Fosfolípido

Fosfolípido.
A membrana celular consiste esencialmente nunha bicapa lipídica de fosfolípidos.

Os fosfolípidos son un tipo de lípidos que son os principais compoñentes das membranas celulares, as cales están constituídas por unha bicapa lipídica. Deben o seu nome a que presentan un grupo fosfato na súa molécula. A maioría dos fosfolípidos conteñen un diacilglicérido, un grupo fosfato, e unha molécula orgánica pequena terminal polar, como a colina; pero hai un grupo deles, os esfingolípidos, como as esfingomielinas, que en lugar do diacilglicérido teñen unha esfingosina unida a un ácido graxo. O primeiro fosfolípido que foi identificado nos tecidos biolóxicos foi a fosfatidilcolina (orixinalmente chamada lecitina) obtida da xema do ovo, por Theodore Nicolas Gobley, un químico e farmacéutico francés, en 1847.

Carácter anfipático

As moléculas anfipáticas ou anfifílicas teñen na súa molécula unha parte hidrófila e outra hidrófoba. Os fosfolípidos son anfipáticos. O grupo de "cabeza" dun fosfolípido é hidrófilo (atrae a auga), e as súas "colas" son hidrofóbicas (repelen a auga). A cabeza hidrofílica contén o grupo fosfato, cargado negativamente a pH celular, e unha molécula polar unida ao fosfato. A cola hidrofóbica xeralmente consiste en longas cadeas hidrocarbonadas de ácido graxo. Cando están na auga os fosfolípidos oriéntanse, xa que as colas hidrófobas tenden a agregarse para non estar en contacto coa auga e as partes hidrófilas establecen pontes de hidróxeno coas moléculas de auga, polo que facilmente se orixinan bicapas lipídicas e micelas, coas colas hidrofóbicas na parte central. Grazas a este carácter anfipático os fosfolípidos son os principais compoñentes das membranas, onde están acompañados doutros lípidos e proteínas.[1]

P-lipid miguelferig.jpg

Como os fosfolípidos son o compoñente principal das membranas, estas poden describirse polo modelo de mosaico fluído, no que estes actúan como o solvente para as demais substancias da membrana, e todos os compoñentes teñen unha grande mobilidade na membrana, polo que poden difundir lateralmente e mesmo cambiar de capa na membrana. Outro dos compoñentes da membrana é o colesterol, que contribúe a manter a fluidez da membrana ao empecer o empaquetamento dos fosfolípidos.

Other Languages
العربية: دهن فسفوري
български: Фосфолипид
bosanski: Fosfolipid
català: Fosfolípid
čeština: Fosfolipid
dansk: Fosfolipid
Deutsch: Phospholipide
Ελληνικά: Φωσφολιπίδια
English: Phospholipid
español: Fosfolípido
euskara: Fosfolipido
فارسی: فسفولیپید
français: Phospholipide
Gaeilge: Fosfailipid
hrvatski: Fosfolipidi
Bahasa Indonesia: Fosfolipid
íslenska: Fosfólípíð
italiano: Fosfolipide
日本語: リン脂質
Basa Jawa: Fosfolipid
한국어: 인지질
Lëtzebuergesch: Phospholipid
lumbaart: Fosfolipid
lietuvių: Fosfolipidai
latviešu: Fosfolipīdi
македонски: Фосфолипид
Nederlands: Fosfolipide
norsk nynorsk: Fosfolipid
norsk: Fosfolipid
polski: Fosfolipidy
português: Fosfolípido
română: Fosfolipidă
русский: Фосфолипиды
srpskohrvatski / српскохрватски: Fosfolipid
Simple English: Phospholipid
slovenčina: Fosfolipid
slovenščina: Fosfolipid
српски / srpski: Fosfolipid
svenska: Fosfolipid
Türkçe: Fosfolipit
українська: Фосфоліпіди
Tiếng Việt: Phospholipid
中文: 磷脂