Flamengo

O nome flamengo aplícase a varias especies de aves gregarias que forman por elas mesmas a orde das Phoenicopteriformes, familia Phoenicopteridae. Viven nos hemisferios oeste e leste, sendo máis numerosas neste último: das seis (segundo algúns ornitólogos cinco) especies da familia catro son americanas. A cor máis ou menos rosada da plumaxe e o peteiro e a lingua altamente especializados son características distintivas de tódalas especies da familia. A beira do bico ten unha estrutura de láminas que forman coa lingua un aparato de filtrado que lles serve para atrapar o plancto que nada na auga.

Sistematica

Especies

Especies distribución xeográfica
Flamengo rosa ou grande (P. roseus) partes de África, S. de Europa e S. e SO. de Asia (A especie máis espallada).
Flamengo menor (P. minor) De África o NO da India (o máis numeroso).
Flamengo de Chile (P. chilensis) Áreas temperadas do sur de Sudamérica.
Flamengo de James (P. jamesi) Altos Andes en Perú, Chile, Bolivia, Ecuador e Arxentina.
Flamengo dos Andes (P. andinus) Zonas altas dos Andes en Perú, Chile, Bolivia e Arxentina.
Flamengo do Caribe (P. ruber) Illas do Caribe e illas Galápagos.

Evolución

Flamengos menores no cráter do Ngorongoro., Tanzania
Flamengos dos Andes na Lagoa Colorada, Bolivia.

A familia, xa extinta, dos Palaelodidae formada por unha especie de flamengos nadadores, considerouse a orixe dos actuais flamengos, teoría hoxe rexeitada, pola presenza dun fósil do xénero Elornis, que sería xa a mostra da existencia de flamengos auténticos (Phoenicopteridae), e que se remontaría ó Eoceno tardío, sendo anterior as mostras recollidas da familia Palaelodidae. Hai unha grande variedade de especies fósiles do Cretáceo e posteriores que se consideran en ocasións antecedentes dos flamengos: Torotix, Parascaniornis, Scaniornis, Gallornis, Agnopterus, Tiliornis, Juncitarsus e Kashinia; sendo ous dous últimos os únicos que parecen ter unha relación clara coas especies actuais de flamengo. Hai abundantes rexistros fósiles do xénero Phoenicopterus. A sistemática prehistórica do xénero, segundo os fósiles coñecidos, sería:

  • Descoñecido
    • Phoeniconotius (Etadunna Oligoceno/Mioceno Lago Pitikanta, Australia)
  • Palaelodidae
    • Adelalopus (Oligoceno en Hoogbutsel, Bélxica)
    • Palaelodus ( Oligoceno medio -? Plistoceno medio)
    • Megapaloelodus Oligoceno - Plioceno)
  • Phoenicopteridae
    • Elornis (Eoceno medio - Oligoceno) - inclúe Actiornis
    • Phoenicopteridae gen. et sp. indet. (Camacho Mioceno?, de San José, Uruguay)
    • Especies prehistóricas species de Phoenicopterus:
      • Phoenicopterus croizeti (Oligoceno medio - Mioceno medio, de Centroeuropa)
      • Phoenicopterus floridanus (Plioceno de Florida)
      • Phoenicopterus stocki (Plioceno medio, de Rincón, México)
      • Phoenicopterus copei (Plistoceno, do O. de Noreamérica Mexico central)
      • Phoenicopterus minutus (Plistoceno de California)
      • Phoenicopterus aethiopicus

Relacións con outras aves

Tradicionalmente considerouse ós flamengos coma próximos as Ciconiformes, orde na que chegaron a ser incluídos. Os ibis eran considerados os seus parentes máis próximos. Tampouco se exclúe a súa relación coas Anseriformes, sobre todo a causa de que comparten un parasito común, o piollo das plumas, do xénero Anaticola (Johnson et al. 2006). outros científicos colocaron ós flamengos dentro da orde das Caradriformes, considerándoos máis próximos a familia Recurvirostridae.

Os estudos moleculares e anatómicos realizados nos últimos anos deron resultados confusos: Sibley & Monroe colocáronos dentro dunha orde expandida das Ciconiformes. Por outro lado a hipótese sostida dende hai anos por outros investigadores, que sitúa os flamengos máis preto dos mergulladores ( Podicipedidae), cá de calquera outro tipo de aves é obxecto de interese renovado.

Other Languages
العربية: نحام وردي
Aymar aru: Parina
azərbaycanca: Qızılqaz
تۆرکجه: قیزیلقاز
башҡортса: Фламинго
беларуская: Фламінга
беларуская (тарашкевіца)‎: Флямінга
български: Фламинги
brezhoneg: Flammeg
bosanski: Flamingo
čeština: Plameňáci
Deutsch: Flamingos
Zazaki: Flamingo
Ελληνικά: Φλαμίνγκο
English: Flamingo
Esperanto: Flamengo
español: Phoenicopterus
فارسی: فلامینگو
suomi: Flamingot
français: Phoenicopterus
Gaeilge: Lasairéan
ગુજરાતી: બળા (પક્ષી)
hrvatski: Phoenicopterus
Kreyòl ayisyen: Flaman
Հայերեն: Ֆլամինգո
interlingua: Phoenicopterus
Bahasa Indonesia: Flamingo
íslenska: Flæmingjar
italiano: Phoenicopterus
日本語: フラミンゴ
Basa Jawa: Plaminggu
ქართული: ფლამინგო
қазақша: Қоқиқаздар
한국어: 홍학
lietuvių: Flamingai
latviešu: Flamingi
монгол: Фламинго
кырык мары: Фламинго
Bahasa Melayu: Burung Flamingo
Nederlands: Phoenicopterus
norsk nynorsk: Phoenicopterus
Diné bizaad: Tsídii jáádnézí
پنجابی: فلیمنگو
português: Flamingo
Runa Simi: Pariwana
română: Flamingo
русский: Фламинго
sardu: Mangoni
Scots: Flamingo
srpskohrvatski / српскохрватски: Plamenci
Simple English: Flamingo
slovenčina: Phoenicopterus
slovenščina: Plamenci
српски / srpski: Пламенци
Kiswahili: Heroe
தமிழ்: பூநாரை
Tagalog: Plamengko
Türkçe: Flamingo
удмурт: Фламинго
українська: Фламінго
Tiếng Việt: Hồng hạc
中文: 火烈鸟
Bân-lâm-gú: Âng-hoh
粵語: 紅鸛