarandíne: Jadde
русский: Курица
русиньскый: Курка
Kinyarwanda: Inkoko
sardu: Pudda
sicilianu: Jaddina
Scots: Chicken
سنڌي: ڪڪڙ
srpskohrvatski / српскохрватски: Domaća kokoš
Simple English: Chicken
slovenčina: Kura domáca
slovenščina: Domača kokoš
chiShona: Huku
Soomaaliga: Dooro
српски / srpski: Кокошка
Basa Sunda: Hayam
svenska: Tamhöna
Kiswahili: Kuku
தமிழ்: கோழி
ತುಳು: ಕೋರಿ
తెలుగు: కోడి
тоҷикӣ: Мурғ
ไทย: ไก่
Tagalog: Manok
Türkçe: Tavuk
татарча/tatarça: Йорт тавыгы
chiTumbuka: Nkhuku
удмурт: Курег
українська: Курка
اردو: مرغی
oʻzbekcha/ўзбекча: Tovuq
vepsän kel’: Kana
Tiếng Việt:
West-Vlams: Henne
walon: Poye
Winaray: Manók
Wolof: Ganaar
吴语:
isiXhosa: Inkuku
მარგალური: ქოთომი
ייִדיש: האן
Vahcuengh: Gaeq
中文:
Bân-lâm-gú: Ke
粵語: