Florida, Estados Unidos de América

Florida
State of Florida
Bandeira de FloridaSelo de Florida
BandeiraSelo
Lema: Everglade State; Sunshine State
Mapa dos EUA coa Florida en destaque
Outros Estados dos EUA
Datos xerais
CapitalTallahassee
Maior cidadeJacksonville
GobernadorRick Scott
Lingua oficial:Inglés
Área170 451 km² (22)
 - Terra137 374 km²
 - Auga30 486 km² (17,9%)
Poboación (2000)
 - Poboación15 982 378 (4)
 - Densidade114,43 /km² (8)
Entrada na Unión
 - Data3 de marzo de 1845
 - Orde27º
Xeografía
Fuso horarioAtlántico: UTC-5/-4

Central: UTC-6/-5

Latitude24°30'N - 31°N
Lonxitude79°48'O - 87°38'O
Largo N-S800 km
Ancho E-O260 km
Altitude
 - Altitude media30 m
 - Máis elevado105 m
 - Menos elevado0 m
Códigos e abreviacións
 - USPSFL
 - ISO 3166-2US-FL
Sitio web
www.myflorida.com

Florida é un estado da rexión Sur dos Estados Unidos, o máis meridional dos 48 estados nos Estados Unidos continental. Limita, ao norte con Alabama e Xeorxia e ao sur co Estreito de Florida, polo cal fai fronteira con Cuba e Bahamas.

Florida foi inicialmente explorada e colonizada por España. Os españois descubriron Florida na estación da Pascua, que se chama Pascua Florida en castelán, de aí o nome do estado. Florida foi controlada polos españois ata 1819, cando foi anexionada polos Estados Unidos.

Historia

Anteriormente á exploración e colonización europea, os nativos indíxenas como os calusa e os tequesta xa vivían na rexión, tendo habitado a rexión por varios milleiros de anos. Adicábanse á pesca e maila caza. Os apechee facían uso da agricultura para alimentación.

O primeiro europeo en explorar a rexión foi Ponce de León, que desembarcou en Florida en 1513, algúns días despois do Venres Santo. Algúns historiadores din que León procuraba unha suposta "fonte da xuventude", nunha illa chamada Bimini, que supostamente estaría localizada ao norte de Cuba. León inmediatamente reivindicou as terras en nome da Coroa española, e nomeou a rexión como La Florida, en honra á Pascua Florida. El inmediatamente volveu para a España. A corte española enviou a León novamente á Florida para iniciar a colonización da rexión, mais morreu nunha batalla contra nativos calusas.

Posteriormente, en 1528, o español Pánfilo de Narváez liderou unha expedición, composta por algunhas centenas de soldados, no sur de Florida. Narváez procuraba riquezas, tales como metais preciosos. Mais as loitas constantes contra nativos indíxenas, doenzas, fame e tempestades finalmente mataron todos os membros da expedición. En 1539, o español Hernando de Soto desembarcou na actual Baía de Tampa e, desde alí, liderou unha expedición polo sur dos Estados Unidos, sendo o primeiro europeo en chegar ao río Mississippi en 1541.

Vista das cinco bandeiras que están alzadas en St. Augustine -o asentamento europeo nos Estados Unidos continental máis antigo da historia do país- desde 1865: A bandeira dos Estados Unidos de América, a bandeira dos Estados Confederados de América, a bandeira da España, a bandeira do Reino Unido e a Cruz de Burgundia, símbolo real do Rei de Filipe I de Castela.

Os españois pasaron a iniciar seriamente a colonización de Florida en torno á década de 1560, ao saberen que franceses protestantes (chamados de hugonotes) fundaran un asentamento próximo á actual Jacksonville. Soldados españois liderados polo capitán Pedro Hernández de Avilés fundaron un asentamento chamado Santo Augustine, o primeiro asentamento europeo permanente no actual territorio dos Estados Unidos de América. Os españois destruíron as forzas francesas, e os colonos franceses remanecestes foron obrigados a recuar.

Nos próximos 200 anos os españois colonizaron escasamente a rexión, facéndoo só por mor da súa localización estratéxica e como fonte de materias primas básicas para España e mailas súas colonias, unha vez que non dispuña de riquezas cobizadas polos españois. Estes tentarían tamén asimilar os nativos indíxenas á cultura europea. Os franceses continuarían a colonizar terras á oeste de Florida, a través da colonia de Luisiana, entón parte da Nova Francia. Mentres tanto, os ingleses e as súas 13 colonias prosperaban e medraban, logo ao norte de Florida e á leste da Nova Francia. Co comezo da guerra franco-indíxena, a mediados da década de 1750, entre os franceses e os británicos, España decidiu aliarse con Francia. Porén, en 1762, os ingleses tomaron Cuba, que entón, prosperaba como unha gran produtora de cana de azúcar. No ano seguinte, co fin da guerra, os españois, no Tratado de París, decidiron ceder Florida para retomar o control de Cuba.

1763 - 1845

O control británico sobre Florida durou 20 anos. Eles dividiron a colonia en dúas, unha chamada Florida Occidental e outra Florida Oriental. Coa Revolución Americana de 1776, os españois aliaronse cos colonos rebeldes contra o Reino Unido. Os españois invadiron Florida Occidental en 1781, e o Reino Unido cedeu toda Florida para a España dous anos despois, ao fin da guerra.

Porén, as relacións entre a España e os recentemente formados Estados Unidos de América logo se deterioraron. Varios asentadores norteamericanos, ben legal ou ilegalmente, pasaron a colonizar a rexión nordeste de Florida. Unha rebelión destes asentadores no 1812 foi extinguida polos españois. No mesmo ano comezou a guerra anglo-americana, entre os Estados Unidos e a Inglaterra. A España ficou neutral durante a guerra, mais permitiu aos británicos o uso do porto de Pensacola, en Florida, o que enfureceu a opinión pública norteamericana. Despois do fin da guerra, os Estados Unidos invadiron Florida dúas veces, a primeira vez en 1814 e a segunda, na primeira guerra de seminole. Polos termos do Tratado de Adams-Onis, realizada en 1819, a España cedía Florida aos Estados Unidos. Moitas persoas pensan erroneamente que os Estados Unidos compraron Florida. De feito, o goberno norteamericano pagou 5 millóns de dólares, mais non ao goberno español, e si, para cidadáns norteamericanos que tiveran propiedades damnificadas por causa da guerra.

Florida pasou oficialmente ao control norteamericano en 1821, tornándose un territorio dos Estados Unidos de América. No ano seguinte, o Congreso norteamericano criou oficialmente o Territorio de Florida, e William Dval tornouse o primeiro gobernador de Florida. Rapidamente, millares de asentadores comezaron a instalarse na rexión, grazas ás súas óptimas condicións climáticas e ao seu chan fértil, que permitía a cultivo de varios produtos agrícolas difíciles de cultivarse noutros estados, tales como algodón, por exemplo, onde escravos facían todo o traballo pesado. A economía do territorio prosperou.

Este rápido asentamento norteamericano encontrou eventualmente un obstáculo: os nativos indíxenas. Os nativos seminole vivían nas áreas cuxo solo era o máis fértil do país. O goberno norteamericano ofreceu aos seminole terras localizadas á oeste do río Mississippi, e algúns aceptaron a oferta do goberno norteamericano, mentres outros recusaron sair da rexión, desencadeando así a segunda guerra de seminole, que ocorreu entre 1835 a 1842, cando os seminoles foron derrotados e forzados a se mudaren para reservas indíxenas nos remotos territorios do oeste norteamericano. Algúns destes indíxenas conseguiron escapar, fuxindo polos pantanos da rexión, continuando a morar no territorio, desta vez, segregados en cidades.

En 1839 Florida pediu ao Congreso norteamericano que fose elevado ao rango de estado, como un estado escravista. A Unión, querendo un equilibrio entre o número de estados abolicionistas e de estados escravistas, esperou ata 3 de marzo de 1845, cando Florida se converteu oficialmente nun estado dos Estados Unidos de América. Ao ano seguinte, Iowa tamén foi elevado á categoría de estado, como un estado abolicionista.

1845 - 1870

En 1860 foi elixido presidente dos Estados Unidos de América o abolicionista Abraham Lincoln. Florida e outros estados escravistas, cuxas economías dependían do traballo escravo, decidiron saír da Unión e formar un novo país, os Estados Confederados de América. O 10 de xaneiro de 1861, Florida anunciou oficialmente a súa secesión da Unión, logo xuntándose á Confederación. A Guerra de Secesión axiña comezaría.

Florida, gran produtora de algodón, era unha das principais fontes de renda da Confederación, pois as industrias téxtiles de varios países europeos como a Francia e a Inglaterra dependían do algodón norteamericano, e a gran maioría deste era producido en Florida. Porén, a Unión efectuou un inmediato bloqueo por mar do estado, así impedindo a calquera embarcación de ir ou saír de augas pertencentes á Confederación. Alén diso, a través de sucesivas invasións por mar, a Unión tomou o control de varias cidades costeiras de Florida e dos seus centros portuarios. Porén, o interior de Florida aínda permanecería baixo control confederado, especialmente despois da Batalla de Olustee, realizada en 20 de febreiro de 1864, sendo a única gran batalla da guerra realizada no estado, onde tropas confederadas tiveran vitoria contra forzas unionistas. Na Batalla de Natural Bridge, os confederados conseguiron defender con suceso a capital do estado, Tallahasee. Esta e Austin, a capital do Texas, foron as únicas capitais de estado confederado que non foron capturadas pola Unión ata o fin da guerra.

Despois do fin da guerra, en xuño de 1865, todos os estados da confederación, incluíndo Florida, foron ocupadas por forzas norteamericanas, baixo a categoría de estados. Florida, para ser readmitida novamente como estado da Unión, aboliu oficialmente a escravitude, en 1866, e en 1868, o goberno de Florida garantiu dereitos civís a todos cidadáns, así sendo readmitida á Unión no mesmo ano.

1870 - 1950

As décadas de 1880 e 1890 foron de gran prosperidade para Florida; descubríronse grandes depósitos de fosfato, parte dos grandes pantanos localizados no estado foron drenados (aínda que moitos continúen intactos ata hoxe) e unha gran malla ferroviaria foi construída ao longo do estado. Alén diso, varios facendeiros da rexión notaron que as condicións climáticas e do solo da rexión favorecían o cultivo da laranxa, entón unha froita cuxa demanda estaba en crecemento no país. A laranxa foi cultivada en grandes números, a tal punto que o estado foi ao longo da primeira metade do século XX a maior produtora de laranxa do mundo. Alén diso, o clima suave e a xeografía da rexión, con varias praias, atraeu favoreceu o crecemento do turismo, e escomezaronse a construír gran cantidade de hoteis. O estado tornouse un dos principais pólos turísticos do país.

En 1906, os pantanos en torno de Fort Lauderdale foron drenados, dando espazo para o cultivo de plantacións e a expansión da cidade, especialmente a construción de hoteis. O sector inmobiliario do estado, considerado unha máquina de xerar diñeiro no país, atraeu varios investidores inmobiliarios, aínda na década de 1900. A poboación do estado medrou drasticamente nas próximas dúas décadas.

Este período de gran desenvolvemento económico acabou repentinamente en 1926. Unha gran depresión económica atinxiu o estado, causando caída de empresas e desemprego. No mesmo ano e en 1928, dous furacáns alcanzaron o estado, matando varias centenas de persoas. A pesar de que a economía do estado se recuperara parcialmente de 1926 a 1928, en 1929, a Gran Depresión colleu en cheo todo o país, quebrando a xa fráxil e debilitada economía do estado. Varias medidas tomadas a nivel federal, gobernamental, municipal e privado axudaron a combater os efectos das depresións económicas. Foron construídas fábricas de papel e á delimitación de reservas forestais. O estado e o país proveron centenas de postos de traballo nos sectores de construción e de minas, e axudaron os facendeiros a pagaren as súas débedas. A economía do estado recuperarase en gran parte en 1942, cando os Estados Unidos entraron oficialmente na segunda guerra mundial, mesmo coa ocorrencia de dous grandes furacáns que devastaron moito do estado en 1935 e en 1941.

Ao longo da segunda guerra mundial, Florida, pola súa localización próxima ao Canal do Panamá e do Océano Atlántico, tornou o estado vital, de grande importancia estratéxica, para a defensa do Hemisferio Occidental. Varias bases aéreas, navais e terrestres foron construídas no estado.

1950 - 1970

A localización meridional do estado propicia o lanzamento de foguetes. Aquí, lanzamento do transbordador espacial Discovery.

Despois do fin da guerra, a poboación de Florida novamente entrou nun período de gran crecemento. O turismo tornouse a principal fonte de renda do estado, Florida continuaba a ser a maior produtora de laranxas do mundo, e a crecente industria de manufactura, especialmente na fabricación de produtos químicos, electrónicos e navíos, tornaron a economía do estado forte e altamente diversificada. A poboación do estado pasou a medrar de novo dabondo, grazas ao desempeño da economía estatal e do desenvolvemento do sistema viario e da tecnoloxía da refrixeración, así, atraendo habitantes do norte en dirección ao sur.

Dado a ser o estado máis próximo da liña do Ecuador, Florida tornouse o centro de lanzamentos de foguetes dos Estados Unidos. O Cabo Canaveral, o punto máis meridional dos Estados Unidos continental, foi escollido como base de lanzamentos de foguetes da NASA. Realizáronse varios lanzamentos de proba entre 1949 ata 1957. Entre os lanzamentos salientables están o lanzamento do primeiro satélite artificial norteamericano en 1958, o primeiro voo espacial cun tripulante a bordo en 1961, e o primeiro voo espacial levando astronautas á lúa, na famosa misión Apolo XI, en 1969. Xa na década de 1960, Cuba pasou a ser un país comunista. Bastantes cubanos fuxiron do país, instalándose principalmente en Miami.

Como en varios estados norteamericanos, especialmente nos estados suristas, Florida era un estado altamente segregacionista. En 1954, o Tribunal Supremo dos Estados Unidos xulgou inconstitucional a segregación de estudantes brancos e negros en escolas públicas. Á época, Florida non permitía que estudantes brancos e negros estudasen nunha mesma escola. O proceso de integración educativo foi moi lento, tendo terminado apenas no comezo da década de 1970.

No fin da década de 1960, Florida iniciou un plano co obxectivo de expandir o sistema de educación superior estatal, para atender ás futuras demandas da industria aeroespacial. Catro universidades públicas, 15 novas facultades públicas e varias institucións de educación superior privadas foron construídas. No inicio da década de 1970, outra facultade e unha nova universidade foron inauguradas no estado.

1970 - 2000

A poboación de Florida continuou a medrar moito durante a década de 1970: entre 1970 e 1980, a poboación do estado medrou en torno ao 44%. O crecemento diminuíu entre 1980 e 1990, mais aínda así permaneceu alta, 33%. En 1971, a Walt Disney World Entertainment Center foi construída próxima en Orlando, o que estimulou bastante o crecemento da cidade, tornándoa o centro de maior crecemento económico do estado durante a próxima década. Entre 1980 e 1986, o número de empregos no estado creceu en torno de 25%, nos sectores de manufacturación, electrónicos, turismo e finanzas. O notable fortalecemento do sector financeiro no estado tornou a súa economía aínda máis diversificada.

Porén, o gran desenvolvemento da poboación, xerada en gran parte pola migración de puerto riqueños e pola inmigración legal e ilegal de cubanos, haitianos e outros hispanos, trouxo varios problemas ao estado. Entre 1970 e 2000, máis de cen mil cubanos e haitianos inmigraron. Moitos destes non posuían educación adecuada, e a gran maioría deles pasaron a vivir na pobreza no país, causando problemas en sectores públicos e privados como na educación, saúde e abastecemento sanitario.

A drenaxe de pantanos, construción de canais e o desvío de curso de ríos pasaron a atopar maior resistencia por parte de conservadores naturais. En 1960, un canal foi construído para reducir o curso do Río Kisimmee ao lago Okeechobee. Isto, porén, aumentou a carga de algas microscópicas transportadas polo río, así, ameazando todo o ecosistema do lago. En 1983, o goberno do estado decidiu retomar o río Kisimmee ao seu antigo curso. As obras tiveron inicio en 1989, e están planeadas para terminaren no 2010.

Entre 1982 e 1985, moitas das plantacións de laranxa do estado destruíronse por saraibas e pestes como fungos e gafañotos, Florida perdeu o posto de maior produtora de laranxas do mundo para o estado brasileiro de Estado de San Paulo. Mesmo así, o estado continua a ser a maior produtora de laranxas na América do Norte, e a segunda maior produtora de laranxas do mundo.

A década de 1990 estivo marcada por unha serie de desastres naturais. En 1992, o Furacán Andrew abateuse sobre o estado. Un dos maiores desastres naturais dos Estados Unidos, o furacán Andrew matou 54 persoas, deixou 250 mil desabrigadas e causou preto de 22.000 millóns de dólares en prexuízos. En 1998, nun dos maiores incendios forestais da historia dos Estados Unidos, aproximadamente 200 mil hectáreas de floristas, facendas e mesmo algunhas áreas urbanas foron destruídas. Cerca de 370 casas e predios foron destruídos, e foron necesarios a axuda de bombeiros vidos de 46 estados norteamericanos para extinguir definitivamente estes incendios.

En 2000, Florida tornouse foco das eleccións presidenciais norteamericanas de 2000. Foi aquí onde se decidiu o presidente norteamericano, o republicano George W. Bush. O outro candidato era o demócrata Al Gore.

No verán de 2004 Florida novamente foi abatida por unha serie de furacáns, dos cales o máis devastador foi o Furacán Ivan. Esta serie de furacáns abalou seriamente a industria do turismo do estado, e causou miles de millóns de dólares en prexuízos e danos, alén da morte de varias decenas de persoas.

Other Languages
Afrikaans: Florida
Alemannisch: Florida
አማርኛ: ፍሎሪዳ
aragonés: Florida
Ænglisc: Florida
العربية: فلوريدا
مصرى: فلوريدا
asturianu: Florida
Aymar aru: Florida suyu
azərbaycanca: Florida
башҡортса: Флорида
Boarisch: Florida
žemaitėška: Fluorėda
Bikol Central: Florida
беларуская: Фларыда (штат)
беларуская (тарашкевіца)‎: Флорыда
български: Флорида
भोजपुरी: फ्लोरिडा
Bislama: Florida
বাংলা: ফ্লোরিডা
বিষ্ণুপ্রিয়া মণিপুরী: ফ্লোরিডা
brezhoneg: Florida
bosanski: Florida
буряад: Флорида
català: Florida
Chavacano de Zamboanga: Florida
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Florida
нохчийн: Флорида
Cebuano: Florida
کوردی: فلۆریدا
corsu: Florida
čeština: Florida
Чӑвашла: Флорида
Cymraeg: Florida
dansk: Florida
Deutsch: Florida
Zazaki: Florida
Ελληνικά: Φλόριντα
emiliàn e rumagnòl: Flòrida
English: Florida
Esperanto: Florido
español: Florida
eesti: Florida
euskara: Florida
فارسی: فلوریدا
suomi: Florida
føroyskt: Florida
français: Floride
arpetan: Florida
Nordfriisk: Florida
Frysk: Floarida
Gaeilge: Florida
Gagauz: Florida
Gàidhlig: Florida
Avañe'ẽ: Florida
Gaelg: Florida
客家語/Hak-kâ-ngî: Florida
Hawaiʻi: Pololika
עברית: פלורידה
हिन्दी: फ़्लोरिडा
Fiji Hindi: Florida
hrvatski: Florida
hornjoserbsce: Florida
Kreyòl ayisyen: Florid
magyar: Florida
հայերեն: Ֆլորիդա
interlingua: Florida
Bahasa Indonesia: Florida
Interlingue: Florida
Iñupiak: Florida
Ilokano: Florida
Ido: Florida
íslenska: Flórída
italiano: Florida
ᐃᓄᒃᑎᑐᑦ/inuktitut: ᑉᓘᕇᑖ
日本語: フロリダ州
Basa Jawa: Florida
ქართული: ფლორიდა
Qaraqalpaqsha: Florida
Kabɩyɛ: Floriidii
қазақша: Флорида
ಕನ್ನಡ: ಫ್ಲಾರಿಡ
한국어: 플로리다주
къарачай-малкъар: Флорида
kurdî: Florida
kernowek: Florida
Latina: Florida
Ladino: Florida
Lëtzebuergesch: Florida
лезги: Флорида
Lingua Franca Nova: Florida
Limburgs: Florida
Ligure: Florida
lumbaart: Florida
لۊری شومالی: فئلوریدا
lietuvių: Florida
latviešu: Florida
मैथिली: फ्लोरिडा
Malagasy: Florida
олык марий: Флорида
Māori: Florida
македонски: Флорида
മലയാളം: ഫ്ലോറിഡ
монгол: Флорида
मराठी: फ्लोरिडा
кырык мары: Флорида
Bahasa Melayu: Florida
မြန်မာဘာသာ: ဖလော်ရီဒါပြည်နယ်
مازِرونی: فلوریدا
Dorerin Naoero: Florida
Plattdüütsch: Florida
Nedersaksies: Florida
नेपाली: फ्लोरिडा
नेपाल भाषा: फ्लोरिदा
Nederlands: Florida (staat)
norsk nynorsk: Florida
norsk: Florida
occitan: Florida
Ирон: Флоридæ
ਪੰਜਾਬੀ: ਫ਼ਲੌਰਿਡਾ
Kapampangan: Florida
Papiamentu: Florida
polski: Floryda
Piemontèis: Florida
پنجابی: فلوریڈا
português: Flórida
Runa Simi: Florida suyu
rumantsch: Florida
română: Florida
русский: Флорида
русиньскый: Флоріда
संस्कृतम्: फ्लोरिडा
саха тыла: Флорида
sardu: Flòrida
sicilianu: Florida
Scots: Florida
davvisámegiella: Florida
srpskohrvatski / српскохрватски: Florida
Simple English: Florida
slovenčina: Florida
slovenščina: Florida
chiShona: Florida
Soomaaliga: Florida
shqip: Florida
српски / srpski: Флорида
Seeltersk: Florida
svenska: Florida
Kiswahili: Florida
ślůnski: Florida
தமிழ்: புளோரிடா
తెలుగు: ఫ్లోరిడా
тоҷикӣ: Флорида
Tagalog: Florida
Türkçe: Florida
татарча/tatarça: Флорида (штат)
ئۇيغۇرچە / Uyghurche: Florida Shitati
українська: Флорида
اردو: فلوریڈا
oʻzbekcha/ўзбекча: Florida
vèneto: Florida
Tiếng Việt: Florida
Volapük: Florida
Winaray: Florida
хальмг: Флорида
მარგალური: ფლორიდა
ייִדיש: פלארידע
Yorùbá: Florida
Zeêuws: Florida
Bân-lâm-gú: Florida
isiZulu: Florida