Forte de San Cristovo

Entrada do forte de Afonso XII ou de San Cristovo.

O Forte de Afonso XII ou de San Cristovo (en éuscaro: San Kristobal gotorlekua) é unha fortaleza militar no monte Ezkaba próxima á cidade de Pamplona (capital de Navarra) construída a finais do século XIX e principios do XX.

O nome oficial é o do rei Afonso XII, pois realizouse baixo o seu reinado como consta na porta de entrada. Con todo, é máis coñecido polo nome dos edificios que lle precederon, que foron unha ermida cun castelo no século XIII e posteriormente no século XVI, unha basílica dedicados ao santo.

Construción

Cara posterior do forte.

Decidiuse realizalo despois da última guerra carlista tras comprobar a vulnerabilidade da cidade de Pamplona ante as modernas pezas artilleiras colocadas no alto do monte.

Esta fortaleza foi proxectada polo coronel de enxeñeiros Miguel Ortega e dirixida polo comandante de enxeñeiros José de Luna. As obras prolongáronse desde 1878 até 1919. Realizouse tras voar o cumio do monte e así poder escavar cara o seu interior. Son tres pisos que non se poden apreciar desde o exterior. Os seus muros ademais están cubertos por dous metros de terra que o protexen e fai que sexa imposible imaxinar a súa arquitectura interior. Atópase rodeada por un extenso foso que impide o acceso dun hipotético ataque da infantería.

Ten unha extensión de 615.000 m² de terreo, dos cales 180.000 m² son de fortaleza.