Furgoneta

Furgoneta do Pontevedra Club de Fútbol.

Unha furgoneta é un pequeno vehículo automóbil de catro rodas, cuberto e máis pequeno ca un camión[1], para o transporte de mercancías[2]. Ten na parte posterior unha zona de carga de formas ortogonais e con teito, ao contrario que unha pickup, que a ten ao aire libre. Nalgúns casos, esta zona ten varias ringleiras de asentos, e noutras ocasións está baleira, para transportar obxectos grandes. Neste último caso, os vidros laterais poden ser substituídos por unha continuación da chapa.

O Regulamento Xeral de Vehículos de España determina que furgón ou furgoneta é o "automóbil con catro rodas ou máis, concibido e construído para o transporte de mercadorías, cuxa cabina está integrada no resto da carrozaría e cun máximo de nove prazas, incluída a do condutor"[3].

O portón traseiro é case sempre de dúas follas de apertura horizontal. Unha furgoneta adoita ser máis alta que un automóbil de turismo e que un monovolume. Con respecto a un monovolume, a posición dos asentos é máis ergueita e alta, e o morro máis curto. O motor é case sempre dianteiro e nalgúns casos está situado por baixo dos asentos dianteiros para diminuír a lonxitude total. Unha excepción son as furgonetas pequenas derivadas directamente de turismos do segmento B (e máis raramente do A ou do C).

  • notas

Notas

  1. Gran Dicionario Século XXI da Lingua Galega. Ed. Galaxia. Ed. O Cumio. Vigo, 2005. ISBN 978-84-8289-341-6
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para furgoneta.
  3. Real decreto 2822/1998, do 23 de decembro, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Vehículos. Anexo II. Apartado A: "Definicións e categorías dos vehículos".
Other Languages
العربية: عربة نقل
asturianu: Furgoneta
català: Furgoneta
Tsetsêhestâhese: Ma'xeamâho'hestôtse
dansk: Varevogn
English: Van
Esperanto: Kamioneto
español: Furgoneta
euskara: Furgoneta
فارسی: ون (خودرو)
français: Camionnette
Gaeilge: Veain
עברית: מסחרית
Bahasa Indonesia: Van
italiano: Furgone
қазақша: Фургон
한국어: 승합차
kernowek: Y Fan
lumbaart: Forgon
latviešu: Furgons
Baso Minangkabau: Van
Bahasa Melayu: Van
norsk nynorsk: Varebil
norsk: Varebil
ਪੰਜਾਬੀ: ਵੈਨ
polski: Van
پنجابی: ضلع وان
português: Van
română: Furgonetă
سنڌي: ويگن
Simple English: Van
svenska: Skåpbil
українська: Фургон
ייִדיש: ווען
中文: 廂型車
粵語: 客貨車