Etruscos

Extensión da civilización etrusca

Os etruscos foron un pobo indoeuropeo que apareceu entre os séculos VIII-VII a.C. nun espazo comprendido entre os ríos Arno e Tíber, entre o mar Tirreno e os montes Apeninos. A súa orixe foi obxecto de grandes controversias, pero parece fóra de toda dúbida que son de orixe oriental, ou que polo menos teñen elementos orientais na súa cultura. Provirían da Lidia, de onde se viron na obriga de emigraren a raíz da invasión indoeuropea de Asia Menor. Formarían parte dos chamados Pobos do Mar, protagonistas das grandes migracións que trocaron o escenario do Mediterráneo Oriental.

Historia

Ao principio, dedicáronse ás correrías e á piratería, ata que a súa superioridade militar lles permitiu imporse ás poboacións autóctonas ( umbros, lígures etc,...). Xa no VII a C. constituíran un poder forte e dominaban un territorio que se chamou Etruria, fundando tamén a cidade de Tarquinia. Foi entón cando emprenderon a súa política expansiva, ocupando as rexións contiguas a Umbría e expandíndose polo val de Po. A eles se debe a fundación de Parma, Mantua e Milán e a ocupación de numerosas cidades, como Cortona, Perusa, Boloña e varios portos do Tirreno e comarcas como o Piceno. No 540 a.C. aliáronse cos cartaxineses para expulsar os gregos de Córsega e despois lanzáronse á conquista do Lacio e da Campania. O seu contacto cos gregos da colonia de Cumas permitiulles adoptar algúns elementos da súa civilización, como o alfabeto.

A finais do século VI a. C comezou a decadencia do poderío etrusco. O tirano de Cumas, Aristodemo, logrou rexeitalos e favoreceu a sublevación do Lacio. Roma expulsou o seu derradeiro rei, Tarquinio o Soberbio e proclamou a República. No 474 a.C. os campanos, aliados cos siracusanos, desfixeron a frota etrusca, mentres os samnitas ocupaban a Campania e os galos dende o norte, ocupaban o val do Po. Co tempo Roma e a súa política de conquista de Italia, rematou co poder etrusco.

Other Languages
Afrikaans: Etruskers
Alemannisch: Etrusker
asturianu: Etruscos
azərbaycanca: Etrusklar
تۆرکجه: اتروسک‌لار
беларуская: Этрускі
беларуская (тарашкевіца)‎: Этрускі
български: Етруски
brezhoneg: Etrusked
català: Etruscs
corsu: Etruschi
čeština: Etruskové
Чӑвашла: Этрускăсем
Cymraeg: Etrwsciaid
dansk: Etruskere
Deutsch: Etrusker
Ελληνικά: Ετρούσκοι
Esperanto: Etruskoj
español: Etruscos
eesti: Etruskid
euskara: Etruriar
estremeñu: Etruscus
suomi: Etruskit
français: Étrusques
Frysk: Etrusken
עברית: אטרוסקים
hrvatski: Etruščani
magyar: Etruszkok
Հայերեն: Էտրուսկներ
interlingua: Etruscos
Bahasa Indonesia: Etruskan
italiano: Etruschi
ქართული: ეტრუსკები
Kurdî: Etrûsk
Latina: Etrusci
Lëtzebuergesch: Etrusker
lumbaart: Etrusch
lietuvių: Etruskai
latviešu: Etruski
македонски: Етрурци
Nederlands: Etrusken
norsk nynorsk: Etruskarar
norsk: Etruskere
occitan: Etruscs
polski: Etruskowie
português: Etruscos
română: Etrusci
русский: Этруски
sicilianu: Etruschi
srpskohrvatski / српскохрватски: Etrurci
Simple English: Etruscan civilization
slovenčina: Etruskovia
slovenščina: Etruščani
shqip: Etruskët
српски / srpski: Етрурци
svenska: Etrusker
Kiswahili: Waetruski
Türkçe: Etrüskler
українська: Етруски
vèneto: Etruschi
Tiếng Việt: Văn minh Etrusca