Esterno

Para o esterno dos artrópodos, ver Esterno (artrópodos).

Esterno
Illu thoracic cage.jpg
Caixa torácica
Gray116.png
Vista posterior do esterno humano
Latín Sternum
Gray tema #27 119

O esterno (Sternum) é un óso do tórax, plano, impar, central e simétrico, composto por varias pezas soldadas (estérnebras). Axuda a protexer o corazón e pulmóns.

O esterno humano

Divídese en tres porcións: o mango ou manubrio; o corpo formado por sete pezas; e o apéndice xifoide, que ten unha forma moi variable. O mango e o corpo articúlanse nunha sinartrose [1] formando o chamado ángulo de Louis, articulación que pode osificarse nos adultos.

Ten dúas caras, a anterior e posterior; dous bordos laterais; e dous extremos, o superior ou base e o inferior ou vértice.

Atópase na parte media e anterior do tórax e articula superiormente coas clavículas e nos bordos laterais coas costelas chamadas verdadeiras mediante a cartilaxe costal, pero coas falsas faino mediante unha única cartilaxe. As costelas falsas, oitava, novena e décima, únense entre elas formando a arcada costal que, á súa vez, se une á sétima costela e esta, ao bordo lateral do esterno. O tipo de articulación condroesternal permite pequenos movementos. As articulacións denomínanse articulacións costo-esternais ou condro-esternais.

A articulación coas clavículas é de tipo encaixe recíproco imperfecto. Denomínase tecnicamente articulación esternocostocondroclavicular. Entre a clavícula e o esterno sitúase unha cartilaxe de adaptación, máis groso a nivel anterior e posterior ca no centro, que pode estar furado. Intervén tamén o extremo interno da primeira costela.

A articulación está reforzada por:

  • Cápsula articular, que contornea as superficies articulares.
  • Ligamento superior: formado por fibras profundas e curtas (de clavícula a esterno) e fibras superficiais, que constitúen un ligamento único: ligamento interclavicular, de clavícula a clavícula.
  • Ligamento inferior, ou costoclavicular, que vai da clavícula á primeira costela.
  • Ligamento anterior.
  • Ligamento posterior.
Articulación do esterno coas clavículas e as primeiras costelas

Os movementos da articulación inclúen ascenso, descenso, proxección cara adiante e cara atrás. É ademais a articulación interna do ombreiro funcional.

No mesmo bordo superior hai outra zona, a superior, que se relaciona co espazo supraesternal, onde se localizan as veas xugulares anteriores e a súa anastomose.

O bordo inferior é a propia apófise xifoide, de morfoloxía variable.

A cara anterior presta inserción do músculo esternocleidomastoideo no manubrio, do músculo serrato anterior, no corpo e do músculo recto anterior maior do abdome na apófise xifoide.

A cara posterior presta inserción ó musculo esternotiroide e esternocleidohioideo no manubrio, ó músculo triangular do esterno, no corpo; e ó diafragma na apófise xifoide.

Other Languages
العربية: عظم القص
Aymar aru: Tujtuka
български: Гръдна кост
brezhoneg: Klerenn
bosanski: Grudna kost
català: Estern
čeština: Hrudní kost
dansk: Sternum
Deutsch: Brustbein
Ελληνικά: Στέρνο
English: Sternum
Esperanto: Sternumo
español: Esternón
eesti: Rinnak
euskara: Bularrezur
فارسی: جناغ
suomi: Rintalasta
français: Sternum
Gaeilge: Steirneam
עברית: עצם החזה
hrvatski: Prsna kost
magyar: Szegycsont
interlingua: Sterno
íslenska: Bringubein
italiano: Sterno
日本語: 胸骨
қазақша: Төс сүйек
한국어: 복장뼈
Кыргызча: Төш сөөк
Latina: Sternum
lietuvių: Krūtinkaulis
latviešu: Krūšu kauls
norsk nynorsk: Brystbein
norsk: Brystbein
português: Esterno
română: Stern
русский: Грудина
Scots: Breastbane
srpskohrvatski / српскохрватски: Prsna kost
සිංහල: උරෝස්ථිය
Simple English: Sternum
slovenčina: Hrudná kosť
slovenščina: Prsnica
Soomaaliga: Sakaar (laf)
српски / srpski: Грудна кост
svenska: Bröstben
తెలుగు: ఉరోస్థి
Türkçe: Sternum
Tiếng Việt: Xương ức
中文: 胸骨