Feromona

Axila masculina, hipotética fonte de feromonas.

As feromonas son substancias químicas producidas polas glándulas sexuais dalgúns animais para atraer ó individuo do outro sexo. Etimoloxicamente vén do grego, e significa "levo excitación". Algunhas bolboretas son capaces de detectar o olor da femia a 20 quilómetros de distancia.

A palabra feromona foi utilizada recentemente en forma xeneralizada para referirse a hormonas de atracción sexual, cando en realidade as feromonas son un tipo de hormona de atracción sexual, especificamente producida polas femias de moitas especies de animais, incluíndo ós seres humanos.

Desde a súa orixe, tódalas especies de plantas, insectos e animais utilizaron diferentes aromas ou mensaxes químicas como medio de comunicación e case todas utilizan un ou varios códigos por este medio para atraerse sexualmente. Estas substancias teñen ademais a particularidade de inducir cambios no comportamento dos individuos que teñen contacto con elas.

En humanos

Ó igual que os demais seres vivos o ser humano segrega hormonas que produce en forma natural para comunicarse a niveis inconscientes. Esas sinais poden ser para comunicar estados de ánimo, para indicarlle á comunidade se un individuo está san ou enfermo, ou ben, para indicar a dispoñibilidade e compatibilidade sexual.

No antigo Exipto, recoñeceuse o uso de hormonas para a fabricación de perfumes. Este era fabricado a partir da suor de homes seleccionados para este traballo e depositado en vasillas para logo ser mesturado con fragrancias. Ó parecer, os exipcios descubriran que a suor contiña substancias afrodisíacas para o ser humano, sobre todo suor de persoas fisicamente sas e e vigorosas.

Non está de todo claro se esta substancia é capaz de alterar a conduta sexual humana de forma consciente. Un dos casos máis estudados e explicados é o da sincronización do ciclo menstrual de mulleres que conviven nun mesmo ambiente.

Other Languages
Afrikaans: Feromoon
العربية: فيرومون
asturianu: Feromona
تۆرکجه: فرومون
беларуская: Ферамоны
беларуская (тарашкевіца)‎: Фэрамоны
български: Феромон
বাংলা: ফেরোমন
bosanski: Feromon
català: Feromona
čeština: Feromon
dansk: Feromon
Deutsch: Pheromon
Ελληνικά: Φερομόνη
English: Pheromone
Esperanto: Feromono
español: Feromona
eesti: Feromoonid
euskara: Feromona
فارسی: فرومون
suomi: Feromoni
français: Phéromone
Gaeilge: Fearamón
עברית: פרומון
hrvatski: Feromoni
Kreyòl ayisyen: Fewomòn
magyar: Feromon
հայերեն: Ֆերոմոններ
Bahasa Indonesia: Feromon
italiano: Feromone
日本語: フェロモン
Basa Jawa: Féromon
қазақша: Феромондар
한국어: 페로몬
Кыргызча: Феромондор
Latina: Pheromonum
lietuvių: Feromonas
മലയാളം: ഫിറോമോൺ
Bahasa Melayu: Feromon
नेपाली: फेरोमोन
Nederlands: Feromoon
norsk nynorsk: Feromon
norsk: Feromon
occitan: Feromòna
polski: Feromony
português: Feromônio
română: Feromon
русский: Феромоны
Scots: Pheromone
srpskohrvatski / српскохрватски: Feromon
Simple English: Pheromone
slovenčina: Feromón
slovenščina: Feromon
српски / srpski: Feromon
Basa Sunda: Féromon
svenska: Feromon
தமிழ்: பெரமோன்
Türkçe: Feromon
українська: Феромони
Tiếng Việt: Pheromone
Winaray: Peromona
中文: 信息素