Forca

  • Este artigo trata sobre un método de axustizamento, para o apeiro agrícola véxase forcada.
Forcas e vítimas

Forca é a denominación que se dá a un conxunto de tres paus ou vigas, dous fincados na terra e un terceiro enriba destes trabando ambos os dous, no que se daba morte, por medio do aforcamento, é dicir, colgados polo colo, aos condenados a tal pena, e en ocasións aos axustizados pola turbamulta sen seren nin tan sequera condenados[Cómpre referencia].

Por extensión, denomínase tamén forca ao método de execución, homicidio ou suicidio consistente en pendurar unha persoa tras arrodearlle o colo cun lazo. Tamén se denomina forca ao pau que atravesado con outro servía para suxeitar polo colo o condenado e pasealo, para escarmento, polas rúas.

Panfleto de autor anónimo (1641) — "A vergoñenta fin de John Atherton".

O aforcamento ou morte por forca foi un método empregado durante séculos como forma de aplicación da pena capital. Actualmente ten status de legalidade en dous dos estados de Estados Unidos aínda que hai anos que non se aplica; tamén é legal en Irán, Malaisia, Singapur, India, Xapón ou Iraq.

  • véxase tamén
Other Languages
Afrikaans: Galg
العربية: مشنقة
asturianu: Forca
български: Бесилка
brezhoneg: Post-kroug
čeština: Šibenice
dansk: Galge
Deutsch: Galgen
Ελληνικά: Αγχόνη
English: Gallows
Esperanto: Pendumilo
español: Horca
eesti: Võllas
euskara: Urkamendi
فارسی: چوبه دار
Frysk: Galge
עברית: גרדום
Հայերեն: Կախաղան
Bahasa Indonesia: Tiang gantungan
日本語: 絞首台
Basa Jawa: Saka gantung
한국어: 교수대
Lëtzebuergesch: Gaalgen
Nederlands: Galg
norsk nynorsk: Galge
norsk: Galge
polski: Szubienica
Runa Simi: Runa warkhuna
русский: Виселица
slovenščina: Vislice
Türkçe: Darağacı
українська: Шибениця