Franz Kafka

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Franz Kafka
Kafka1906.jpg
Fotografía de estudio de Franz Kafka de 1906
Nacemento3 de xullo de 1883
LugarPraga
Falecemento3 de xuño de 1924
LugarViena
Causatuberculose
SoterradoNew Jewish Cemetery
NacionalidadeImperio Austrohúngaro e Checoslovaquia
EtniaAsquenací
RelixiónXudaísmo
Alma máterKarl-Ferdinands-Universität
Ocupaciónnovelista, fabulista, contista, aphorist, autor de diarios, tradutor, avogado, guionista, poeta avogado, sinistro e escritor
PaiHermann Kafka
NaiJulie Kafková
Xénerosnovela, relato, conto
Coñecido/a porA metamorfose, O Processo e O Castelo
Franz Kafka's signature.gif
editar datos en Wikidata ]

Franz Kafka, nado en Praga o 3 de xullo de 1883 e finado en Viena o 3 de xuño de 1924, foi un escritor en lingua alemá. Está considerado un dos maiores novelistas en alemán, e dos mellores escritores de historias curtas do século XX. A maior parte dos seus traballos foron publicados postumamente. A súa forma de escribir segue sendo un desafío tanto para críticos coma para lectores, e os intentos de catalogar os seus traballos son xeralmente inadecuados.

Traxectoria

Kafka naceu en Praga (Bohemia) en 1883, cando era parte do Imperio Austrohúngaro. Formaba parte dunha familia de clase media, xermano-parlante e xudía asquenací. O seu pai era un comerciante polo miúdo, chamado Hermann Kafka (1852-1931), e a súa nai era Julie Kafka, nada co apelido Löwy (1856-1934). Aínda que a súa lingua nativa era o alemán, tamén aprendeu checo cando era neno, pois seu pai chegou a Praga procedente dunha comunidade xudía checo-falante da zona meridional de Bohemia, e quería que o seu fillo soubese falar fluidamente nas dúas linguas. Tamén tivo algúns coñecementos de cultura e lingua francesa; un dos seus autores favoritos foi Flaubert, e tivo un afecto sentimental por Napoleón. Tivo dous irmáns, Georg e Heinrich, pero ningún deles chegou a vivir dous anos enteiros (morreron cando Kafka tiña seis), e tres irmás, Elli, Valli e Ottla. Entre 1889 e 1893 Kafka acudiu á escola elemental (Deutsche Knabenschule) no Masná St. (Fleischmarkt) en Praga, e despois á escola superior no Staroměstské náměstí (localizado no Palacio Kinsky), onde finalizou o seu exame Matura en 1901. Comezou a estudar leis na Universidade Carolina de Praga, e obtivo o seu graduado en leis en 1906, traballando entón para unha axencia de seguros de accidentes laborais. Comezou a escribir de forma extraordinaria. En 1917 comezou a sufrir de tuberculose, o que requiriu frecuentes convalecencias durante as cales foi mantido pola súa familia, especialmente pola súa irmá Ottla, coa que tiña moito en común.

Estatua de bronce de Franz Kafka en Praga.

O asceticismo e auto-desprezo con que Kafka é asociado están ben documentados nas súas cartas e nas dos seus amigos e familiares; así e todo, precisa ser posto en contexto. Enfermidades crónicas (se foi ou non psicosomático é unha materia para o debate) xunto con tuberculose, xaquecas, insomnio, estrinximento, furúnculos, e outras doenzas. Intentou contrarrestar isto cun réxime de tratamentos de naturopatía, coma unha dieta vexetariana e o consumo de grandes cantidades de leite non pasteurizada (sendo posiblemente o segundo o factor causante da súa tuberculose). O máis probable é que hoxe en día fose diagnosticado de depresión clínica, pois a súa actitude auto-crítica era esaxeradamente severa. Mentres na escola tomou un rol activo na organización de eventos sociais e literarios, facendo moito para promocionar e organizar actuacións de teatro yiddish, a pesar dos temores de incluso os seus mellores amigos coma Max Brod, que normalmente o apoiaban en todo o demais, e contrariamente ó seu medo de ser percibido coma física e mentalmente repulsivo, impresionou a outros co seu mocerío, esmero, e unha austera boa aparencia, o seu comportamento silencioso, e a súa intelixencia e singular sentido do humor.

A relación de Kafka co seu dominante pai foi un tema importante nos seus escritos. A comezos dos anos 20 tivo unha aventura amorosa coa xornalista e escritora checa Milena Jesenská. En 1923 trasladouse a Berlín ca esperanza de poder distanciarse da influencia da súa familia para concentrarse en escribir. Alí coñeceu a Dora Dymant, de 19 anos e descendente dunha familia xudía ortodoxa, que fora capaz de superar o seu pasado no barrio xudeu. Ela converteuse na súa amante, e influenciou o interese de Kafka no Talmud.

Porén, a tuberculose de Kafka empeorou; regresou a Praga, e despois marchou para un sanatorio preto de Viena para recibir tratamento, onde morreu o 3 de xuño de 1924, aparentemente de fame (a condición de Kafka facía que tragar fora demasiado doloroso para a súa gorxa, e como a terapia intravenosa non estaba aínda descuberta, non existía ningunha forma de alimentalo). O seu corpo foi levado de volta para Praga, onde foi enterrado o 11 de xuño de 1924, no Novo Camposanto Xudeu en Žižkov (Praga).

Tumba de Franz Kafka.

Kafka publicou só unhas poucas historias curtas durante a súa vida, unha pequena parte do seu traballo, e consecuentemente os seus escritos atraeron pouca atención ata despois da súa morte. Antes de morrer pediulle ó seu amigo e testamentario literario Max Brod que destruíse todos os seus manuscritos. Dora Dymant, fielmente, destruíu os manuscritos que posuía ela, pero Brod non seguiu as instrucións de Kafka e supervisou a publicación de maior parte dos seus traballos, que pronto comezaron a atraer a atención e a mirada dos críticos. Todos os seus traballos publicados, agás varias cartas dirixidas a Milena Jesenská, foron escritas en alemán.

Other Languages
Аҧсшәа: Франц Кафка
Afrikaans: Franz Kafka
Alemannisch: Franz Kafka
aragonés: Franz Kafka
العربية: فرانس كافكا
asturianu: Franz Kafka
Aymar aru: Franz Kafka
azərbaycanca: Frans Kafka
башҡортса: Франц Кафка
Boarisch: Franz Kafka
žemaitėška: Franz Kafka
беларуская: Франц Кафка
беларуская (тарашкевіца)‎: Франц Кафка
български: Франц Кафка
Bislama: Franz Kafka
brezhoneg: Franz Kafka
bosanski: Franz Kafka
буряад: Франц Кафка
català: Franz Kafka
нохчийн: Кафка, Франц
čeština: Franz Kafka
Cymraeg: Franz Kafka
Deutsch: Franz Kafka
Zazaki: Franz Kafka
Ελληνικά: Φραντς Κάφκα
English: Franz Kafka
Esperanto: Franz Kafka
español: Franz Kafka
euskara: Franz Kafka
estremeñu: Franz Kafka
føroyskt: Franz Kafka
français: Franz Kafka
Gaeilge: Franz Kafka
贛語: 卡夫卡
Gàidhlig: Franz Kafka
Avañe'ẽ: Franz Kafka
Bahasa Hulontalo: Franz Kafka
עברית: פרנץ קפקא
Fiji Hindi: Franz Kafka
hrvatski: Franz Kafka
magyar: Franz Kafka
հայերեն: Ֆրանց Կաֆկա
interlingua: Franz Kafka
Bahasa Indonesia: Franz Kafka
Interlingue: Franz Kafka
Ilokano: Franz Kafka
íslenska: Franz Kafka
italiano: Franz Kafka
Patois: Franz Kafka
Basa Jawa: Franz Kafka
ქართული: ფრანც კაფკა
Qaraqalpaqsha: Franz Kafka
Адыгэбзэ: Франц Кафка
Kabɩyɛ: Franz Kafka
қазақша: Франц Кафка
kurdî: Franz Kafka
Кыргызча: Франц Кафка
Lëtzebuergesch: Franz Kafka
Lingua Franca Nova: Franz Kafka
Limburgs: Franz Kafka
لۊری شومالی: فرانتس کافکا
lietuvių: Franz Kafka
latviešu: Francs Kafka
Malagasy: Franz Kafka
олык марий: Франц Кафка
Baso Minangkabau: Franz Kafka
македонски: Франц Кафка
монгол: Франц Кафка
кырык мары: Кафка, Франц
Bahasa Melayu: Franz Kafka
Mirandés: Franz Kafka
မြန်မာဘာသာ: ဖရန့်ဇ်ကပ်ဖ်ကာ
مازِرونی: فرانتس کافکا
Plattdüütsch: Franz Kafka
Nederlands: Franz Kafka
norsk nynorsk: Franz Kafka
occitan: Franz Kafka
Livvinkarjala: Franz Kafka
Picard: Franz Kafka
polski: Franz Kafka
Piemontèis: Franz Kafka
پنجابی: فرانز کافکا
português: Franz Kafka
Runa Simi: Franz Kafka
română: Franz Kafka
armãneashti: Franz Kafka
русский: Кафка, Франц
русиньскый: Франц Кафка
саха тыла: Франц Кафка
sicilianu: Franz Kafka
srpskohrvatski / српскохрватски: Franz Kafka
Simple English: Franz Kafka
slovenčina: Franz Kafka
slovenščina: Franz Kafka
српски / srpski: Франц Кафка
Seeltersk: Franz Kafka
svenska: Franz Kafka
Kiswahili: Franz Kafka
Tagalog: Franz Kafka
Türkçe: Franz Kafka
татарча/tatarça: Франц Кафка
українська: Франц Кафка
oʻzbekcha/ўзбекча: Franz Kafka
vèneto: Franz Kafka
vepsän kel’: Kafka Franc
Tiếng Việt: Franz Kafka
Volapük: Franz Kafka
Winaray: Franz Kafka
მარგალური: ფრანც კაფკა
ייִדיש: פראנץ קאפקא
Yorùbá: Franz Kafka
Bân-lâm-gú: Franz Kafka
粵語: 卡夫卡