Estrela de David

A Estrela de David.

A Estrela de David (en hebreo: מגן דוד, transl.: Magen David), coñecida tamén como escudo supremo de David, é un símbolo en forma de estrela formada por dous triángulos iguais superpostos, tendo un a punta cara arriba e outro cara abaixo. É utilizado polo xudaísmo e os seus adeptos, alén doutras doutrinas como o Santo Daime. Outro nome dado a este símbolo é "Selo de Salomón".

A palabra magen significa escudo, broquel, defensa, gobernante, home armado e escamas. O substantivo magen, refírese a un obxecto que proporciona cobertura e protección ao corpo durante un combate. No Hinduísmo, cada ángulo representa un deus da trindade: Brahma, Vishnu e Shiva, respectivamente, o Creador, o Preservador e o Destrutor. En Unicode, o seu símbolo é U+2721 (✡).

Orixe do símbolo entre os israelitas

O nome do rei David escrito en letras hebraicas.

De acordo coa tradición xudía, este símbolo era deseñado ou encravado sobre os escudos dos guerreiros do exército do rei David. Esta tradición ten orixe no escritura do nome hebraico de David, composto por tres letras do alfabeto hebreo: Dalet, Vav e Dalet. Estas dúas letras Dalet tiñan forma triangular no alfabeto hebraico usado até entón, unha variación do alfabeto fenicio, coñecido como proto-hebraico. Estas dúas letras entón eran encravadas nos escudos dos soldados unha sobreposta á outra, formando unha especie de estrela. A pesar de ser unha explicación plausible, carece de probas históricas ou arqueolóxicas para probala. A forma actual do Escudo de David xa aparecía en diversas culturas do extremo oriente hai miles de anos, e só nos últimos séculos mudou nun símbolo puramente xudaico.

Este símbolo aparecía xa ligado aos xudeus na Idade de Bronce, no século IV a.C., nun selo xudaico achado na cidade de Sidón. Tamén aparece en moitas sinagogas antigas na terra de Israel datadas da época do Segundo Templo e até mesmo nalgunhas despois da súa destrución polos romanos. Non lle era dado, polo menos aparentemente, un significado especial ou místico, senón máis ben ornamental, así como moitas Estrelas de David foron achadas ao lado de Escudos de Salomón (estrelas de cinco puntas ou pentagramas) e, curiosamente, ao lado de esvásticas. Un exemplo é o friso da sinagoga de Cafarnaún (século II ou III da era cristiá) e unha lápida (ano 300 da era cristiá) atopada no sur de Italia. A pesar diso, a Estrela de David non aparece entre os símbolos xudaicos máis importantes do período helenístico.

A testemuña máis antiga deste emblema na literatura xudaica é a amosado no libro do sabio caraíta Yehudah ben Eliahu Hadasi, do século XII, no seu libro Eshkol Hakofer. No capítulo 242, fala de costumes de persoas do pobo que, aos poucos, foron convertendo o símbolo do Escudo de David dun simple selo a un tipo de signo místico ou amuleto: "e os sete anxos na Mezuzá foron escritos - Miguel e Gabriel [...] o Eterno irá gardarche e este símbolo chamado Escudo de David é escrito en tódolos anxos e no final da Mezuzá...". Así, xa naquela época, este símbolo tiña un carácter místico, sendo frecuentemente gravado como unha forma de amuleto protector.

A identificación efectiva da Estrela de David co xudaísmo comezou na Idade Media. En 1354, o rei Carlos IV (Karl IV) concedeu o privilexio á comunidade xudaica de Praga de ter súa propia bandeira. Os xudeus confeccionaron nun fondo vermello, un hexagrama ou a Estrela de David, en ouro. Algúns documentos refírense a este símbolo como a "bandeira do rei David". En Praga, a estrela de seis puntas, sempre chamada de Maguen David, pasou a ser usada tanto en sinagogas, como no selo oficial da comunidade e en libros impresos. No século XIX, difundiuse o símbolo da Estrela de David tamén sobre as cortinas das Arcas Santas das sinagogas.

Xunto con parte dos xudeus devotos, expandiuse a alegación de que a orixe do símbolo da Estrela de David estaba directamente ligada ás flores que adornaban a Menorá, candelabro de sete brazos que formaba parte dos obxectos do Templo de Xerusalén, feitas nun relevo de lirios de seis pétalos, que facían unha silueta semellante á forma da Estrela de David. Entre os que cren nesta suposta orixe do famoso símbolo, hai unha interpretación de que a Estrela de David foi feita directamente polas mans do propio Deus de Israel.

Other Languages
العربية: نجمة داود
azərbaycanca: Davud ulduzu
беларуская: Зорка Давіда
беларуская (тарашкевіца)‎: Зорка Давіда
български: Давидова звезда
brezhoneg: Steredenn David
čeština: Davidova hvězda
Deutsch: Davidstern
English: Star of David
Esperanto: Stelo de Davido
français: Étoile de David
עברית: מגן דוד
Հայերեն: Դավթի աստղ
Bahasa Indonesia: Bintang Daud
italiano: Stella di David
日本語: ダビデの星
한국어: 다윗의 별
latviešu: Dāvida zvaigzne
Bahasa Melayu: Bintang Daud
Nāhuatl: David Cītlalli
Nederlands: Davidster
norsk nynorsk: Davidsstjerne
português: Estrela de Davi
sicilianu: Stidda di David
srpskohrvatski / српскохрватски: Davidova zvijezda
Simple English: Star of David
slovenčina: Dávidova hviezda
slovenščina: Davidova zvezda
српски / srpski: Давидова звезда
українська: Зірка Давида
Tiếng Việt: Ngôi sao David
ייִדיש: מגן דוד
中文: 大衛星