Eugene Ormandy

EUGENE ORMANDY
Eugene Ormandy conducting.JPG
Eugene Ormandy en 1973.
Nome completo Eugene Ormandy
Nacemento 18 de novembro de 1899
Orixe Budapest, Imperio Austrohúngaro Flag of Austria-Hungary (1869-1918).svg
Falecemento 12 de marzo de 1985 en Filadelfia Estados Unidos Flag of the United States.svg
Ocupación(s) Director de orquestra e violinista
editar datos en Wikidata ]

Eugene Ormandy, nado co nome de Jenö Blau en Budapest o 18 de novembro de 1899 e finado en Filadelfia o 12 de marzo de 1985, foi un director de orquestra e violinista xudeu estadounidense de orixe húngara.

Traxectoria

Estudou no Conservatorio de Budapest (agora Academia Franz Liszt) e deu o seu primeiro concerto como violinista á idade de sete anos e con 14 graduouse coas máximas cualificacións. En 1920, obtivo un título universitario en filosofía. En 1921 desprazouse aos Estados Unidos. Tomou o seu nome do buque no que viaxou, o Normandie. Nese país traballou primeiro como violinista para despois dirixir a Capitol Theater Orchestra en Nova York, grupo que acompañaba películas de cine mudo.

En 1931, Ormandy foi designado director da Minnesota Orchestra, posto que ocupou ata 1936.

Durante os peores días da Gran Depresión, Ormandy e a Minnesota Symphony foron contratados por RCA Victor para efectuar varias gravacións, entre as que destacan a Sinfonía nº 7 de Anton Bruckner e a Sinfonía nº 2 de Gustav Mahler. A excelencia destas gravacións contribuíron á reputación de Ormandy como un director de grande talento.

Porén, a gran fama de que goza aínda hoxe débese ás 44 tempadas que pasou á fronte da Philadelphia Orchestra, coa que comezou a colaborar en 1936 cando foi nomeado director asociado e dirixiu a orquestra alternándose con Leopold Stokowski. Anos máis tarde será nomeado único director titular, posto que manterá hasta 1980. Dirixiu a orquestra en múltiples concertos e xiras por Estados Unidos e o resto do mundo. Unha das máis famosas foi a que realizou en 1955 a Finlandia, onde visitou ao ancián compositor Jean Sibelius (que morreu dous anos despois con 91 anos); outra, a que realizou á República Popular de China, cunha resposta do público entusiasta tras decenios de verse privado de música clásica occidental, prohibida polo réxime comunista.

Other Languages
čeština: Eugene Ormandy
Esperanto: Jenő Ormándy
español: Eugene Ormandy
français: Eugene Ormandy
italiano: Eugene Ormandy
Nederlands: Eugene Ormandy
português: Eugene Ormandy
українська: Юджин Орманді