Estrabismo

Estrabismo
Clasificación e recursos externos
Persoa que padece estrabismo.
MedlinePlus 001004
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

O estrabismo ou heterotropía [1] é a desviación do aliñamento dun ollo en relación ao outro. Isto impide fixar a mirada de ambos ollos no mesmo punto do espazo, o que ocasiona unha visión binocular incorrecta que pode afectar adversamente a percepción da profundidade.

Cando o estrabismo é conxénito ou se desenvolve durante a infancia, pode causar ambliopía, patoloxía na cal non existe un correcto desenvolvemento das estruturas neurolóxicas responsábeis da visión, motivo polo cal, cando se chega á idade adulta e pese corrixirse a patoloxía que deu orixe á ambliopía (estrabismo, vicio de refracción, etc.) a visión co ollo ambliope é insuficiente, e non pudendo ser corrixida con tratamento ningún. A ambliopía é reversíbel durante a infancia e ocasionalmente na adolescencia con medidas terapéuticas adecuadas, que no caso do estrabismo adoitan ser o tratamento con parches e eventualmente o uso de lentes. [2]

Birollo, estrábico, meco, resgo, trusgo e vesgo son as denominacións dunha persoa que padece estrabismo. [3]

Clasificación

Distínguense diversos tipos de estrabismo: [1] [4]

  • Comitante: cando a desviación é igual, independentemente de cara a onde se dirixa a mirada. Isto indica que os músculos extraoculares funcionan individualmente pero que non se enfocan cara ao mesmo obxecto. Este tipo de estrabismo en nenos de seis anos raramente indica desordes neurolóxicas graves. A cegueira dun ollo normalmente causa que este se desvíe cara a dentro (nun neno) ou cara a fóra (nun adulto).
  • Incomintante: ocorre cando o grao de desviación varía coa dirección da mirada. Isto indica que un ou máis dos músculos extraoculares non funcionan con normalidade.
  • Estrabismo alternante: dáse cando están afectados os dous ollos, de xeito alternativo.
  • Estrabismo absoluto: o que se produce para calquera distancia do punto de fixación.
  • Converxente (ou endotropía): desviación dun ollo cara a dentro, cara á rexión nasal.
  • Diverxente (ou exotropía): desviación dun ollo cara a fóra.
  • Espasmódico: o que se produce pola contracción persistente dos músculos oculares.
  • Latente: debido á insuficiencia ou fatiga dos músculos oculares.
  • Monolateral: aquel en que o ollo desviado é sempre o mesmo.
  • Paralítico: o consecutivo á parálise de un ou varios músculos oculares.
  • Relativo: o que se produce unicamente en determinadas posicións da mirada.
  • Hipertropía ou hipotropía: desviación vertical, cara a arriba ou cara a abaixo respectivamente, dun ollo con respecto ao outro; sempre adoita facer referencia ao ollo que presenta hipermetropía.
Other Languages
العربية: حول
беларуская: Касавокасць
български: Кривогледство
bosanski: Strabizam
català: Estrabisme
čeština: Šilhavost
dansk: Skelen
Deutsch: Schielen
English: Strabismus
Esperanto: Strabismo
español: Estrabismo
euskara: Estrabismo
suomi: Karsastus
français: Strabisme
Gaeilge: Fiarshúilí
עברית: פזילה
hrvatski: Razrokost
magyar: Kancsalság
Հայերեն: Շլություն
íslenska: Rangeygni
italiano: Strabismo
日本語: 斜視
한국어: 사시 (눈)
Кыргызча: Чалыр көз
lietuvių: Žvairumas
latviešu: Šķielēšana
македонски: Страбизам
മലയാളം: കോങ്കണ്ണ്
Bahasa Melayu: Juling
Nederlands: Scheelzien
norsk: Strabisme
polski: Zez
português: Estrabismo
Runa Simi: Lirq'u
română: Strabism
русский: Косоглазие
srpskohrvatski / српскохрватски: Razrokost
slovenčina: Strabizmus
slovenščina: Škiljenje
shqip: Strabizmi
српски / srpski: Страбизам
svenska: Skelning
தமிழ்: மாறுகண்
తెలుగు: మెల్లకన్ను
Tagalog: Sulimpat
Türkçe: Şaşılık
українська: Косоокість
اردو: حول (طب)
oʻzbekcha/ўзбекча: Gʻilaylik
Tiếng Việt: Mắt lác
中文: 斜视
粵語: 射籬眼