Francis Lorenzo

Francis Lorenzo
Nome completo Francisco Lorenzo Torres
Nacemento 24 de setembro de 1960 (57 anos)
Lugar Pontevedra, Galicia Galicia
Nacionalidade España
Fillos Javier e Miguel
Profesión actor

Francisco Lorenzo Torres, máis coñecido como Francis Lorenzo, nado en Pontevedra o 24 de setembro de 1960, é un actor galego.

Biografía

Actor de extensa traxectoria cinematográfica. Traballou ás ordes de directores como José Luis Cuerda, Vicente Aranda, Agustín Díaz Yanes, Icíar Bollaín ou Jaime Chávarri.

Nos últimos anos dedicouse máis á televisión, onde interpretou papeis fixos en series de éxito como Canguros, Médico de familia, Compañeros ou Mis adorables vecinos. Neste medio tamén probou sorte como presentador, abandonando Médico de familia en pleno éxito para conducir o late-night Efecto F, co que non puido conseguir os mesmos resultados.

O seu último traballo en cine foi Tiovivo c. 1950 dirixida por José Luis Garci.

En 2009 regresa á televisión coa exitosa serie Águila Roja e en 2014 participou en Códice, miniserie para a TVG baseada na historia do furto do Códice Calixtino.

Other Languages