Explotación

A explotación é un termo usado na bioloxía e a ecoloxía para referirse a un comportamento animal. Consiste nun subtipo de relación interespecífica dentro do mutualismo, na que unha parte resulta beneficiada a costa doutra prexudicada.

Dous exemplos danse no caso da polinización: nun caso, os insectos aprovéitanse dos beneficios dados pola planta (obtención de néctar) pero que non ofrecen unha contrapartida (por exemplo, por carecer dos órganos necesarios para a transferencia de pole); outro caso é o das flores dalgunhas orquídeas que semellan ofrecer néctar, pero que non o fan e non lles impide recibir insectos polinizadores, debido a que existen certas especies deles que non distinguen se a planta posúe néctar ou non. Outro exemplo é o dos peixes limpadores de ectoparasitos (parasitos externos) doutros animais: porén hai algunhas especies que do que se alimentan é en realidade de escamas, mucus e mesmo tecidos.

Non debe confundirse cos parasitos (como a posta do ovo do cuco en niños doutras especies), pois nese caso o comportamento non se basea na deturpación dunha práctica mutualista, senón que é universalmente prexudicial para unha especie.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Other Languages