Flor

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Rosa en Galiza
Partes.

A flor (Gl-flor.ogg pronunciación ) (tamén chor en uso literario[1]) é o órgano reprodutivo das plantas chamadas anxiospermas. A función dunha flor é producir sementes a través da reprodución sexual. Para as plantas, as sementes son a próxima xeración, e serven como o principal medio a través do cal os individuos dunha especie se esparexen ó longo da paisaxe. Trala fertilización, a flor transfórmase nun froito que contén as sementes.

Filoxenicamente, a flor é un gomo foliar modificado.O óvulo transfórmase no froito, podendo reter, ou non, outras partes da flor. Os óvulos contidos no óvulo transformaranse nas sementes.

Partes da flor

Diagrama esquemático que amosa as partes da flor. 1: Receptáculo, 2: sépalos, 3: pétalos, 4: estames, 5: pistilo.

Verticilos

Os verticilos son conxuntos de tres ou máis órganos (follas, pólas...) que brotan dun talo no mesmo nivel.

  • Cáliz: o cáliz é o verticilo externo nas flores que teñen o perianto composto por dúas clases de pezas (heteroclamídeo). Componse de sépalos, que son follas florais estériles, xeralmente verdes e de consistencia herbácea. Ten función protectora.
    • Sépalos: Están no verticilo máis externo da flor. Son estruturas foliáceas que serven para protexeren o gomo foliar. Xeralmente teñen cor verde aínda que poden asumir calquera cor ou forma.
    • Tépalos: nas flores nas que o perianto non está diferenciado entre cáliz e corola o tépalo é a unidade de estes. Máis concretamente é a parte floral da planta nas magnolias.
  • Corola: a corola é o verticilo interior da flor, formado polos pétalos:
    • Pétalos: O pétalo é unha folla floral modificada, normalmente son moi vistosos e coloreados como resultado da presenza de múltiples pigmentos (flavonoides).

Androceo

O androceo corresponde a estrutura reprodutora masculina da flor, e está formado polos estames.

  • Estames: os estames son órganos florais masculinos, produtores dos grans de pole. O estame típico consiste nunha antera pendurada no extremo dun pedículo. A súa función é variada e pode ter que ver coa produción de néctar ou coa función rechamante que adoitan cumprir os pétalos.
  • Anteras: a antera é a parte na que remata un estame.

Xineceo

O xineceo corresponde a estrutura reprodutora feminina da flor, e está formado polo conxunto dos pistilos.

  • Ovario: o ovario é a parte do xineceo que contén os óvulos a fecundar, e está formado por unha ou máis follas modificadas chamadas carpelos.
    • Óvulos: Órgano da planta que contén o saco embrionario ou oosfera (gameto feminino).
  • Carpelos: os carpelos son follas modificadas que conforman a unidade básica do xineceo.
  • Estilo: O estilo é unha prolongación do ovario, a final do cal está o estigma. O estilo non contén óvulos, estos só se atopan no ovario. O estilo pode ser oco ou sólido.
  • Estigma: o estigma é a parte do xineceo que recibe o pole durante a polinización, xeralmente descansa sobre o estilo.
Other Languages
Afrikaans: Blom
Alemannisch: Blüte
አማርኛ: አበባ
aragonés: Flor
العربية: زهرة (نبات)
ܐܪܡܝܐ: ܗܒܒܐ
অসমীয়া: ফুল
asturianu: Flor
Aymar aru: Panqara
azərbaycanca: Çiçək
башҡортса: Сәскә
Boarisch: Bliah
žemaitėška: Žėids
беларуская: Кветка
беларуская (тарашкевіца)‎: Кветка
български: Цвят (ботаника)
भोजपुरी: फूल
Bislama: Flaoa
Bahasa Banjar: Kambang
বাংলা: ফুল
བོད་ཡིག: མེ་ཏོག
brezhoneg: Bleuñv
bosanski: Cvijet
буряад: Сэсэг
català: Flor
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Huă
کوردی: گوڵ
čeština: Květ
kaszëbsczi: Kwiat
Чӑвашла: Чечек
Cymraeg: Blodeuyn
dansk: Blomst
Deutsch: Blüte
डोटेली: फूल
Ελληνικά: Άνθος
English: Flower
Esperanto: Floro
español: Flor
eesti: Õis
euskara: Lore
فارسی: گل
suomi: Kukka
français: Fleur
Nordfriisk: Bloos
Frysk: Blom
贛語:
Gàidhlig: Blàth
Avañe'ẽ: Yvoty
𐌲𐌿𐍄𐌹𐍃𐌺: 𐌱𐌻𐍉𐌼𐌰
ગુજરાતી: ફૂલ
客家語/Hak-kâ-ngî:
עברית: פרח
हिन्दी: पुष्प
hrvatski: Cvijet
hornjoserbsce: Kćenje
Kreyòl ayisyen: Flè
հայերեն: Ծաղիկ
Bahasa Indonesia: Bunga
Igbo: Ìfulū
Ilokano: Sabong
Ido: Floro
íslenska: Blóm
italiano: Fiore
ᐃᓄᒃᑎᑐᑦ/inuktitut: ᐱᕈᖅᑐᓴᔭᖅ/piruqtusajaq
日本語:
Patois: Flowaz
Basa Jawa: Kembang
ქართული: ყვავილი
қазақша: Гүл
ភាសាខ្មែរ: ផ្កា
ಕನ್ನಡ: ಹೂವು
한국어:
kurdî: Kulîlk
Кыргызча: Гүл
Latina: Flos
Lëtzebuergesch: Bléi
лакку: ТӀутӀи
лезги: Цуьк
Luganda: Ekimuli
Limburgs: Bloom (plantj)
lumbaart: Fiùr
lingála: Lómbé
lietuvių: Žiedas
latviešu: Zieds
मैथिली: फूल
олык марий: Пеледыш (кушкыл)
македонски: Цвет
മലയാളം: പൂവ്
मराठी: फूल
кырык мары: Пеледӹш
Bahasa Melayu: Bunga
Mirandés: Frol
မြန်မာဘာသာ: ပန်း
مازِرونی: گال
Nāhuatl: Xochitl
Plattdüütsch: Blöte
Nedersaksies: Bloeme
नेपाली: फूल
नेपाल भाषा: स्वां
Nederlands: Bloem (plant)
norsk nynorsk: Blome
norsk: Blomst
occitan: Flor
ଓଡ଼ିଆ: ଫୁଲ
ਪੰਜਾਬੀ: ਫੁੱਲ
Deitsch: Blumm
polski: Kwiat
پنجابی: پھل
پښتو: گل
português: Flor
Runa Simi: Tuktu
română: Floare
armãneashti: Lilici
русский: Цветок
संस्कृतम्: पुष्पाणि
саха тыла: Чэчик
ᱥᱟᱱᱛᱟᱲᱤ: ᱵᱟᱦᱟ
sicilianu: Ciuri
Scots: Flouer
سنڌي: گل
srpskohrvatski / српскохрватски: Cvijet
සිංහල: මල්
Simple English: Flower
slovenčina: Kvet
slovenščina: Cvet
chiShona: Ruva
Soomaaliga: Ubax
shqip: Lulja
српски / srpski: Цвет
Basa Sunda: Kembang
svenska: Blomma
Kiswahili: Ua
தமிழ்: மலர்
తెలుగు: పుష్పము
тоҷикӣ: Гул
ไทย: ดอก
Tagalog: Bulaklak
Türkçe: Çiçek
удмурт: Сяська
ئۇيغۇرچە / Uyghurche: گۈل
українська: Квітка
اردو: پھول
oʻzbekcha/ўзбекча: Gul
vèneto: Fior
vepsän kel’: Änik
Tiếng Việt: Hoa
Winaray: Bukád
吴语:
isiXhosa: Intyatyambo
მარგალური: პეული
ייִדיש: בלום
Vahcuengh: Va
中文:
Bân-lâm-gú: Hoe
粵語: