Francia

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
República Francesa
République française
Bandeira de Francia
Emblema de Francia
Bandeira Emblema
France (orthographic projection).svg
Lema: Liberté, Égalité, Fraternité
(en galego: Liberdade, Igualdade, Fraternidade)

Capital
 Poboación
París
2 249 975 (2011)
Cidade máis poboada París
 • Poboación Zona urbana: 11 174 743
Linguas oficiais Francés 1
Forma de goberno República
Emmanuel Macron
Bernard Cazeneuve
Superficie Posto 40º
 • Total 675 417 2 km²
 • % auga 0,26
Fronteiras 2889 km
Costas 5500 km
Poboación Posto 20º
 • Total (2011 3) 64 933 400 hab.
 • Densidade 95,9 hab./km²
PIB (nominal) Posto 6º
 • Total (2007) 2 515 241 millóns USD
 • per cápita 40 782 USD
PIB ( PPA) Posto 7º
 • Total (2006) 1,9 billóns USD
 • per cápita 29 203 USD
Moeda Euro 4 (€,  EUR)
IDH (2005) 0,952 ( 10º) – Moi alto
Xentilicio Francés, francesa
Fuso horario CET ( UTC+1) 5
 • Horario de verán Non aplica
Dominio de Internet .fr
Prefixo telefónico +33
Prefixo radiofónico FAA-FZZ, HWA-HYZ, THA-THZ, TKA-TKZ, TMA-TMZ, TOA-TQZ, TVA-TXZ
Código ISO 250 / FRA / FR
Membro de: UE, OTAN, ONU, OSCE, OCDE, G-8, OIF, UL.
1 Fálanse varios idiomas rexionais.
2 Dos cales 551.098 km² corresponden á Francia metropolitana, isto é, europea (cifras do Instituto Xeográfico Nacional Francés)
3 Dos cales, 61 875 822 na Francia metropolitana.
4 Toda a República Francesa salvo os territorios de ultramar no Océano Pacífico, onde se emprega o franco CFP ( XPF).
5 Só a Francia metropolitana.

Francia ( Gl-Francia.ogg pronunciación ) (en francésFrance[ˈfræns] (AFI) fr-France.ogg escoitar), oficialmente República Francesa ( Gl-República Francesa.ogg pronunciación ) (en francésRépublique française[ʁepyblik fʁɑ̃sɛz] (AFI)) é un estado membro da Unión Europea, con capital en París, que se estende sobre unha superficie total de 675.417 km², incluíndo Francia metropolitana e os territorios de ultramar espallados nos cinco continentes. Conta cunha poboación de 64,9 millóns de habitantes [1].

Constituído en estado democrático de dereito, a súa forma de goberno esta organizada como república semipresidencialista, co nome oficial de República Francesa (République française) e o lema Liberté, Égalité, Fraternité (Liberdade, Igualdade, Fraternidade). O territorio de Francia esténdese por diversas rexións do mundo situándose a súa parte metropolitana (refírese ao territorio continental de Francia máis a illa de Córsega, a parte continental chámase popularmente l'Hexagone (o Hexágono) pola súa similitude con esta forma xeométrica), en Europa Occidental, onde limita ao sur co mar Mediterráneo, Mónaco (4,4 km), España (623 km) e Andorra (56,6 km); ao oeste co golfo de Biscaia e o océano Atlántico; ao norte coa canle da Mancha (que separa o continente das Illas Británicas), o mar do Norte e Bélxica (620 km) e ao leste, con Luxemburgo (73 km), Alemaña (451 km), Suíza (573 km) e Italia (488 km). O seu territorio insular europeo, comprende a Illa de Córsega, no Mediterráneo occidental, e diversos arquipélagos costeiros no Atlántico. En América, son territorio de Francia a Güiana francesa, que limita con Brasil (673 km), a maior fronteira do país cos seus países veciños, Suriname (510 km), e as illas e arquipélagos de Martinica, Guadalupe, Saint-Barthélemy, San Martiño (que limita coas Antillas Neerlandesas) e de Saint-Pierre-et-Miquelon. No océano Índico, son francesas as illas de Mayotte e de Reunión, así como os arquipélagos de Polinesia francesa e de Nova Caledonia, estes no océano Pacífico. Son territorios de Francia deshabitados o atol de Illa Clipperton, no Pacífico Oriental, e as denominadas Terras Austrais e Antárticas Francesas.

Francia é un país altamente desenvolvido económica e socialmente, influente no plano xeopolítico. A súa economía é de tipo capitalista cunha intervención estatal non desprezable dende o fin da Segunda Guerra Mundial. Non obstante, dende mediados dos anos 1980, reformas sucesivas arrastraron unha liberación progresiva do Estado de varias empresas públicas. É a sexta economía mundial en termos de PIB, membro do G8, da Zona Euro e do Espazo Schengen, e sede de numerosas multinacionais de primeira orde, líderes en diversos segmentos da industria e do sector primario, e é o primeiro destino turístico mundial, con máis de 75 millóns de visitantes estranxeiros anuais [2].

Francia, fogar da primeira Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán, é membro fundador das Nacións Unidas, do Consello de Europa, un dos cinco membros permanentes do Consello de Seguridade das Nacións Unidas [3] e sede da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico e da UNESCO. É tamén unha das oito potencias nucleares recoñecidas [4] e membro da OTAN.

Francia é un país cunha elevada difusión internacional da súa cultura. Dende o século XV, participando nas exploracións marítimas, e a continuación como potencia colonial, a súa cultura e civilización atópase difundida por países de todo o mundo agrupados na organización da Francofonía. O idioma francés é unha das linguas con maior influencia, tradicionalmente empregada como lingua da diplomacia e relacións internacionais, que xunto con outras 77 linguas rexionais, conforma o patrimonio lingüístico de Francia. Francia é membro da Unión Latina.

Francia foi formada polas artes e a filosofía. Berce da Ilustración, influíu nas revolucións americanas, despois a Revolución francesa deu o arranque e o exemplo democrático no mundo enteiro, desenvolvendo valores de liberdade, de igualdade, de fraternidade e, dende 1905, de laicismo.

Historia

Artigo principal: Historia de Francia.

A Francia actual é un país de lingua románica con superestrato xermano que ocupa a maior parte da antiga Galia celta conquistada por Xulio César.

Evolución do nome «Francia» e do seu territorio

Bautizo de Clodoveo I, rei dos francos.

O país tomou o seu nome dos francos, pobo xermánico cuxo nome significaba «homes libres». Os francos foron unha tribo que invadiu a Galia no século V, en tempos da desintegración do Imperio Romano de Occidente. Os francos e os galos ( xermanos os primeiros e celtas os segundos, ambos indoeuropeos) fusionados e xunto a outros grupos importantes, deron orixe aos franceses. Aínda na actualidade adóitase empregar "franco" ou "galo" para se referir ao que é "francés" ou ao que está en relación cos franceses.

Inicialmente, a palabra latina Francia designou a rexión do norte de Europa, poboada, ou máis ben dominada, por pobos guerreiros xermánicos autodenominados francos. Francia é unha adaptación latina do século III [5] En efecto, dende os séculos III e IV os romanos xa tiñan contactos cos francos, a quen enrolaban como mercenarios no seu exército, xa antes das invasións propiamente xermánicas. A denominación Francia non tiña daquela unha connotación política senón xeográfica ou sociolóxica, coma o Magreb ou os Balcáns no século XXI. Os francos eran ante todo un pobo de guerreiros que elixía a un xefe caudillo, a quen nomeaban rei dos francos e que constituía a máxima autoridade para asuntos militares. Naqueles tempos a guerra considerábase o valor por excelencia da liberdade e isto fixo que co tempo o termo franco se convertese en sinónimo de libre.

En 1204, a palabra Francia designou, por vez primeira, o territorio sobre o cal exercía a súa autoridade o rei dos francos, a quen comezou a chamarse rex Francie. A autoridade dos reis francos sobre os señores do que se chamaba reino franco só constituía unha autoridade de señor a vasalo, de home a home. O vencello que unía as diferentes tribos francas era tan só de tipo militar, para facer a guerra. O rei franco só era señor no dominio territorial de seu. O feito de que o rei franco compartise costumes e cultura cos outros señores non significaba que mandase nos territorios e nas xentes dos territorios dos señores francos. O rei franco só era un xefe de guerra, non un xefe de estado.

É por isto polo que se compara o concepto da Europa de 1957, na que existe unha unidade de mando con respecto a un único tema, co modelo de reinado do rei franco. Para o rei franco, o que lle daba unidade a todos os territorios era a guerra de defensa do reino franco, mentres que para os europeos de 1957 era a economía de Europa ( CECA). Para que fose recoñecido o concepto dunha autoridade civil de rei sobre un territorio habería que agardar ata o século XV cando, polas boas ou pola forza, así o entenderon a inmensa maioría dos señores.

A comezos do século XVI o concepto de res publica ("cousa pública") reaparece timidamente logo de esvaecer coa caída do imperio romano. En 1499, o contrato de casamento do rei Luís XII de Francia con Ana da Bretaña, que dispuña da propiedade de Francia, intentou, sen éxito, constituír un compromiso non só entre os asinantes, senón tamén entre os seus descendentes e mesmo os seus sucesores. O concepto de nacionalidade francesa comezouse a definir naquela época.

É tamén cara a esta época cando se iniciou o embrión do estado. Ata a metade do século XVI, o rei era un nómade que se desprazaba ao longo de tódalas súas terras, sen ficar nunca máis dalgunhas semanas na mesma residencia, o cal limitaba singularmente as posibilidades de centralismo das funcións estatais.

A principios do século XVII, a política exterior de Francia comezou a ir alén da defensa e da agresión militar directa ao introducir Richelieu a diplomacia como medio para facer levar a cabo as súas guerras por outros países.

A revolución francesa constitúe a partida de nacemento da nación francesa, e do pobo francés como actor político. Son as guerras napoleónicas, e sobre todo as grandes guerras de 1870, 1914 e 1939, as que conformaron a imaxe mental de Francia compartida polos franceses. As dificultades económicas vinculadas á globalización da primeira e segunda metade do século XX exacerban (como no resto de Europa) este sentimento nacional no nacionalismo.

Prehistoria, protohistoria e antigüidade

Artigos principais: Galia e Galia romana.
Escena da rendición de Vercingetorix ante César.

A presenza humana sobre o territorio francés remóntase ao paleolítico inferior. Unha das localizacións máis antigas (1 800 000 anos a. de C.) onde se poden atopar vestixios dun asentamento humano é na localidade de Chilhac (no Alto Loira). Varios lugares franceses con datacións posteriores deron o seu nome a facies culturais, como o Achelense, o Musteriense, o Solutrense ou o Magdaleniano.

Ao longo do territorio francés atópanse un número importante de covas adornadas do paleolítico superior, das cales a máis coñecida é a cova de Lascaux ( Dordoña) cuxas pinturas remóntanse 15.000 a. de C. A partir de 7.000 a. de C. aproximadamente, a rexión entrou no neolítico, o asentamento máis antigo coñecido é o lugar de Courthézon ( Vaucluse), datado de 4.560 a. de C. aproximadamente.

Aló polo ano 900 a. de C. os celtas chegaron e instaláronse no territorio da actual Francia ata ocupar o conxunto no século III a. de C.. Por outra banda cara ao ano 680 a. C., os primeiros colonos gregos comezaron a instalarse no litoral mediterráneo, fundando a colonia grega de Antibes.

Cara ao ano -125 a Galia Narbonense, pasou a estar baixou o dominio romano. O dominio romano seguiu espallándose logo da guerra das Galias ata ocupar todo o territorio da actual Francia no ano 51 a. de C. Baixo o Imperio Romano desenvolveuse unha próspera civilización galo-romana, achegando a Francia unha base de cultura latina e conducindo indirectamente á súa cristianización, a cal tería lugar nun lento proceso comezado no século II e rematado no século VI.

A Francia merovinxia e carolinxia

Artigos principais: Invasións dos pobos bárbaros, Merovinxios, Reino franco e Carolinxios.

A partir do século V comezou a época das migracións bárbaras á Galia, destacando a presenza de varios pobos entre os cales se atopaban os burgundios, os visigodos e os francos.

Unha grande parte das rexións que constitúen a Francia actual uníronse baixo o dominio de Clodoveo I no ano 507 (reunión baixo a dominación franca, ou regnum francorum, dos alamáns, os burgundios e os visigodos no norte dos Pireneos[ Cómpre referencia]. Este "reino dos Francos" que se estendía sobre o que aínda se chamaba a Galia instaurouse coa lexitimidade e unidade que lle outorgaba a herdanza cultural romana. O reino franco, durante a dinastía dos Merovinxios, estivo a mercé das herdanzas dos herdeiros de Clodoveo, dividíndose e reuníndose logo durante varias ocasións. Cando estiveron divididos, estes reinos ulteriores eran a Neustria ( París), a Austrasia ( Metz), a Borgoña ( Chalon-sur-Saône) e a Aquitania ( Bordeos).

Na segunda metade do século VIII Pipino o Breve, rei non merovinxio dos Francos, estende considerablemente o reino dos Francos, pronto erixido en Imperio polo seu fillo Carlomagno e o seu neto Luís o Piadoso (Louis le Pieux). Logo da morte de Luís, o seu dominio é compartido en tres partes onde a autoridade central se afunde rapidamente, volvendo a organización da rexión á situación anterior: a Francia orientalis (ao leste), a Francia occidentalis (ao oeste) e entre as dúas a efémera Lotarinxia, dominio dun emperador moi teórico.

A parte oriental corresponde ao que se converteu máis tarde en Alemaña e a parte occidental, Francia. A fonte máis antiga que testemuña o uso das dúas linguas diferentes dunha e outra parte do río Rin (a tedesca e a romana) data de 842, cos xuramentos de Estrasburgo pasados entre os netos de Carlomagno. Este texto presentouse a miúdo como o acto fundador de Francia (e de Alemaña). Os descendentes de Carlomagno (os Carolinxios) conservan unha influencia simbólica sobre os territorios que se corresponden moi aproximadamente con Francia ata 987, cando o duque Hugo Capeto (Hugues Capet) foi elixido rei dos francos.

A Francia feudal

Artigos principais: Dinastía dos Capetos e Dinastía Valois.

Hugo Capeto, modificando as regras de sucesión, creou as condicións que permitirían, ao longo dos séculos seguintes, a institución de Francia como estado. Os seus descendentes reinaron sucesivamente sobre Francia, en tres dinastías (os Capetos, os Valois e os Borbóns), ata 1792 cando Luís XVI perde o trono na revolución francesa, logo dun intermedio de trinta anos (do 1814 ao 1848).

Os primeiros reis da dinastía espallaron progresivamente o dominio real, consolidando a realeza franca malia a oposición dos Plantagenêts, materializada na guerra dos Cen Anos. A autoridade do rei dos Francos non se estendería desde os Pireneos ata a canle da Mancha ata finais do século XII, con Philippe Auguste. Naquela época comezouse a empregar a expresión reino de Francia e esta expresión adquire un peso comparable ao de Inglaterra ou de Sacro Imperio Romano Xermánico. Os últimos séculos da Idade media, marcados polas crises da guerra dos Cen Anos e da peste negra, reforzan finalmente a autoridade real, a cal vólvese indiscutible durante o século XV, co reinado de Luís XI.

Renacemento e absolutismo

Artigos principais: Renacemento e Antigo Réxime.
Luís XIV, o rei Sol.

Trala fin da Idade media, España convértese nunha forte ameaza para os franceses ao unirse o reino dos reis católicos coas posesións dos Habsburgo dando orixe ao imperio de Carlos I de España e V de Alemaña. Buscando facerlle fronte, Francisco I e o seu fillo Henrique II de Francia declararíanlle a guerra á potencia. A segunda metade do século XVI marcaría o reino francés coas guerras de relixión e os reinados dos derradeiros Valois ( Francisco II, Carlos IX, Henrique III) que afastarían Francia do escenario político europeo.

Habería que agardar ao reinado de Henrique IV, Luís XIII e o seu ministro Richelieu, para que a potencia española cedese o paso á de Francia. Malia a temperá desaparición destes actores, o equilibrio das forzas sería de novo restablecido e derrubado, por grandes políticos como Mazarin, particularmente cos tratados de Westfalia ( 1648) e dos Pireneos ( 1659).

No campo colonial, Francia vería as súas empresas con luces e sombras. Malia a boa saída cara a América coa expedición de Jacques Cartier baixo o reinado de Francisco I, e os establecementos conseguidos nas Antillas, Luisiana e no Senegal durante o reinado de Luís XIV, a falta de determinación de Luís XV conduciría ao reino a graves fracasos fronte os ingleses na India e no Canadá, rompendo os éxitos conseguidos polos primeiros colonizadores franceses.

Revolución e imperio

As dificultades financeiras, a repulsa das reformas e a impaciencia popular conducen á Revolución francesa, do 1789 ao 1799. Neste importante episodio na construción da historia nacional vai nacer asemade a Declaración dos dereitos do home e do cidadán de 1789 e a promoción dos ideais de liberdade, igualdade e fraternidade.

A partir de 1799, Napoléon Bonaparte toma o poder, inicialmente como primeiro cónsul e logo como emperador. Este período ve a instauración de novas institucións, mentres que Francia se estende militarmente a través de Europa, antes dun período de revés importante. Este período termínase coa restauración dos Borbóns en 1815.

Da restauración de 1815 ao segundo imperio

La Liberté guidant le peuple ("A liberdade guiando ao pobo") de Eugène Delacroix (1833), obra pictórica convertida en símbolo da Revolución de 1830.

A Restauración de 1815 marca o principio dunha nova tentativa de monarquía constitucional, pero as tensións dos reinados de Luís XVIII e logo sobre todo de Carlos X conducen á Revolución de 1830, que leva a Luís-Filipe I ao poder. Desde 1830 ata 1848, a Monarquía de Xullo é un réxime sostido pola burguesía, pero que suscita unha oposición lexitimista, bonapartista e sobre todo republicana.

Esta última arrastra a revolución de febreiro de 1848 que ve unha tentativa de réxime presidencial, a Segunda República.

O 2 de decembro de 1851, o presidente da República, Louis-Napoléon Bonaparte, sobriño de Napoleón I, organiza un golpe de estado. O 14 de xaneiro de 1852 é nomeado emperador baixo o nome de Napoleón III. Baixo o Segundo Imperio, o país coñece os principios da segunda industrialización, impulsada por orientacións económicas liberais, fundadas en construcións capitalistas estruturais básicas (bancos de negocios, compañías de ferrocarril e marítimas, industrias téxtiles, grandes comercios e industrias etc.). No plan da política exterior, Napoléon III asegúrase a confianza do Reino Unido ( guerra de Crimea) que permite asentar a influencia de Francia en Próximo Oriente mentres que a súa acción en Italia, contra Austria, é coroada con éxito e conduce á anexión en Francia das rexións do Piemonte ( Savoia, Niza). Con todo, graves reveses empeñan considerablemente a imaxe do réxime e reforzan unha oposición exterior e interior ( Victor Hugo). A aposta da loita contra Prusia para devolver un certo brillo ao Imperio precipita a súa caída. O imperio remata así en 1870 logo da derrota de Sedán. A perda da Alsacia-Lorena e as indemnidades[ Cómpre referencia] considerables debidas o Imperio Alemán creado a favor da vantaxe tomada por Prusia, conducen a un gran resentimento nacional ("o desquite", en francés la Revanche). Un feito significativo para os acontecementos seguintes será que o crecemento da poboación italiana e sobre todo da alemá excede con moito a de Francia, que fora o país o máis poboado de Europa durante a revolución.

A terceira república e a liberación de 1945

O emblemático Caso Dreyfus.

A guerra de 1870 arrastra a caída do Segundo Imperio Francés e a volta á república, logo da insurrección do Municipio de París ( Comuna de París). O Segundo Imperio evolucionara cara a un réxime parlamentario, e a súa herdanza é en parte repetida Terceira República Francesa. Logo dalgúns anos de vacilación, a Terceira República é finalmente confirmada en 1875, a práctica das institucións facendo un réxime de asemblea.

Baixo a Terceira República, Francia estende o seu imperio colonial, cuxa conquista comezara baixo as monarquías do século XIX ( África occidental e ecuatorial, Marrocos, Tunisia, Madagascar, Indochina).

Saída vitoriosa, pero ao prezo de sufrimentos inmensos demográficos e económicos, da Primeira Guerra Mundial, Francia coñece un período de crise económica e política nos anos 1930. A derrota de 1940 conduce á atribución por voto dos plenos poderes ao mariscal Pétain durante a Segunda Guerra Mundial. Este substitúe a república por un Estado francés negado pola Francia Libre do xeneral de Gaulle ata 1944.

A cuarta e a quinta república

O xeneral Charles de Gaulle.

En consecuencia da Segunda Guerra mundial, a Cuarta República é promulgada o 27 de outubro de 1946, pero ponse fronte a dificultades graves no Imperio colonial, primeiro en Indochina, logo en Alxeria, mentres que noutro lugar a descolonización faise por negociación. A inestabilidade gobernamental que resulta diso, finalmente, xera unha crise que conduce a un cambio de constitución. Con todo, malia os cambios frecuentes de ministerios, unha certa constancia da política de construción europea permitiu participar activamente en primeiro lugar na Comunidade europea do carbón e do aceiro en 1950, logo na firma do tratado de Roma en 1957 fundador do Mercado común. Doutra banda, a política de desenvolvemento da industria nuclear tanto civil como militar, permitiu asentar unha política independente nos anos 1960.

A constitución da quinta república, redactada baixo a influencia do xeneral Charles de Gaulle e de Michel Debré, é adoptada o 4 de outubro de 1958. Coloca a república en réxime parlamentario que demostra resistir mellor as inestabilidades que as repúblicas parlamentarias precedentes. En 1962, a conxunción da elección do presidente da república por sufraxio universal directo e do feito maioritario no parlamento favorable para o presidente van modificar a constitución para ter unha lectura favorable para o presidente. Fálase entón de réxime parlamentario presidencializado. Este caso de Francia é único; en todos os demais réximes parlamentarios, o xefe do estado sistematicamente borrouse en proveito do xefe de goberno, que é sostido pola maioría parlamentaria. Maurice Duverger desexou definir a quinta república como que dependía dunha nova categoría, a do réxime semipresidencial. Con todo, esta tipoloxía non esta aceptada por todos.

A partir de 1973, a economía francesa coñece unha sucesión de crises económicas e de períodos de débil crecemento, que arrastran unha alteración frecuente no seo do poder. Do 1986 ao 1988, logo do 1993 ao 1995 e por fin do 1997 ao 2002, o fenómeno da convivencia (anulación do feito maioritario favorable para o Presidente, o que fai que o Primeiro ministro é dun diferente pensamento político que o Presidente) aínda modifica a lectura da constitución, para volver a unha lectura máis próxima da súa concepción en 1958, é dicir, un réxime parlamentario.

Dende os anos 1950, a reconciliación, logo a cooperación con Alemaña permitiron a Francia desenvolver un papel de motor na construción europea, particularmente coa Comunidade Económica Europea. Fíxose un dos principais países da Unión Europea, partidario dunha Europa política forte, aínda que rexeitase a Constitución europea polo 55% dos sufraxios o 29 de maio de 2005.

Other Languages
Аҧсшәа: Франциа
Acèh: Peurancih
адыгабзэ: Францие
Afrikaans: Frankryk
Akan: France
Alemannisch: Frankreich
አማርኛ: ፈረንሣይ
aragonés: Francia
Ænglisc: Francland
العربية: فرنسا
ܐܪܡܝܐ: ܦܪܢܣܐ
مصرى: فرنسا
অসমীয়া: ফ্ৰান্স
asturianu: Francia
авар: Франсия
Aymar aru: Phransiya
azərbaycanca: Fransa
تۆرکجه: فرانسه
башҡортса: Франция
Boarisch: Frankreich
žemaitėška: Prancūzėjė
Bikol Central: Pransya
беларуская: Францыя
беларуская (тарашкевіца)‎: Францыя
български: Франция
भोजपुरी: फ्रांस
Bislama: Franis
Bahasa Banjar: Parancis
bamanankan: Faransi
বাংলা: ফ্রান্স
བོད་ཡིག: ཧྥ་རན་སི།
বিষ্ণুপ্রিয়া মণিপুরী: ফ্রান্স
brezhoneg: Bro-C'hall
bosanski: Francuska
ᨅᨔ ᨕᨘᨁᨗ: Perancis
буряад: Франци
català: França
Chavacano de Zamboanga: Francia
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Huák-guók
нохчийн: Франци
Cebuano: Pransiya
Chamoru: Francia
ᏣᎳᎩ: ᎦᎸᏥᏱ
Tsetsêhestâhese: France
کوردی: فەڕەنسا
corsu: Francia
qırımtatarca: Frenkistan
čeština: Francie
kaszëbsczi: Francëjô
словѣньскъ / ⰔⰎⰑⰂⰡⰐⰠⰔⰍⰟ: Франкїꙗ
Чӑвашла: Франци
Cymraeg: Ffrainc
dansk: Frankrig
Deutsch: Frankreich
Zazaki: Fransa
dolnoserbski: Francojska
डोटेली: फ्रान्स
ދިވެހިބަސް: ފަރަންސޭސިވިލާތް
ཇོང་ཁ: ཕརཱནསི་
eʋegbe: France
Ελληνικά: Γαλλία
emiliàn e rumagnòl: Franza
English: France
Esperanto: Francio
español: Francia
euskara: Frantzia
estremeñu: Francia
فارسی: فرانسه
Fulfulde: Faransi
suomi: Ranska
føroyskt: Frakland
français: France
arpetan: France
Nordfriisk: Frånkrik
furlan: France
Frysk: Frankryk
Gaeilge: An Fhrainc
Gagauz: Franțiya
贛語: 法國
Gàidhlig: An Fhraing
Avañe'ẽ: Hyãsia
गोंयची कोंकणी / Gõychi Konknni: फ्रांस
ગુજરાતી: ફ્રાન્સ
Gaelg: Yn Rank
Hausa: Faransa
客家語/Hak-kâ-ngî: Fap-koet
Hawaiʻi: Palani
עברית: צרפת
हिन्दी: फ़्रान्स
Fiji Hindi: France
hrvatski: Francuska
hornjoserbsce: Francoska
Kreyòl ayisyen: Frans
Հայերեն: Ֆրանսիա
interlingua: Francia
Bahasa Indonesia: Perancis
Interlingue: Francia
Igbo: France
Ilokano: Pransia
Ido: Francia
íslenska: Frakkland
italiano: Francia
日本語: フランス
Patois: Frans
la .lojban.: fasygu'e
Basa Jawa: Prancis
ქართული: საფრანგეთი
Qaraqalpaqsha: Franciya
Taqbaylit: Fransa
Адыгэбзэ: Фрэндж
Kabɩyɛ: Fransɩɩ
Kongo: Fwalansa
Gĩkũyũ: Baranja
қазақша: Франция
kalaallisut: Franskit Nunaat
ភាសាខ្មែរ: បារាំង
ಕನ್ನಡ: ಫ್ರಾನ್ಸ್
한국어: 프랑스
Перем Коми: Франс
къарачай-малкъар: Франция
Ripoarisch: Frankreich
Kurdî: Fransa
коми: Франция
kernowek: Pow Frynk
Кыргызча: Франция
Latina: Francia
Ladino: Fransia
Lëtzebuergesch: Frankräich
лезги: Франция
Luganda: Bufalansa
Limburgs: Frankriek
Ligure: Fransa
lumbaart: Frància
lingála: Falansia
لۊری شومالی: فرانسأ
lietuvių: Prancūzija
latgaļu: Praņceja
latviešu: Francija
मैथिली: फ्रान्स
мокшень: Кранцмастор
Malagasy: Frantsa
олык марий: Франций
Māori: Wīwī
Baso Minangkabau: Parancih
македонски: Франција
മലയാളം: ഫ്രാൻസ്
монгол: Франц
молдовеняскэ: Франца
मराठी: फ्रान्स
Bahasa Melayu: Perancis
Malti: Franza
Mirandés: Fráncia
မြန်မာဘာသာ: ပြင်သစ်နိုင်ငံ
مازِرونی: فرانسه
Dorerin Naoero: Prant
Nāhuatl: Francia
Napulitano: Franza
Plattdüütsch: Frankriek
Nedersaksies: Frankriek
नेपाली: फ्रान्स
नेपाल भाषा: फ्रान्स
Nederlands: Frankrijk
norsk nynorsk: Frankrike
norsk: Frankrike
Novial: Fransia
Nouormand: France
Sesotho sa Leboa: Fora
Chi-Chewa: France
occitan: França
Livvinkarjala: Frantsii
Oromoo: Firaansi
ଓଡ଼ିଆ: ଫ୍ରାନ୍ସ
Ирон: Франц
ਪੰਜਾਬੀ: ਫ਼ਰਾਂਸ
Pangasinan: Fransia
Kapampangan: Pransiya
Papiamentu: Fransia
Picard: Franche
Deitsch: Frankreich
Pälzisch: Frankreich
पालि: फ्रांस
Norfuk / Pitkern: France
polski: Francja
Piemontèis: Fransa
پنجابی: فرانس
Ποντιακά: Γαλλία
پښتو: فرانس
português: França
Runa Simi: Ransiya
rumantsch: Frantscha
Romani: Franchiya
Kirundi: Ubufaransa
română: Franța
armãneashti: Frânție
tarandíne: Frange
русский: Франция
русиньскый: Франція
Kinyarwanda: Ubufaransa
संस्कृतम्: फ्रान्सदेशः
саха тыла: Франция
sardu: Frantza
sicilianu: Francia
Scots: Fraunce
سنڌي: فرانس
davvisámegiella: Frankriika
Sängö: Farânzi
srpskohrvatski / српскохрватски: Francuska
සිංහල: ප්‍රංශය
Simple English: France
slovenčina: Francúzsko
slovenščina: Francija
Gagana Samoa: Farani
chiShona: France
Soomaaliga: Faransiiska
shqip: Franca
српски / srpski: Француска
Sranantongo: Franskondre
SiSwati: IFulansi
Sesotho: Fora
Seeltersk: Frankriek
Basa Sunda: Perancis
svenska: Frankrike
Kiswahili: Ufaransa
ślůnski: Francyjŏ
தமிழ்: பிரான்சு
తెలుగు: ఫ్రాన్సు
tetun: Fransa
тоҷикӣ: Фаронса
ትግርኛ: ፈረንሳይ
Türkmençe: Fransiýa
Tagalog: Pransiya
Setswana: Fora
Tok Pisin: Frens
Türkçe: Fransa
Xitsonga: Furhwa
татарча/tatarça: Франция
chiTumbuka: France
Twi: France
reo tahiti: Farāni
тыва дыл: Франция
удмурт: Франция
ئۇيغۇرچە / Uyghurche: فرانسىيە
українська: Франція
اردو: فرانس
oʻzbekcha/ўзбекча: Fransiya
vèneto: Fransa
vepsän kel’: Francii
Tiếng Việt: Pháp
West-Vlams: Vrankryk
Volapük: Fransän
walon: France
Winaray: Fransya
Wolof: Faraas
吴语: 法国
მარგალური: საფრანგეთი
ייִדיש: פראנקרייך
Yorùbá: Fránsì
Vahcuengh: Fazgoz
Zeêuws: Frankriek
中文: 法国
文言: 法國
Bân-lâm-gú: Hoat-kok
粵語: 法國
isiZulu: IFulansi