Foraminíferos

Foraminíferos
Rango fósil: Precámbrico - Recente
Live Ammonia tepida (Rotaliida)
Live Ammonia tepida (Rotaliida)
Clasificación científica
Dominio:Eukaryota
Reino:Rhizaria
Superfilo:Retaria
Filo:Foraminifera
d'Orbigny, 1826
Ordes

Allogromiida
Carterinida
Fusulinida- extinguida
Globigerinida
Involutinida - extinguida
Lagenida
Miliolida
Robertinida
Rotaliida
Silicoloculinida
Spirillinida
Textulariida
incertae sedis
   Xenophyophorea
   Reticulomyxa

Os foraminíferos ou Foraminifera ("que levan buracos") son un gran filo de protistas ameboides. Están entre as especies máis comúns do plancto mariño. Presentan pseudópodos reticulados, formados por finos cordóns de citoplasma que se ramifican e se fusionan formando unha rede dinámica.[1] Producen tipicamente unha testa ou cuncha, que pode ter unha ou múltiples cámaras, algunhas das cales teñen unha estrutura moi elaborada e son importantes na súa clasificación.[2] Estas cunchas están feitas de carbonato de calcio (CaCO3) ou partículas de sedimentos aglutinadas. Existen unhas 10.555 especies recoñecidas, tanto vivas coma fósiles[3]. O seu tamaño é xeralmente menor de 1 mm, pero algúns son máis longos, e a especie máis grande mide 20 cm.[4]

Relacións taxonómicas

Os Foraminifera foran incluídos no grupo dos Protozoa,[5][6][7] ou no reino Protoctista ou Protista.[8][9] A posición taxonómica de Foraminifera variou moito desde que foran recoñecidos como protozoos (protistas) por Schultze en 1854,[10] xeralmente tratándoos como orde, pero ás veces como clase. Leoblich e Tappan (1992) [11] redefiniron Foraminifera como clase no Treatise on Invertebrate Paleontology, onde están agora situados. Algúns taxonomistas colocan aos Foraminifera nun filo propio, coa mesma categoría ca os Sarcodina ameboides, onde foran antes situados.

Hoxe hai fortes evidencias, principalmente de filoxenia molecular, de que pertencen ao grupo de protozoos denominado Rhizaria.[5] Antes de que se recoñecesen as súas relacións evolutivas cos membros de Rhizaria, os foraminíferos estaban agrupados con outros grupos ameboides do filo Rhizopodea (ou Sarcodina) na clase dos Granuloreticulosa. Esta taxonomía baseada na morfoloxía aínda se usa hoxe.

O nivel taxonómico de Rhizaria é tamén problemático. Cavalier-Smith define Rhizaria como un infrarreino dentro do reino Protozoa.[5]

Os datos moleculares, aínda que non están apoiados en correlacións morfolóxicas, suxiren fortemente que os Foraminifera están estreitamente relacionados cos Cercozoa e Radiolaria, grupos que inclúen ambos formas ameboides con cunchas complexas. Estes tres grupos (Foraminifera, Cercozoa e Radiolaria) constitúen o grupo dos Rhizaria.[6] Porén, o parentesco exacto entre os foraminíferos e os outros grupos non está de todo claro.

Other Languages
Afrikaans: Foraminifera
العربية: منخربات
беларуская: Фарамініферы
български: Фораминифери
català: Foraminífers
čeština: Dírkonošci
Deutsch: Foraminiferen
Ελληνικά: Τρηματοφόρα
English: Foraminifera
Esperanto: Foraminifero
español: Foraminifera
euskara: Foraminifero
français: Foraminifera
עברית: חוריריות
hrvatski: Krednjaci
interlingua: Foraminifera
Bahasa Indonesia: Foraminifera
íslenska: Götungar
italiano: Foraminifera
日本語: 有孔虫
Basa Jawa: Foraminifera
한국어: 유공충
Latina: Foraminifera
latviešu: Foraminīferas
Bahasa Melayu: Foraminifera
Plattdüütsch: Foraminifera
Nederlands: Foraminifera
norsk: Poredyr
polski: Otwornice
Piemontèis: Foraminìfer
português: Foraminifera
română: Foraminifer
русский: Фораминиферы
srpskohrvatski / српскохрватски: Krednjaci
Simple English: Foraminifera
slovenčina: Dierkavce
српски / srpski: Фораминифере
svenska: Foraminiferer
Tagalog: Foraminifera
Türkçe: Delikliler
українська: Форамініфери
Tiếng Việt: Trùng lỗ
Winaray: Foraminifera
中文: 有孔蟲門