Flysch

Flysch nos Cárpatos.

O flysch é unha secuencia de rochas sedimentarias que se depositou nunha facies mariña profunda na conca antepaís dun oróxeno (cadea montañosa) en formación. O flysch deposítase tipicamente durante os estadios temperáns das oroxéneses. Cando evoluciona o oróxeno, a conca antepaís faise menos profunda e deposítanse molasas na parte superior do flysch. Por esta razón, denomínase sedimento sinoroxénico, é dicir, depositado ao mesmo tempo que se formaba a cadea montañosa. O nome flysch procede dunha voz do idioma alemán.

Propiedades sedimentolóxicas

O flysch consta de ciclos sedimentarios repetidos nos que os sedimentos se fan máis finos cara ás capas superiores. No fondo de cada ciclo aparecen ás veces conglomerados grosos ou brechas, que evolucionan gradualmente cara ás capas superiores a arenitos e lousas/lutitas. O flysch normalmente consiste nunha secuencia de lousas ritmicamente intercaladas con arenitos finos, grosos e de tipo grauvaca. Tipicamente as lousas non conteñen moitos fósiles, e os arenitos máis grosos a miúdo teñen fraccións de micas e glauconita.

O flysch fórmase en condicións mariñas profundas, nun ambiente deposicional tranquilo de baixa enerxía. As capas de gran máis groso (que requiren maior enerxía) son resultado de distorsións desas circunstancias tranquilas, causadas por fluxos de tipo pulsante de transporte en masa desde a cuña acrecional oroxénica en formación. En moitos casos os transportes en masa están representados no rexistro por turbiditas.

Other Languages
aragonés: Flysch
català: Flysch
čeština: Flyš
Deutsch: Flysch
Ελληνικά: Φλύσχης
English: Flysch
Esperanto: Fliŝo
español: Flysch
euskara: Flysch
فارسی: فلیش
français: Flysch
hrvatski: Fliš
magyar: Flis
italiano: Flysch
ქართული: ფლიში
Nederlands: Flysch
norsk nynorsk: Flysch
română: Fliș
srpskohrvatski / српскохрватски: Fliš
slovenčina: Flyš
slovenščina: Fliš
shqip: Flishi
српски / srpski: Флиш
svenska: Flysch
українська: Фліш
oʻzbekcha/ўзбекча: Flish