Final Fantasy VIII

Final Fantasy VIII (abreviado FF8 ou FFVIII) é un videoxogo de rol de consola pertencente á saga Final Fantasy, considerada un dos máis importantes da súa categoría. Foi desenvolvido polo equipo de Hironobu Sakaguchi de Squaresoft (dende 2003 Square Enix) maioritariamente entre 1998 e 1999, e publicado en 1999.

Este xogo supuxo un avance enorme na calidade dos gráficos, contando cunhas escenas cinematográficas con moitos detalles. Ademais foi un dos xogos máis vendidos da Playstation.

Historia

Neste Final Fantasy a historia xira en torno a un grupo militar coñecido como SEEDS, guerreiros encargados de daren caza a perigosas meigas ó redor do mundo, que son adestrados nunha serie de recintos denominados xardíns. Nada máis empezar poñémonos na pel de Squall Leonhart, un estudante a SEED do xardín de Balamb ó que lle acaban de encomendar unha misión para demostra-las súas habilidades e así poder ser un SEED. A misión resulta ser todo un éxito e Squall convértese de súpeto nun SEED moi prometedor. A mesma noite da súa graduación coñece a Rinoa Heartilly, unha rapaza membro dun grupo de resistencia que acode ó xardín para pedir axuda para derrotar unha meiga moi poderosa que está facendo estragos na súa terra. A misión outórgaselle a Squall, e entón comeza unha viaxe por todo o mundo onde numerosos segredos se han desvelar ata poñer en xaque o destino do planeta.

Other Languages