Euzko Gaztedi Indarra

Euzko Gaztedi
Partido Grupo Xuvenil de EAJ-PNV
Fundación1904
Afiliados3.000
Web Oficialwww.euzkogaztedi.org

Euzko Gaztedi Indarra-EGI (en éuscaro Forza Xuventude Vasca é o órgao xuvenil do Partido Nacionalista Vasco (PNV). Segundo os seus estatutos defínese como unha organización vasca, democrática, plural, participativa, independentista e humanista. Declárase de vocación europeísta e humanista. O seu ámbito de actuación é o da xuventude e, seguindo a ideoloxía do seu partido matriz, ten como obxectivo a soberanía do País Vasco desexando lograr un marco de respecto á identidade dos pobos e ós dereitos humanos.

Historia

Foi fundada o 14 de febreiro de 1904, tres meses despois da morte de Sabino Arana, fundador do PNV, recollendo as súas ideas sobre nacionalismo e liberdade. Nun principio contou cuns 400 membros e destacou como asociación xuvenil nacionalista ata a guerra civil española.

Despois da guerra foi refundada en Venezuela onde quedou integrada na estrutura política do partido no exterior. A partir de 1960 intégrase na resistencia contra a ditadura de Franco. Destas accións de resistencia xurdiría unha fugaz relación con Ekin.

En 1952 organízase un grupo de estudo universitario co nome Ekin (emprender en vasco) en Bilbao. A partir de 1953 o grupo toma contacto coa organización xuvenil do PNV, Euzko Gaztedi Indarra (EGI). É en 1956 cando ambas asociacións fúndense. En 1958 comezan a vislumbrar tensións no interior da asociación que levan á escisión de ambos grupos. EKIN se converte en ETA o 31 de xullo de 1959.

EGI seguiu a realizar accións reivindicativas nacionalistas como a posta dunha ikurriña na punta dunha das torres da catedral de Burgos o día da Hispanidade e a participación en accións conxuntas con outras asociacións nacionalistas xuvenís europeas.

Despois da morte do ditador en 1975 aproveitou a apertura democrática para medrar, xunto ó partido matriz. Na actualidade realiza as funcións que o partido lle ecomenda de carácter revindicativo e de extensión das ideas nacionalistas vascas pola xuventude do País Vasco así como a difusión da cultura vasca.

Other Languages
aragonés: Euzko Gaztedi
asturianu: Euzko Gaztedi
Deutsch: Euzko Gaztedi
English: Euzko Gaztedi
euskara: Euzko Gaztedi
português: Euzko Gaztedi