Febre amarela

Febre amarela
Clasificación e recursos externos
Aedes aegypti: principal vector do virus da febre amarela.
243200
14203
001365
emerg/645
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Febre amarela
Micrografía MET: múltiples virións da f. amarela (234.000x)
Micrografía MET: múltiples virións da f. amarela (234.000x)
Clasificación científica
Grupo:IV (Virus ARN monocatenario positivo)
Familia:Flaviviridae
Xénero:'Flavivirus'
Especie tipo
''Yellow fever virus''

A febre amarela (tamén chamada a praga americana), é unha doenza viral aguda e infecciosa causada polo "virus da febre amarela", que pertence á familia dos Flaviviridae, e do xénero Flavivirus amaril.[1] É unha causa importante de enfermidade hemorráxica en moitos países de África e a zona norte de Suramérica que orixina 30 000 mortes cada ano. Nesas rexións é unha enfermidade endémica.[2] Existe unha vacina efectiva pero non se coñece cura polo que cando persoas non vacinadas contráena só se lles pode proporcionar tratamento sintomático. A palabra amarelo do nome refírese ós signos de ictericia que afectan a algúns pacientes.[3]

Epidemioloxía

Zona endémica de febre amarela en África, 2009.
Zona endémica de febre amarela en Sudamérica, 2009.

A febre amarela só ocorre no presente en África, Suramérica e o Caribe.[4] A maioría dos abrochos en Suramérica ocorren entre persoas que traballan nas selvas tropicais chuviosas, converténdose por iso, nesas localidades, nunha enfermidade ocupacional.

É transmitida pola picadura do mosquito Aedes aegypti e outros mosquitos dos xéneros Aedes, Haemagogus[5] e Sabethes, que se atopan xeralmente a menos de 1.300 metros sobre o nivel do mar, pero Aedes foron achados ocasionalmente até os 2.200 msnm, nas zonas tropicais de América e África. Na febre amarela de transmisión urbana hai que lembrar que Aedes aegypti abunda en zonas húmidas ó redor da auga estancada limpa, e só pica durante o día.

A doenza pode permanecer localmente descoñecida en humanos por extensos períodos e súbitamente brotar nun modo epidémico. En Centroamérica, Venezuela e Trindade, tales epidemias debéronse á forma da enfermidade (febre amarela selvática), que permanece viva na poboación de monos aulladores e é transmitida polo mosquito Haemagogus, o cal vive precisamente no dosel forestal das selvas chuviosas. O virus pasa ós humanos cando as selvas altas son talladas. Os obreiros forestais poden entón transmitir a enfermidade a outros, iniciando así unha epidemia.[6]

O período de incubación sitúase entre os 3 e os 7 días.[7] A duración da enfermidade en caso de curación é dunha a dúas semanas. Tras o período de incubación cabe distinguir dúas formas clínicas: a leve e a grave ou clásica.

Other Languages
Afrikaans: Geelkoors
العربية: حمى صفراء
asturianu: Fiebre mariello
azərbaycanca: Sarı qızdırma
беларуская: Жоўтая ліхаманка
български: Жълта треска
বাংলা: পীতজ্বর
bosanski: Žuta groznica
català: Febre groga
čeština: Žlutá zimnice
dansk: Gul feber
Deutsch: Gelbfieber
Thuɔŋjäŋ: Juanmaketh
ދިވެހިބަސް: ރީނދޫ ހުން
English: Yellow fever
Esperanto: Flava febro
español: Fiebre amarilla
euskara: Sukar hori
فارسی: تب زرد
suomi: Keltakuume
français: Fièvre jaune
Gaeilge: Fiabhras buí
हिन्दी: पीतज्वर
hrvatski: Žuta groznica
Kreyòl ayisyen: Lafyèv jòn
magyar: Sárgaláz
հայերեն: Դեղին տենդ
Bahasa Indonesia: Demam kuning
italiano: Febbre gialla
日本語: 黄熱
ಕನ್ನಡ: ಕಾಮಾಲೆ
한국어: 황열
Luganda: Enkaka
lingála: Fièvre jaune
македонски: Жолта треска
മലയാളം: മഞ്ഞപ്പനി
Bahasa Melayu: Demam kuning dewasa
Nederlands: Gele koorts
norsk: Gulfeber
ଓଡ଼ିଆ: ପୀତ ଜ୍ୱର
português: Febre amarela
Runa Simi: Fiebre amarilla
română: Febră galbenă
srpskohrvatski / српскохрватски: Žuta groznica
Simple English: Yellow fever
slovenščina: Rumena mrzlica
српски / srpski: Žuta groznica
svenska: Gula febern
Kiswahili: Homa ya manjano
ትግርኛ: ብጫ ረስኒ
Türkçe: Sarıhumma
українська: Жовта гарячка
اردو: زرد بخار
Tiếng Việt: Sốt vàng
中文: 黄热病
粵語: 黃熱病