Estado de Palestina

دولة فلسطين
Dawlat Filasṭin
Estado de Palestina
Bandeira de Palestina
Escudo de Palestina
BandeiraEscudo
State of Palestine (orthographic projection).svg
Himno nacional de Palestina

Capital
 • Poboación
Xerusalén Leste[1][2] (proclamada, de iure)
Ramala
(administrativa, de facto)
Linguas oficiaisÁrabe
Forma de gobernoRepública parlamentaria (de iure)
República semipresidencialista (de facto)
Presidente
Primeiro Ministro
Mahmoud Abbas
Rami Hamdallah
Independencia
 • Proclamada
 • Reconocida

15 de novembro de 1988
30 de novembro de 2012
(polas Naciones Unidas)
SuperficiePosto 172º
 • Total6520 km²
PoboaciónPosto 125º
 • Total (2010)4260636 hab.
 • Densidaden/d
PIB (nominal)
MoedaNovo shekel israelí
(₪, ILS)
Dinar xordano
(JD, JOD)
IDH (2014)Decrecente0,677[3] (113º) – Medio
XentilicioPalestino, -a
Fuso horarioUTC +2
 • Horario de veránUTC +3
Dominio de Internet.ps
Prefixo telefónico+970
Prefixo radiofónicon/d
Código ISO275 / PSE / PS
Membro de: ONU (observador), Unesco,[4] NOAL, OCI, Liga de Estados Árabes e Grupo dos 77

Palestina[n. 1] (Árabe: فلسطين, Filasṭīn, Falasṭīn ou Filisṭīn), oficialmente declarado como o Estado de Palestina (Árabe: دولة فلسطين, Dawlat Filasṭin), é un Estado con recoñecemento limitado situado no Oriente Medio, máis concretamente no Levante mediterráneo, e que limita con Israel, Xordania, Exipto e a ribeira sudoriental do mar Mediterráneo.[6] Tamén é considerado un protoestado.[7] Foi proclamado no exilio en Alxer o 15 de novembro de 1988, cando o Consello Nacional da Organización para a Liberación de Palestina (OLP) adoptou a declaración de independencia de Palestina de forma unilateral. Nese tempo a OLP non exercía control sobre territorio algún, e era un goberno no exilio.[8] Aínda hoxe parte do territorio reclamado mantense baixo ocupación israelí.[9] Reivindica os territorios palestinos[1] definidos antes da guerra de 1967, e designou a Xerusalén Leste como a súa capital.[10][11][n. 2] En 1994, conforme aos acordos de Oslo entre a OLP e o Goberno de Israel, foi establecida a Autoridade Nacional Palestina como unha entidade administrativa transitoria.[10][11][14] O 31 de outubro de 2011, foi admitida como membro número 195 da UNESCO, como estado membro de pleno dereito.[15]

O 29 de novembro de 2012 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas adoptou a Resolución 67/19 (proxecto de resolución A/67/L.28) en virtude da cal concedeu a Palestina a condición de «Estado observador non membro» da organización, reafirmando ademais o dereito do pobo palestino a un territorio baixo as fronteiras definidas antes da Guerra de 1967.[16][17] Esta resolución non implica aínda a admisión de Palestina como membro pleno da organización, pois para iso necesitaríase da aprobación do Consello de Seguridade das Nacións Unidas no cal Estados Unidos se opón.O 17 de decembro de 2014 o Parlamento Europeo apoiou publicamente o recoñecemento do Estado de Palestina, tras habelo feito os parlamentos de varios países membros como Reino Unido, España, Francia, Irlanda[18] e Italia.[19][20][21][22] O recoñecemento do Parlamento Europeo e dos parlamentos nacionais é puramente simbólico, xa que o recoñecemento efectivo débeno realizar cada un dos gobernos dos estados membros. Na actualidade, o único país da UE que o recoñeceu sendo xa membro da Unión foi Suecia, en maio de 2015 tamén foi recoñecido oficialmente pola Santa Sé.[23][24]

Historia

A Palestina histórica

Orixe do topónimo

O termo "Palestina" provén do antigo pobo dos filisteos, mencionados na Biblia e outros textos antigos, como ocupantes da faixa costeira ao sur de Siria e Fenicia. Esta etnia, integrada por emigrantes vinculados aos Pobos do Mar (quizais de procedencia exea, aínda que non é seguro) asentouse no territorio coñecido como Canaán durante a transición entre a Idade de Bronce e do Hierro; aproximadamente no século XII a. C. Formaron unha confederación de cinco cidades (Pentápolis filistea) entre Jope e Gaza, adoptaron costumes cananeas e convertéronse na potencia dominante da rexión durante o século X a.[25][26] C., substituíndo a hexemonía exipcia na rexión.[27] Mercé ao seu uso do ferro, dominaron ás poboacións do interior, as tribos hebreas, coas cales libraron cruentas batallas. Esta inimizade quedou reflectida na Biblia e transformou o termo filisteo nunha designación pexorativa.

Palestina antiga

Os filisteos foron incorporados aos sucesivos imperios mesopotámicos da rexión; asirios, babilonios e persas, os cales os encadraron dentro da satrapía de Eber Nari. Heródoto, no século V a.C., menciona a "os sirios chamados palestinos", sendo este o primeiro uso do termo que non é senón a transcrición grega de "filisteos", aínda que o contexto (a circuncisión) fai dubidar si fala deste pobo ou dos xudeus.[28][29] Tamén Aristóteles na súa Meteoroloxía (Meteorologica) falaba do mar Morto como un "lago de Palestina".[30] Baixo o dominio dos lágidas e os seleúcidas, o territorio foi chamado, en grego, Palestina, máis aló da súa división entre diversos pobos. O escritor xudeu de fala grega, Filón, sinalaba: "Por outra banda, Palestina e Siria tampouco son estériles en exemplos de sabedoría e virtude, países que habita unha parte non pequena da populosa nación dos xudeus".[31] O triunfo dos Macabeos no século II a. C., colocou a case toda a rexión baixo o dominio de reis xudeus, aos cales sucedeu o idumeo Herodes o Grande, baixo o amparo de Roma. Tras a morte de Herodes o territorio quedou baixo control directo do imperio, con escasos períodos de gobernos máis ou menos autónomos. Despois das grandes rebelións xudías contra Roma (no 66 / 70 e o 132 / 135 de nosa era), o nome Palestina, ou Siria Palestina, utilizouse para designar oficialmente todo o territorio entre a provincia romana de Siria e a de Exipto. Adóitase dicir que esta medida se tomou como unha forma de reprimir o nacionalismo xudeu, do mesmo xeito que Xerusalén tomou o nome de Elia Capitolina, pero non hai documentos que o aseguren.[32] En Palestina, cuxa capital era a cidade de Cesarea Marítima (fundada por Herodes), convivían a cultura grega, en especial na costa e as cidades, e a aramea ou siria, no interior, coa crecente presenza de árabes e importantes minorías xudías. No referente á relixión, predominou o paganismo (helénico, sirio ou árabe) até o século III, cando comezaron a incrementarse os cristiáns, de lingua grega ou aramea. A Igrexa palestina, vinculada aos sitios mencionados nos seus libros sacros, volveuse moi importante, produciu notables eruditos, como Orixes, e adquiriu maior importancia tras o triunfo do cristianismo no Imperio romano. Entre os séculos IV e VII, baixo o Imperio romano de Oriente, Palestina foi o nome dunha provincia (máis tarde dividida en tres)de fala grega, con arameos no interior, e relixión cristiá. Xerusalén recuperou o seu antigo nome, multiplicáronse as igrexas e radicáronse nos desertos numerosos eremitas e monxes. Tamén se viu envolvida nas disputas teolóxicas da época, que expresaban as particularidades étnicas das distintas provincias do imperio. En 614 caeu baixo o poder dos persas sasánidas quen, en 628, foron derrotados polo emperador Heraclio e expulsados do país.

Palestina no Califato

Os musulmáns, encabezados por Umar, apoderaríanse definitivamente do país en 636. En 661 o califa Muawiya I foi coroado en Xerusalén, onde, en 691, construiríase a Cúpula da Roca, síntese de elementos bizantinos, persas e árabes.

Durante os primeiros séculos do Califato, Palestina foi unha rexión próspera, na cal se toleraban as diferentes relixións "do Libro" e onde se mesturaban distintas influencias culturais. O árabe converteuse na lingua predominante, desprazando tanto ao grego como ao arameo. O nome árabe do país foi tomado da administración bizantina; Falastin.

Desde 878 o país foi gobernado desde Exipto e no século seguinte quedou baixo a influencia dos Fatimitas. En 1073 foi capturada polo Imperio Selxúcida e reconquistada polos exipcios en 1098, un ano antes da chegada dos Cruzados.

Palestina baixo os cruzados

Palestina era a Terra Santa para os cruzados, quen estableceron diversos señoríos feudais na rexión baixo o mando do Reino de Xerusalén. Menos dun século despois este reino desaparecería ante a ofensiva de Saladino (1187); o país pasou a depender dos ayubitas, a pesar da existencia, durante outro século, dun enclave cruzado en Acre.

Reconquista musulmá

O Sultanato Mameluco de Exipto foi o resultado indirecto destas guerras e pronto incorporou ao seu dominio o territorio de Palestina, afectado en 1260, pola invasión mongola.

No século XVI, os otománs arrebataron o país aos mamelucos exipcios. Salvo breves intervalos, o país permaneceu baixo dominio turco até a partición do Imperio Otomán, despois da Primeira Guerra Mundial. Durante este período o termo Palestina fíxose popular en Occidente para designar ao territorio, tal como aparece nos textos e mapas da época.[33]

A Palestina otomá

Palestina foi parte do Imperio otomán desde 1517 até 1918, fóra dun interludio de 1832 a 1840, cando foi conquistada por Mehmet Alí, o gobernador otomán de Exipto, que se rebelou contra o sultán de Constantinopla. Administrativamente, Palestina era parte do País de Sham (nome pre-islámico de Siria).

En 1887 o Sanjak de Xerusalén converteuse en sede dos Santos Lugares, creando un mutasarrif independente que se opón directamente ao goberno central en Constantinopla, os seus ministerios e departamentos do Estado.

En 1888, cando se creou o vilayato de Beirut, outros dous territorios palestinos incluíronse no seu territorio.

A Palestina mandataria

Moeda palestina durante o mandato británico

No medio da Primeira Guerra Mundial, 16 de maio de 1916, coa firma dos Acordos Sykes-Picot, Francia e Gran Bretaña acordaron que a Palestina otomá asignásese, ao final da guerra, como zona de influencia do Reino Unido.

O 9 de decembro de 1917, Xerusalén foi ocupada polo exército británico, que ocupa a totalidade de Palestina. O Mandato Británico de Palestina estivo baixo o control da Sociedade de Nacións, que se iniciou formalmente en 1920. O mandato terminaría formalmente en 1947. Durante o seu mandato, houbo varios disturbios polos palestinos contra a política británica en relación coa autorización da inmigración xudía do Reino Unido (Declaración Balfour de 1917) e contra a venda de terras árabes aos inmigrantes xudeus: os movementos de abril de 1920 e maio de 1921, así como os disturbios de agosto de 1929 desembocarían na Gran Revolta árabe de Palestina (1936-1939).

En consecuencia, o Libro Branco de 1939 sobre Palestina aprobado polo goberno británico limitou a inmigración xudía a Palestina e perfilou a creación dun Estado gobernado conxuntamente por xudeus e palestinos. En resposta, as organizacións sionistas paramilitares como o Irgún, e máis tarde Lehi, lanzaron campañas de atentados contra as autoridades británicas e os civís palestinos, mentres se organizaba a inmigración ilegal de xudeus europeos, fuxindo a maioría do holocausto.

Other Languages
Afrikaans: Staat Palestina
العربية: دولة فلسطين
azərbaycanca: Fələstin Dövləti
беларуская (тарашкевіца)‎: Дзяржава Палестына
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Palestine Guók
Cebuano: Palestina
qırımtatarca: Filistin
čeština: Stát Palestina
Zazaki: Fılıstin
eesti: Palestiina
Nordfriisk: Palestiina
Gagauz: Palestina
Avañe'ẽ: Paletína
hornjoserbsce: Palestina
Հայերեն: Պաղեստին
Bahasa Indonesia: Negara Palestina
íslenska: Palestínuríki
Kabɩyɛ: Palɛstiinii
Kongo: Palestine
Gĩkũyũ: Palestine
한국어: 팔레스타인
лезги: Палестина
Lingua Franca Nova: Filastin
монгол: Палестин
Bahasa Melayu: Negara Palestin
Nederlands: Palestina (staat)
Ποντιακά: Παλαιστίνη
Kinyarwanda: Palestine
srpskohrvatski / српскохрватски: Palestina (država)
chiShona: Palestine
српски / srpski: Држава Палестина
SiSwati: IPhalestina
Kiswahili: Palestina
tetun: Palestina
ئۇيغۇرچە / Uyghurche: پەلەستىن
oʻzbekcha/ўзбекча: Falastin
Tiếng Việt: Nhà nước Palestine
中文: 巴勒斯坦
文言: 巴勒斯坦
Bân-lâm-gú: Palestine Kok