Estanflación

A estanflación (do inglés stagflation) é o momento ou conxuntura económica no que, nunha situación inflacionaria, se produce un estancamento da economía e o ritmo da inflación non cede.

Estanflación é un termo que foi inventado en 1965 polo entón ministro de Finanzas británico Ian McLeod, quen, nun discurso ante o Parlamento nese ano, dixo “agora temos o peor de ambos mundos: non soamente inflación por un lado ou estancamento polo outro. Temos algo así como unha estanflación”.

Estanflación combina os termos «recesión» e «inflación», é a situación económica que indica a simultaneidade da alza de prezos, o aumento do desemprego e o estancamento económico, entrando nunha crise ou incluso nunha recesión.

Causas e consecuencias

Formalmente, determínase que existe unha recesión cando o Ingreso Nacional decrece durante dous trimestres consecutivos. Cando a recesión chega acompañada de alta inflación o proceso recibe o nome de estanflación e está considerado un dos peores escenarios económicos posibles, polo difícil de manexar e corrixir. As políticas monetarias e fiscais que adoitan utilizarse para dinamizar unha economía recesiva empeoran o compoñente inflacionario da estanflación e as políticas monetarias restritivas que se utilizan para combater a inflación tenden a profundizar e ampliar o seu compoñente recesivo.

A estanflación distorsiona completamente os mercados e coloca aos políticos dos gobernos e aos seus bancos centrais nunha posición 'perder-perder'. Na estanflación a recesión acostuma ser parcial, rexistrándose simultaneamente o decrecemento de algúns sectores, como a produción de bens, xunto ao crecemento de outros sectores, como a produción de servizos. Se se trata dunha economía relativamente aberta e a inflación ven acompañada dun proceso de desvalorización, pode rexistrarse unha contracción das actividades que consumen divisas e unha expansión das que xeneran divisas. Isto representa un desafío enorme para as autoridades, pois reciben sinais mixtas e contraditorias sobre a economía que fan moi difícil decidir que políticas aplicar, en que secuencia e en que momento tomalas. "É o peor dos dous mundos", din moitos economistas.

Aínda que as recesións poden ter causas internas ou externas, a estanflación sempre é de orixe interno, "a inflación é sempre e en todas partes un fenómeno monetario", e quen manexan as moedas soberanas son as autoridades monetarias de cada país.

Other Languages
العربية: ركود تضخمي
български: Стагфлация
català: Estagflació
čeština: Stagflace
Deutsch: Stagflation
English: Stagflation
Esperanto: Stagflacio
español: Estanflación
euskara: Estanflazio
français: Stagflation
עברית: סטגפלציה
hrvatski: Stagflacija
magyar: Stagfláció
Հայերեն: Ստագֆլյացիա
Bahasa Indonesia: Stagflasi
italiano: Stagflazione
lietuvių: Stagfliacija
Bahasa Melayu: Stagflasi
Nederlands: Stagflatie
norsk nynorsk: Stagflasjon
polski: Stagflacja
português: Estagflação
română: Stagflație
русский: Стагфляция
Simple English: Stagflation
slovenčina: Stagflácia
slovenščina: Stagflacija
српски / srpski: Стагфлација
svenska: Stagflation
Tagalog: Stagflation
Türkçe: Stagflasyon
українська: Стагфляція
Tiếng Việt: Đình lạm