Galaxia

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
NGC 4414, unha típica galaxia en espiral na constelación Coma Berenices.

Unha galaxia é un sistema de estrelas, restos estelares, gases interestelares, po cósmico e materia escura ligados gravitacionalmente entre si.[1][2] O termo "galaxia" provén do latín galaxĭas, que deriva do grego galaxías γαλαξίας, que significa literalmente 'leitoso',[3] en referencia á Vía Láctea. As galaxias poden variar en tamaño dende as ananas que conteñen uns poucos miles (103) de estrelas ata as xigantes que poden chegar a ter un trillón (1014) de estrelas,[4] con cada unha destas orbitando o centro de masa da galaxia. As galaxias categorízanse segundo a súa morfoloxía visual en elípticas,[5] en espiral e irregulares.[6] Pénsase que o núcleo activo de moitas galaxias é un burato negro. O burato negro central da Vía Láctea coñécese co nome de Sagittarius A*, e ten unha masa catro millóns de veces maior que o Sol.[7] A data de xullo de 2015, EGSY8p7 era a galaxia máis vella e distante coñecida con respecto a Terra, a unha distancia de 13 200 millóns de anos luz da Terra e observada como existía 570 millóns de anos tralo Big Bang.[8][9][10] Previamente, a data de maio de 2015, EGS-zs8-1 era a galaxia máis remota coñecida, a uns 13 100 millóns de anos luz e cun 15% estimado da masa da Vía Láctea.[11][12][13]

Existen aproximadamente entre 170 mil millóns (1.7 × 1011) e 200 mil millóns (2.0 × 1011) de galaxias no universo observable.[14] A maioría das galaxias son de entre 1000 ata 100 000 parsecs de diámetro e atópanse separadas entre elas a distancias da orde de millóns de parsecs (ou megaparsecs). O espazo entre galaxias contén un gas tenue cunha densidade media menor a un átomo por metro cúbico. A maioría de galaxias organízanse gravitacionalmente en asociacións coñecidas como agrupacións galácticas, cúmulos e supercúmulos. Nas maiores escalas estas asociacións distribúense xeralmente en forma de filamentos rodeados de baleiros inmensos.[15]

Etimoloxía

O nacemento da Vía Láctea (1636), de Rubens.

A orixe da palabra "galaxia" deriva do termo grego para a Vía Láctea, galaxias (γαλαξίας 'leitoso') ou kyklos galaktikos 'círculo leitoso', pola súa aparencia no ceo en forma de banda de luz. Segundo a mitoloxía grega, Zeus coloca o seu fillo nado dunha muller mortal, o pequeno Hércules, no seo de Hera mentres ela dorme para que este beba o seu leite divino e se torne inmortal. Hera esperta durante a lactación e decátase de que está alimentando un neno descoñecido e afástao dela, provocando que un chorro do seu leite saia despedido no ceo nocturno e produza a tenue faixa de luz coñecida como Vía Láctea.[16][17] Na literatura astronómica adoita empregarse o nome propio "Galaxia" para referirse á Vía Láctea, distinguíndoa así do resto de galaxias existentes no universo.[18]

William Herschel creou o seu catálogo de obxectos celestes en 1786 usando o termo "nebulosa espiral" para algúns obxectos, como por exemplo o M31, coñecido posteriormente como a galaxia de Andrómeda. Máis tarde, no momento en que a súa verdadeira distancia comezou a ser avaliada, estes obxectos foron recoñecidos como inmensos aglomerados de estrelas e pasaron a chamarse "universos insulares". Porén, a palabra "Universo" pasou a entenderse co significado de totalidade da existencia, polo que esta expresión caeu en desuso e estes obxectos pasaron a denominarse "galaxias".[19]

Other Languages
Afrikaans: Sterrestelsel
Alemannisch: Galaxie
aragonés: Galaxia
العربية: مجرة
مصرى: جالاكسى
অসমীয়া: তাৰকাৰাজ্য
asturianu: Galaxa
azərbaycanca: Qalaktika
تۆرکجه: قالاکسی
башҡортса: Галактика
Boarisch: Galaxie
žemaitėška: Galaktėka
беларуская: Галактыка
беларуская (тарашкевіца)‎: Галяктыка
български: Галактика
भोजपुरी: गैलेक्सी
বাংলা: ছায়াপথ
brezhoneg: Galaksienn
bosanski: Galaksija
буряад: Галактика
català: Galàxia
нохчийн: Галактика
کوردی: گەلەستێرە
čeština: Galaxie
Чӑвашла: Галактика
Cymraeg: Galaeth
dansk: Galakse
Deutsch: Galaxie
Zazaki: Galaksi
Ελληνικά: Γαλαξίες
emiliàn e rumagnòl: Galâsia
English: Galaxy
Esperanto: Galaksio
español: Galaxia
eesti: Galaktika
euskara: Galaxia
estremeñu: Galassia
فارسی: کهکشان
suomi: Galaksi
føroyskt: Stjørnubreyt
français: Galaxie
Nordfriisk: Galaksii
furlan: Galassie
Gaeilge: Réaltra
Avañe'ẽ: Arapyvore
客家語/Hak-kâ-ngî: Sên-hi
עברית: גלקסיה
हिन्दी: मन्दाकिनी
Fiji Hindi: Tara ke samundar
hrvatski: Galaktika
Kreyòl ayisyen: Galaksi
magyar: Galaxis
հայերեն: Գալակտիկաներ
interlingua: Galaxia
Bahasa Indonesia: Galaksi
Ilokano: Ariwanas
Ido: Galaxio
íslenska: Stjörnuþoka
italiano: Galassia
日本語: 銀河
Patois: Gialaxi
Basa Jawa: Galaksi
ქართული: გალაქტიკა
Qaraqalpaqsha: Galaktika
қазақша: Галактика
kalaallisut: Galaxy
한국어: 은하
къарачай-малкъар: Мырыт
kurdî: Galaksî
Кыргызча: Галактика
Latina: Galaxias
Lëtzebuergesch: Galaxis
лезги: Галактика
Lingua Franca Nova: Galasia
Limburgs: Starestèlsel
lietuvių: Galaktika
latviešu: Galaktika
Malagasy: Vondron-kintana
македонски: Галаксија
മലയാളം: താരാപഥം
монгол: Галактик
मराठी: दीर्घिका
Bahasa Melayu: Galaksi
Mirandés: Galáxia
မြန်မာဘာသာ: ဂယ်လက်ဆီ
مازِرونی: کهکشون
Nāhuatl: Citlalpopocac
Plattdüütsch: Galaxie
नेपाली: तारापुञ्ज
Nederlands: Sterrenstelsel
norsk nynorsk: Galakse
norsk: Galakse
Novial: Galaxie
occitan: Galaxia
ਪੰਜਾਬੀ: ਅਕਾਸ਼ਗੰਗਾ
Kapampangan: Galaxy
Picard: Galacsie
polski: Galaktyka
Piemontèis: Galassia
پنجابی: تارہ سمندر
português: Galáxia
Runa Simi: Ñuñu warani
rumantsch: Galaxia
Romani: Samodor
română: Galaxie
русский: Галактика
русиньскый: Ґалаксія
संस्कृतम्: आकाशगङ्गा
саха тыла: Галаактика
sicilianu: Galassia
Scots: Galaxy
srpskohrvatski / српскохрватски: Galaksija
Simple English: Galaxy
slovenčina: Galaxia
slovenščina: Galaksija
shqip: Galaktika
српски / srpski: Галаксија
Basa Sunda: Galaksi
svenska: Galax
Kiswahili: Galaksi
తెలుగు: గేలక్సీ
тоҷикӣ: Галактика
Türkmençe: Galaktika
Tagalog: Galaksiya
Türkçe: Galaksi
татарча/tatarça: Галактика
тыва дыл: Галактика
українська: Галактика
اردو: کہکشاں
oʻzbekcha/ўзбекча: Galaktika
vèneto: Gałasia
Tiếng Việt: Thiên hà
Winaray: Galaksiya
吴语: 星系
მარგალური: გალაქტიკა
ייִדיש: גאלאקסיע
中文: 星系
Bân-lâm-gú: Gîn-hô
粵語: 星系