Estados Unidos de América

Estados Unidos de América
United States of America
Bandeira dos Estados Unidos de América
Selo dos Estados Unidos de América
BandeiraSelo
United States (orthographic projection).svg
Lema: In God We Trust
(Inglés: En Deus confiamos)1
Capital
 • Poboación
Washington, DC
646 449 (2013)
Cidade máis poboadaNova York
Lingua oficialNingunha a nivel federal2
 • Cooficiais
Forma de gobernoRepública federal democrática
Donald Trump
Mike Pence
 • Declarada
 • Recoñecida
4 de xullo de 1776
3 de set. de 1783
SuperficiePosto 3º
 • Total9 857 306[1] km²
 • % auga2,23%
Fronteiras12 219 km
Costas19 924 km
PoboaciónPosto 3º
 • Total (2014 est.[2])319 309 000 hab.
 • Densidade34,2 hab./km²
PIB (nominal)Posto 1º
 • Total (2013)16 768 000 millóns US$
 • per cápita$53 001 US$
PIB (PPA)Posto 1º
 • Total (2013)$16 768 000 millóns US$
 • per cápita$53 001 US$
MoedaDólar ($, USD)
IDHn/d
Xentilicioestadounidense
Fuso horarioCET (UTC-5 a UTC -10)
 • Horario de veránNon aplica
Dominio de Internet.us .gov .edu .mil .um
Prefixo telefónico+1
Prefixo radiofónicoWAA-WZZ
Código ISO840 / USA / US
Membro de: ONU, OTAN, OEA, APEC, OCDE, OSCE, TLCAN
1 Tradicionalmente dende 1789 utilizouse como lema: E Pluribus Unum (Latín: De moitos, un).
In God We Trust é o lema oficial dende 1956.
2 Os Estados Unidos de América non teñen lingua oficial, mais considérase de facto que é o inglés. Son 28 os estados que teñen recoñecido ao inglés como lingua oficial, aínda que no resto tamén funciona como lingua da administración e do goberno, só o hawaiano goza de carácter oficial en Hawai. En Luisiana o francés ten certo recoñecemento oficial e en Novo México o castelán.

Os Estados Unidos de América (abreviado EUA[3] e EEUU[4][5]; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) son un estado federal[6][7] composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico. O país tamén posúe cinco territorios poboados e nove non poboados no Pacífico e no Caribe. Con 9,85 millóns de km2[1] e 318 millóns de persoas, os Estados Unidos son o terceiro ou cuarto meirande país por área total e o terceiro país por poboación. É un dos países máis multiculturais e diversos etnicamente do mundo, debido á inmigración de moitos países.[8] A xeografía e o clima son moi diversos, e o país é tamén o fogar dunha variada vida salvaxe.

Os paleoindios migraron dende Eurasia ata os actuais Estados Unidos hai 15 000 anos,[9] e a colonización europea comezou no século XVI. Os Estados Unidos xurdiron das Trece Colonias Británicas localizadas na Costa Atlántica. As disputas entre o Reino de Gran Bretaña e as colonias levaron á Revolución Americana. O 4 de xullo de 1776, mentres as colonias estaban a loitar contra Gran Bretaña na guerra de independencia, os delegados das 13 colonias asinaron a Declaración de Independencia. A guerra rematou en 1783 co recoñecemento da independencia dos Estados Unidos dende o Reino de Gran Bretaña, e foi a primeira guerra de independencia exitosa contra un imperio colonial europeo.[10][11] A actual Constitución foi adoptada o 17 de setembro de 1787. As primeiras dez emendas, chamadas colectivamente Declaración de Dereitos, foron ratificadas en 1791 e deseñadas para garantir os dereitos e liberdades civís fundamentais.

De acordo coa doutrina do destino manifesto, os Estados Unidos embarcáronse nunha grande expansión en Norteamérica ó longo do século XIX.[12] Isto supuxo o desprazamento das tribos nativas, adquisicións de novos territorios e a admisión gradual de novos estados.[12] Durante a segunda metade do século XIX, a guerra civil estadounidense acabou coa escravitude legal no país.[13] A finais dese século, os Estados Unidos estendéronse ata o Océano Pacífico,[14] e a súa economía comezou a evolucionar.[15] A guerra hispano-estadounidense e a primeira guerra mundial confirmaron o status do país como potencia militar. Os Estados Unidos emerxeron da segunda guerra mundial como superpotencia mundial ó ser o primeiro país en desenvolver armas nucleares, o único en usalas en guerra, e como membro permanente do Consello de Seguridade das Nacións Unidas. A fin da guerra fría e a disolución da Unión Soviética permitiron que os Estados Unidos ficaran como a única superpotencia.[16]

Os Estados Unidos son un país desenvolvido e a meirande economía do mundo.[17] A economía aliméntase da abundancia de recursos naturais e a produtividade da man de obra.[18] Mentres a economía estadounidense está considerada como post-industrial, continúa a ser un dos manufactureiros máis importantes do mundo.[19] O 37% dos orzamentos do país corresponden a gasto militar,[20] sendo a primeira potencia económica e militar, unha gran forza cultural e política, e o líder en investigación científica e innovación tecnolóxica.[21]

Etimoloxía

En 1507, o cartógrafo alemán Martin Waldseemüller elaborou un planisferio no que chamou ás terras do hemisferio occidental «América», en honor ao explorador e cartógrafo italiano Amerigo Vespucci (en latín: Americus Vespucius).[22] As antigas colonias británicas utilizaron por primeira vez o nome do país moderno na Declaración de Independencia, a "unánime declaración dos trece Estados Unidos de América" adoptada polos "representantes dos Estados Unidos de América" o 4 de xullo de 1776.

Other Languages
Alemannisch: USA
አማርኛ: አሜሪካ
aragonés: Estatos Unitos
مصرى: امريكا
Aymar aru: Istadus Unidus
žemaitėška: JAV
Bikol Central: Estados Unidos
беларуская (тарашкевіца)‎: Злучаныя Штаты Амэрыкі
भोजपुरी: अमेरिका
Bahasa Banjar: Amirika Serikat
বিষ্ণুপ্রিয়া মণিপুরী: তিলপারাষ্ট্র
Chavacano de Zamboanga: Estados Unidos de America
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Mī-guók
Tsetsêhestâhese: United States
Nēhiyawēwin / ᓀᐦᐃᔭᐍᐏᐣ: ᑭᐦᒋ ᒨᐦᑯᒫᓇᐢᑭᕀ
словѣньскъ / ⰔⰎⰑⰂⰡⰐⰠⰔⰍⰟ: Амєрїканьскꙑ Ѥдьнѥнꙑ Дрьжавꙑ
dansk: USA
Thuɔŋjäŋ: Pawuut Matiic
ދިވެހިބަސް: އެމެރިކާ
eʋegbe: United States
emiliàn e rumagnòl: Stat Unî
English: United States
Esperanto: Usono
español: Estados Unidos
estremeñu: Estaus Uníus
Na Vosa Vakaviti: United States
føroyskt: USA
français: États-Unis
arpetan: Ètats-Unis
贛語: 美國
गोंयची कोंकणी / Gõychi Konknni: अमेरिकेचीं संयुक्त राज्यां
Bahasa Hulontalo: Amerika Serikat
𐌲𐌿𐍄𐌹𐍃𐌺: 𐌰𐌼𐌰𐌹𐍂𐌹𐌺𐌰
客家語/Hak-kâ-ngî: Mî-koet
Fiji Hindi: United States
Kreyòl ayisyen: Etazini
Bahasa Indonesia: Amerika Serikat
Ido: Usa
íslenska: Bandaríkin
ᐃᓄᒃᑎᑐᑦ/inuktitut: ᐊᒥᐊᓕᑲ
la .lojban.: mergu'e
Kabɩyɛ: Etaazuunii
Gĩkũyũ: United States
kalaallisut: Naalagaaffeqatigiit
ភាសាខ្មែរ: សហរដ្ឋអាមេរិក
한국어: 미국
kernowek: Statys Unys
Lingua Franca Nova: Statos Unida de America
Luganda: Amerika
Basa Banyumasan: Amerika Serikat
Malagasy: Etazonia
Baso Minangkabau: Amerika Sarikat
Bahasa Melayu: Amerika Syarikat
Dorerin Naoero: Eben Merika
Plattdüütsch: USA
Nederlands: Verenigde Staten
norsk nynorsk: USA
norsk: USA
Sesotho sa Leboa: United States of America
Chi-Chewa: United States
Livvinkarjala: Amerikan Yhtysvallat
Pangasinan: Estados Unidos
Kapampangan: Estados Unidos
Deitsch: Amerikaa
Norfuk / Pitkern: Yunitid Staits o' Merika
پنجابی: امریکہ
português: Estados Unidos
rumantsch: Stadis Unids
ᱥᱟᱱᱛᱟᱲᱤ: ᱥᱮᱞᱮᱫ ᱯᱚᱱᱚᱛ
sicilianu: Stati Uniti
srpskohrvatski / српскохрватски: Sjedinjene Američke Države
Simple English: United States
slovenčina: Spojené štáty
Sranantongo: Kondre Makandrameki
Basa Sunda: Amérika Sarikat
svenska: USA
Kiswahili: Marekani
ไทย: สหรัฐ
Setswana: USA
Tok Pisin: Ol Yunaitet Stet
Xitsonga: Amerikha
chiTumbuka: United States
Twi: Amerika
reo tahiti: Fenua Marite
oʻzbekcha/ўзбекча: Amerika Qoʻshma Shtatlari
Tiếng Việt: Hoa Kỳ
Volapük: Lamerikän
吴语: 美国
Vahcuengh: Meijgoz
中文: 美国
文言: 美國
Bân-lâm-gú: Bí-kok
粵語: 美國
isiZulu: IMelika