Estados cruzados

O Oriente Próximo, en 1135, cos Estados cruzados marcados con cruces vermellas
Asia Menor e os Estados cruzados, c.1140

Os Estados cruzados, tamén coñecidos como Outremer, foron uns Estados feudais, entre os séculos XII e XIII, creados polos cruzados de Europa Occidental en Asia Menor, Grecia e a Terra Santa, e durante as cruzadas bálticas no leste da rexión do Báltico. O nome tamén fai referencia a outras ganancias territoriais (moitas veces pequenas e de curta duración) feita polos reinos cristiáns medievais contra os adversarios musulmáns e pagáns.

Fondo

A comezos do século VII, os gobernantes musulmáns comezaron a expandir os seus territorios a costa das terras cristiano-romanas (bizantinas), conquistando Exipto e o levante, e pouco a pouco, ocupando todo o norte de África, a maioría do sueste asiático e da península Ibérica. Os bizantinos, recuperaron parcialmente os territorios en numerosas ocasións, pero co tempo perderon todo salvo Anatolia e partes da Tracia e dos Balcáns. No occidente, os reinos católicos do norte da península ibérica lanzaron unha serie de campañas, coñecidas como Reconquista, para recuperar a península dos chamados "mouros"que ocupaban Al-Ándalus. Estas conquistas na península ibérica non son consideradas habitualmente como cruzadas, coa excepción da conquista do Reino de Valencia.[1]

En 1071, o exército bizantino foi derrotado polo musulmán da dinastía selxúcida na batalla de Manzikert, o que resultou na perda da maior parte de Asia Menor. A situación representou unha grave ameaza existencial para o ortodoxo Imperio Bizantino. O emperador enviou un chamamento ao Papa de Roma para que enviase axuda militar co obxectivo de restaurar os antigos territorios cristiáns. O resultado foi unha serie de campañas militares no Mediterráneo oriental, coñecido como o cruzadas. Por desgraza para os Bizantinos, os cruzados non mantiveron a fidelidade ao Emperador Bizantino, establecendo así os seus propios Estados nas rexións conquistadas, incluíndo no corazón do propio Imperio Bizantino.

Other Languages
asturianu: Estaos cruciaos
беларуская: Дзяржавы крыжакоў
català: Estats croats
Bahasa Indonesia: Negara-negara Tentara Salib
italiano: Stato crociato
日本語: 十字軍国家
한국어: 십자군 국가
македонски: Крстоносни држави
Bahasa Melayu: Negeri Salibi
norsk nynorsk: Krossfararstatane
occitan: Estat latin
português: Estados cruzados
română: Stat cruciat
srpskohrvatski / српскохрватски: Krstaške države
slovenčina: Križiacky štát
slovenščina: Križarske države
српски / srpski: Крсташке државе