Estatística

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Sede en Luxemburgo da Eurostat, a oficina da Comisión Europea encargada de elaborar as estatísticas oficiais da UE.

A estatística é a rama das matemáticas que describe os fenómenos onde non hai un compoñente absoluto, é dicir, trata coa aleatoriedade dos resultados da experiencia cotiá. A estatística axuda a todas as demais ciencias a xerar modelos matemáticos "xerais" onde se teña considerado un compoñente aleatorio.

A estatística como ciencia "utiliza conxuntos de datos numéricos para obter inferencias baseadas no cálculo de probabilidades".

Ten como base a análise de datos ou estatística descritiva e o cálculo de probabilidades. Ambas as dúas xorden por separado a fin de uniren por unha banda os métodos e pola outra os modelos, conformando de tal xeito a estatística tal e como a coñecemos na actualidade.

Unha das ramas máis interesantes da estatística é a inferencia estatística, que permite inferir ou prever tendencias ou "describir" resultados dun fenómeno ou experimento estudado a partir dun modelo xeral do devandito fenómeno. Porén, tamén se emprega para o traballo e a simplificación de grandes cantidades de datos: o uso de grandes poboacións ou corpus de datos poden obrigar a un uso de resultados que dean unha visión xeral do conxunto e axuden a tomar decisións con rapidez. Por exemplo, mentres os diferentes puntos medidos nunha topografía teñen unha certa individualidade que non se pode reducir, a xenética de poboacións, a dialectoloxía ou a lingüística de corpus aplicada a Galicia fai necesario o uso de simplificadores estatísticos coma a media, a mediana, o desvío estándar, a regresión etc.

As súas subdivisións dependen da disciplina á cal se enfoque, posto que, como especialidade matemática que é, resulta ser unha ciencia auxiliar en canto ás súas aplicacións.

Proceso da Estatística clásica

  • Proponse un problema en estudo.
  • Realízase unha mostraxe consistente na escolma de datos referentes ao fenómeno ou variable que desexamos estudar.
  • Proponse un modelo de probabilidade e estímanse os parámetros mediante estatísticas a partir dos datos de mostraxe.
  • Valídase o modelo comparándoo co que acontece na realidade. Utilízanse métodos estatísticos coñecidos como test de hipótese e proba de significación.
  • Utilízase o modelo validado para tomar decisións ou predicir acontecementos futuros.
Other Languages
Afrikaans: Statistiek
Alemannisch: Statistik
aragonés: Estatistica
العربية: إحصاء
asturianu: Estadística
azərbaycanca: Statistika
تۆرکجه: آمار
башҡортса: Статистика
žemaitėška: Statėstėka
беларуская: Статыстыка
беларуская (тарашкевіца)‎: Статыстыка
български: Статистика
Bislama: Statistikis
brezhoneg: Stadegouriezh
bosanski: Statistika
català: Estadística
کوردی: ئامار
čeština: Statistika
Cymraeg: Ystadegaeth
dansk: Statistik
Deutsch: Statistik
Zazaki: İstatistik
ދިވެހިބަސް: ތަފާސް ހިސާބު
Ελληνικά: Στατιστική
English: Statistics
Esperanto: Statistiko
español: Estadística
eesti: Statistika
euskara: Estatistika
estremeñu: Estaística
فارسی: آمار
Võro: Statistiga
føroyskt: Hagfrøði
français: Statistique
furlan: Statistiche
Frysk: Statistyk
Gaeilge: Staidreamh
贛語: 統計學
Gàidhlig: Staitistearachd
Gaelg: Staydraa
עברית: סטטיסטיקה
हिन्दी: सांख्यिकी
hrvatski: Statistika
magyar: Statisztika
interlingua: Statistica
Bahasa Indonesia: Statistika
íslenska: Tölfræði
italiano: Statistica
日本語: 統計学
Patois: Statistix
Basa Jawa: Statistika
ქართული: სტატისტიკა
қазақша: Статистика
한국어: 통계학
kurdî: Amar
Кыргызча: Статистика
Latina: Statistica
Ladino: Estadistika
Lëtzebuergesch: Statistik
Lingua Franca Nova: Statistica
Limburgs: Sjtatistiek
latviešu: Statistika
Malagasy: Statistika
македонски: Статистика
Bahasa Melayu: Statistik
Mirandés: Statística
မြန်မာဘာသာ: စာရင်းအင်း ပညာ
नेपाली: तथ्याङ्क
नेपाल भाषा: तथ्याङ्क
Nederlands: Statistiek
norsk nynorsk: Statistikk
norsk: Statistikk
occitan: Estatistica
Norfuk / Pitkern: Stetistiks
polski: Statystyka
Piemontèis: Statìstica
پنجابی: سٹیٹ
português: Estatística
română: Statistică
русский: Статистика
русиньскый: Штатістіка
sicilianu: Statìstica
srpskohrvatski / српскохрватски: Statistika
Simple English: Statistics
slovenčina: Štatistika
slovenščina: Statistika
shqip: Statistika
српски / srpski: Статистика
Seeltersk: Statistik
Basa Sunda: Statistik
svenska: Statistik
Kiswahili: Takwimu
тоҷикӣ: Омор
Türkmençe: Statistika
Tagalog: Estadistika
Türkçe: İstatistik
татарча/tatarça: Статистика
українська: Статистика
اردو: شماریات
oʻzbekcha/ўзбекча: Statistika
vèneto: Statìstega
Tiếng Việt: Khoa học Thống kê
Winaray: Estadistiká
吴语: 统计学
ייִדיש: סטאטיסטיק
中文: 统计学
Bân-lâm-gú: Thóng-kè-ha̍k
粵語: 統計學