España

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Reino de España 1
Bandeira de España
Escudo de España
Bandeira Escudo
Spain (orthographic projection).svg
Lema: Plus Ultra
( Latín: Máis alén)

Capital
 Poboación
Madrid
3 213 271 hab. (2008)
Cidade máis poboada Madrid
Linguas oficiais Lingua castelá, Lingua galega, Lingua éuscara, Lingua catalá e Lingua occitana 2
Forma de goberno Monarquía parlamentaria
Filipe VI
Mariano Rajoy
Superficie Posto 50º
 • Total 504 782 [1] km²
 • % auga 1,04
Fronteiras 2 032 km
Costas 7 921 km
Poboación Posto 27º
 • Total (2013) 47 129 783 hab.
 • Densidade 93,39 hab./km² hab./km²
PIB (nominal) Posto 13º
 • Total (2013) US$ 1 355 660 mill. [2]
 • per cápita 29 408 US$
PIB ( PPA) Posto 14º
 • Total (2013) US$ 1 388 789 mill. [2]
 • per cápita 29 408 US$
Moeda Euro 3 (€,  EUR)
IDH (2012) 0,885 ( 23º) – Moi alto
Xentilicio Español / a
Fuso horario CET ( UTC+1) 4
 • Horario de verán CEST ( UTC+2)
Dominio de Internet .es
Prefixo telefónico +34
Prefixo radiofónico AMA-AOZ, EAA-EHZ
Código ISO 724 / ESP / ES
Membro de: UE, OTAN, ONU, OCDE, OSCE
1 Nas outras linguas oficiais é:
Castelán: Reino de España
Catalán /valenciano: Regne d'Espanya
Éuscaro: Espainiako Erresuma
Aranés ( occitano): Regne d'Espanha

2 Son cooficiais amais do castelán, o catalán en Cataluña e Illas Baleares, o valenciano na Comunidade Valenciana, o galego en Galiza, o éuscaro no País Vasco e parte de Navarra, e o aranés en Cataluña.
3 Desde 1868 e ata 1999 a moeda oficial foi a peseta.
4 Salvo nas Illas Canarias, onde é unha hora menos: UTC+0 en inverno e UTC+1 no verán.

España [3] ( Gl-España.ogg pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España [4] [5] ( Gl-Reino de España.ogg pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.

España atópase no suroeste do continente europeo, e comparte fronteiras terrestres con Francia e co principado de Andorra ao norte, con Portugal ao oeste e co territorio británico de Xibraltar ao sur. Nos seus territorios africanos, comparte fronteiras terrestres e marítimas con Marrocos. Comparte con Francia a soberanía sobre a illa dos Faisáns na desembocadura do río Bidasoa e cinco facerías pirenaicas [6].

Ten unha extensión de 504.645 km², sendo o cuarto país cunha maior extensión do continente, despois de Rusia, Ucraína e Francia [7]. Cunha altitude media de 650 metros sobre o nivel do mar, é un dos países máis montañosos de Europa. A súa poboación é de 47 190 493 habitantes, segundo datos do padrón municipal de 2011.

De acordo a Constitución Española, o castelán ou español é a lingua oficial do Estado. Outras linguas son recoñecidas como cooficiais nas súas respectivas comunidades autónomas conforme os seus Estatutos de autonomía. As modalidades lingüísticas de España son un dos seus patrimonios culturais, obxecto de especial respecto e protección [3].

A economía española é a 14ª economía mundial en términos de PIB, por diante de Indonesia e de Turquía, e segundo Eurostat, o PIB per cápita español situouse, en 2011, no 99% da media da Unión Europea, por diante de Chipre. [8] Ademais, segundo o informe de 2010 da ONU, ten un índice de desenvolvemento humano de 0.878, o 23º maior do mundo, por diante doutros grandes países europeos, como Grecia, Italia o Reino Unido. [9]

Toponimia

Orixe da palabra Hispania

Véxase tamén: Orixe do nome de Hispania.
Castelo de Sancti Petri, visto desde Chiclana de la Frontera ( Cádiz). Neste lugar achábase o Templo de Hércules Melkart.

O nome de España deriva de Hispania, nome co que os romanos designaban xeográficamente ao conxunto da península ibérica, término alternativo ao nome Iberia, preferido polos autores gregos para referirse ao mesmo espazo. Con todo, o feito de que o término Hispania non é de raíz latina levou á formulación de varias teorías sobre a súa orixe, algunhas delas controvertidas.

«Hispania» provén do fenicio i-spn-ya, un término cuxo uso está documentado desde o segundo milenio antes de Cristo, en inscricións ugaríticas. Os fenicios constituíron a primeira civilización non ibérica que chegou á península para expandir o seu comercio e que fundou, entre outras, Gadir, a actual Cádiz, a cidade habitada máis antiga de Europa Occidental. [10] [11]

Os romanos tomaron a denominación dos vencidos cartaxineses, interpretando o prefixo i como «costa», «illa» ou «terra», con ya co significado de «rexión». O lexema spn, que en fenicio e tamén en hebreo pódese ler como saphan, traduciuse como «coellos» (en realidade damáns, uns animais do tamaño do coello estendidos por África e o Crecente Fértil). Os romanos, xa que logo, déronlle a Hispania o significado de «terra abundante en coellos», un uso recolleito por Cicerón, César, Plinio o Vello, Catón, Tito Livio e, en particular, Catulo, que se refire a Hispania como península cuniculosa (nalgunhas moedas acuñadas na época de Adriano figuraban personificacións de Hispania como unha dama sentada e cun coello aos seus pés), en referencia á vez que viviu en Hispania.

Sobre a orixe fenicio do término, o historiador e hebraísta Cándido María Trigueros propuxo na Real Academia das Boas Letras de Barcelona en 1767 unha teoría diferente, baseada no feito de que o alfabeto fenicio (do mesmo xeito que o hebreo) carecía de vocais. Así spn (sphan en hebreo e arameo) significaría en fenicio «o norte», unha denominación que tomarían os fenicios ao chegar á península ibérica bordeando a costa africana, véndoa ao norte da súa ruta, polo que i-spn-ya sería a «terra do norte». Pola súa banda, segundo Jesús Luís Cunchillos no seu Gramática fenicia elemental (2000), a raíz do término span é spy, que significa «forxar ou bater metais». Así, i-spn-ya sería a «a terra na que se forxan metais». [12]

Separadamente da teoría de orixe fenicio, que é a máis aceptada malia que o significado preciso do término segue sendo obxecto de discusións, ao longo da historia propuxéronse diversas hipóteses, baseadas en similitudes aparentes e significados máis ou menos relacionados. A principios da Idade Moderna, Antonio de Nebrija, na liña de Isidoro de Sevilla, propuxo a súa orixe autóctono como deformación da palabra ibérica Hispalis, que significaría a cidade de occidente [13] e que, ao ser Hispalis a cidade principal da península, os fenicios, e, posteriormente os romanos deron o seu nome a todo o seu territorio. [14] Posteriormente, Juan Antonio Moguel propuxo no século XIX que o término Hispania podería provir da palabra éuscara Izpania que viría significar que parte o mar ao estar composta polas voces iz e pania ou bania que significa «dividir» ou «partir». [15] A este respecto, Miguel de Unamuno declarou en 1902: «A única dificultade que atopo [...] é que, segundo algúns paisanos meus, o nome España deriva do vascuence 'ezpaña', beizo, aludindo á posición que ten a nosa península en Europa». [16] Outras hipóteses supoñían que tanto Hispalis como Hispania eran derivaciones dos nomes de dous reis lendarios de España, Hispalo e o seu fillo Hispano ou Hispan, fillo e neto respectivamente de Hércules. [17]

Evolución da Hispania a España

Busto de Traxano, primeiro emperador hispano do Imperio Romano ( Gliptoteca de Múnich).

A partir do período visigodo, o término Hispania, ata entón usado xeograficamente, comezou a empregarse tamén cunha connotación política, como mostra o uso da expresión Laus Hispaniae para describir a historia dos pobos da península nas crónicas de Isidoro de Sevilla.

«Ti es, oh España, sagrada e nai sempre feliz de príncipes e de pobos, a máis fermosa de todas as terras que se estenden desde o Occidente ata a India. Ti, por dereito, es agora a raíña de todas as provincias, de quen reciben prestadas as súas luces non só o ocaso, senón tamén o Oriente. Ti es o honor e o ornamento do orbe e a máis ilustre porción da terra, na cal grandemente gózase e esplendidamente florece a gloriosa fecundidade da nación goda. Con xustiza enriqueceuche e foi contigo máis indulxente a natureza coa abundancia de todas as cousas creadas, ti es rica en froitos, en uvas copiosa, en colleitas alegre... Ti áchaste situada na rexión máis grata do mundo, nin che abrasas no ardor tropical do sol, nin che entumecen rigores glaciais, senón que, cinguida por temperada zona do ceo, nútreste de felices e brandos céfiros... E por iso, con razón, fai tempo que a áurea Roma, cabeza das xentes, desexouche e, aínda que o mesmo poder romano, primeiro vencedor, posuír, con todo, ao fin, a florecente nación dos godos, logo de innumerables vitorias en todo o orbe, con empeño conquistouche e amouche e ata agora gózache segura entre ínfulas rexias e copiosos tesouros en seguridade e felicidade de imperio.»
Historia de los Godos, Vándalos y Suevos de san Isidoro de Sevilla, século VI-VII. Trad. de Rodríguez Alonso, 1975, León, pp. 169 y 171. [18]

A palabra «España» deriva foneticamente de HĬSPANĬA, de xeito regular a través á palatalización do /n/ en /ñ/ ante iode latina -A, a perda do H- inicial (que se dá en latín tardío) e a abertura do Ĭ en posición inicial a /e/. Con todo, España non pode considerarse a tradución ao español da palabra latina Hispania, xa que o uso moderno designa unha extensión diferente.

Uso histórico do termo

Uso do termo España ata a Idade Media

A evolución da palabra España é acorde con outros usos culturais. Ata o Renacemento os topónimos que facían referencia a territorios nacionais e rexionais eran relativamente inestables, tanto desde o punto de vista semántico como do da súa precisa delimitación xeográfica. Así, en tempos dos romanos «Hispania» correspondía ao territorio que ocupaban na península, Baleares e, no século III, parte do norte de África (a Mauritania Tingitana, que se incluíu no ano 285 na diocese Hispaniarum).

No dominio visigodo, o rei Leovixildo, tras unificar a maior parte do territorio da España peninsular a fins do s. VI, titúlase rei de Gallaecia, Hispania e Narbonensis. Santo Isidoro narra a procura da unidade peninsular, finalmente culminada no reinado de Suintila na primeira metade do s. VII e fálase da nai España. Na súa obra Historia Gothorum, Suintila aparece como o primeiro rei de «Totius Spaniae». O prólogo da mesma obra é o coñecido De laude Spaniae (Acerca da gabanza a España).

En tempos do rei Mauregato foi composto o himno O Dei Verbum no que se cualifica ao apóstolo como dourada cabeza refulxente de «Ispaniae» («Oh, vere digne sanctior apostole caput refulgens aureum Ispaniae, tutorque nobis et patronus vernulus»). [19]

Manuscrito da Estoria de España de Alfonso X o Sabio.

Coa invasión musulmá o nome de Spania ou España transformouse en اسبانيا, Isbāniyā. O uso da palabra España segue resultando inestable, dependendo de quen o use e en que circunstancias. Algunhas crónicas e outros documentos da alta Idade Media designan exclusivamente con ese nome (España ou Spania) ao territorio dominado polos musulmáns. Así, Afonso I o Batallador (1104-1134) di nos seus documentos que «El reina en Pamplona, Aragón, Sobrarbe e Ribagorza», e cando en 1126 fai unha expedición ata Málaga dinos que «foi ás terras de España». Pero xa a partir dos últimos anos do século XII xeneralízase novamente o uso do nome de España para toda a península, sexa de musulmáns ou de cristiáns. Así se fala dos cinco reinos de España: Granada (musulmán), León con Castela, Navarra, Portugal e coroa de Aragón (cristiáns).

Identificación coas coroas de Castela e Aragón

A medida que avanza a reconquista varios reis proclamáronse príncipes de España, tratando de reflectir a importancia dos seus reinos na península. [20] Trala unión dinástica de Castela e Aragón, comézase a usar nestes dous reinos o nome de España para referirse a ambos, circunstancia que, polo demais, non tiña nada de novedosa; así, xa en documentos dos anos 1124 e 1125, con motivo da expedición militar de Afonso I de Aragón por Andalucía, referíanse ao Batallador -que unificara os reinos de Castilla e Aragón tralo seu matrimonio con Urraca I- cos termos «reinando en España» ou reinando «en toda a terra de cristiáns e sarracenos de España». [21]

Evolución independente do xentilicio

O xentilicio «español» evolucionou de forma distinta ao que cabería esperar (cabería esperar algo similar a «hispánico»). Existen varias teorías sobre como xurdiu o propio xentilicio «español»; segundo unha delas, o sufixo «-ol» é característico das linguas romances provenzais e pouco frecuente nas linguas romances faladas entón na península, polo que considera que sería importado a partir do século IX co desenvolvemento do fenómeno das peregrinacións medievais a Santiago de Compostela, polos numerosos visitantes francos que percorreron a península, favorecendo que co tempo divulgásese a adaptación do nome latino hispani a partir do «espagnol», «espanyol», «espannol», «espanhol», «español» etc. (as grafías gn, nh e ny, ademais de nn, e a súa abreviatura ñ, representaban o mesmo fonema) con que eles designaban aos cristiáns da antiga Hispania. Posteriormente, sería o labor de divulgación das elites formadas as que promocioaron o uso de «español» e «españois»: a palabra «españois» aparece vinte e catro veces no cartulario da catedral de Huesca, manuscrito de 1139-1221 [22], mentres que na Estoria de España, redactada entre 1260 e 1274 por iniciativa de Afonso X o Sabio, se empregou exclusivamente o xentilicio «españois». [23]

Other Languages
Аҧсшәа: Еспаниа
Acèh: Seupanyo
адыгабзэ: Испание
Afrikaans: Spanje
Akan: Spain
Alemannisch: Spanien
አማርኛ: እስፓንያ
aragonés: Espanya
Ænglisc: Spēonland
العربية: إسبانيا
ܐܪܡܝܐ: ܐܣܦܢܝܐ
مصرى: اسبانيا
asturianu: España
авар: Испания
Aymar aru: Ispaña
azərbaycanca: İspaniya
تۆرکجه: ایسپانیا
башҡортса: Испания
Boarisch: Spanien
žemaitėška: Ispanėjė
Bikol Central: Espanya
беларуская: Іспанія
беларуская (тарашкевіца)‎: Гішпанія
български: Испания
भोजपुरी: स्पेन
Bislama: Spain
বাংলা: স্পেন
བོད་ཡིག: ཞི་པན་ཡ།
বিষ্ণুপ্রিয়া মণিপুরী: স্পেন
brezhoneg: Spagn
bosanski: Španija
буряад: Испани
català: Espanya
Chavacano de Zamboanga: España
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Să̤-băng-ngà
нохчийн: Испани
Cebuano: Espanya
Chamoru: España
Tsetsêhestâhese: Spain
کوردی: ئیسپانیا
corsu: Spagna
qırımtatarca: İspaniya
čeština: Španělsko
kaszëbsczi: Szpańskô
словѣньскъ / ⰔⰎⰑⰂⰡⰐⰠⰔⰍⰟ: Їспанїꙗ
Чӑвашла: Испани
Cymraeg: Sbaen
dansk: Spanien
Deutsch: Spanien
Zazaki: İspanya
dolnoserbski: Špańska
डोटेली: स्पेन
ދިވެހިބަސް: އިސްޕެއިން
ཇོང་ཁ: སིཔཱེན་
eʋegbe: Spain
Ελληνικά: Ισπανία
emiliàn e rumagnòl: Spaggna
English: Spain
Esperanto: Hispanio
español: España
eesti: Hispaania
euskara: Espainia
estremeñu: España
فارسی: اسپانیا
Fulfulde: Hispaanya
suomi: Espanja
Võro: Hispaania
føroyskt: Spania
français: Espagne
arpetan: Èspagne
Nordfriisk: Spaanien
furlan: Spagne
Frysk: Spanje
Gaeilge: An Spáinn
Gagauz: İspaniya
贛語: 西班牙
Gàidhlig: An Spàinn
گیلکی: ائسپانيا
Avañe'ẽ: Karairetã
गोंयची कोंकणी / Gõychi Konknni: स्पेन
𐌲𐌿𐍄𐌹𐍃𐌺: 𐌷𐌴𐌹𐍃𐍀𐌰𐌽𐌾𐌰
ગુજરાતી: સ્પેન
Hausa: Hispania
客家語/Hak-kâ-ngî: Sî-pân-ngà
Hawaiʻi: Sepania
עברית: ספרד
हिन्दी: स्पेन
Fiji Hindi: Spain
hrvatski: Španjolska
hornjoserbsce: Španiska
Kreyòl ayisyen: Espay
Հայերեն: Իսպանիա
interlingua: Espania
Bahasa Indonesia: Spanyol
Interlingue: Hispania
Igbo: Spain
Iñupiak: Spaña
Ilokano: Espania
íslenska: Spánn
italiano: Spagna
ᐃᓄᒃᑎᑐᑦ/inuktitut: ᓯᐸᐃᓐ
日本語: スペイン
Patois: Spien
la .lojban.: sangu'e
Basa Jawa: Sepanyol
ქართული: ესპანეთი
Qaraqalpaqsha: İspaniya
Taqbaylit: Spenyul
Адыгэбзэ: Эспаниэ
Kabɩyɛ: Ɛsɩpaañɩ
Kongo: Espania
қазақша: Испания
kalaallisut: Spania
ភាសាខ្មែរ: អេស្ប៉ាញ
ಕನ್ನಡ: ಸ್ಪೇನ್
한국어: 스페인
Перем Коми: Эспання
къарачай-малкъар: Испания
Kurdî: Spanya
коми: Испания
kernowek: Spayn
Кыргызча: Испания
Latina: Hispania
Ladino: Espanya
Lëtzebuergesch: Spuenien
лезги: Испания
Limburgs: Spanje
Ligure: Spagna
lumbaart: Spagna
lingála: Espania
لۊری شومالی: إسپانيا
lietuvių: Ispanija
latgaļu: Spaneja
latviešu: Spānija
मैथिली: स्पेन
мокшень: Испания
Malagasy: Espaina
олык марий: Испаний
Māori: Pāniora
Baso Minangkabau: Spanyol
македонски: Шпанија
മലയാളം: സ്പെയിൻ
монгол: Испани
मराठी: स्पेन
Bahasa Melayu: Sepanyol
Malti: Spanja
Mirandés: Spanha
မြန်မာဘာသာ: စပိန်နိုင်ငံ
مازِرونی: ایسپانیا
Dorerin Naoero: Pain
Nāhuatl: Caxtillan
Napulitano: Spagna
Plattdüütsch: Spanien
Nedersaksies: Spanje
नेपाली: स्पेन
नेपाल भाषा: स्पेन
Nederlands: Spanje
norsk nynorsk: Spania
norsk: Spania
Novial: Spania
Nouormand: Espangne
Sesotho sa Leboa: Spain
occitan: Espanha
Livvinkarjala: Ispuanii
Oromoo: Ispeen
ଓଡ଼ିଆ: ସ୍ପେନ
Ирон: Испани
ਪੰਜਾਬੀ: ਸਪੇਨ
Pangasinan: Espanya
Kapampangan: Espanya
Papiamentu: Spaña
Picard: Espanne
Deitsch: Schpaani
पालि: स्पेन
Norfuk / Pitkern: Spain
polski: Hiszpania
Piemontèis: Spagna
پنجابی: سپین
Ποντιακά: Ισπανία
پښتو: اسپانیا
português: Espanha
Runa Simi: Ispaña
rumantsch: Spagna
Romani: Spaniya
Kirundi: Esipanye
română: Spania
armãneashti: Ispania
tarandíne: Spagne
русский: Испания
русиньскый: Іспанія
Kinyarwanda: Esipanye
संस्कृतम्: स्पेन्
саха тыла: Испания
sardu: Ispagna
sicilianu: Spagna
Scots: Spain
سنڌي: اسپين
davvisámegiella: Spánia
Sängö: Espânye
srpskohrvatski / српскохрватски: Španija
සිංහල: ස්පාඤ්ඤය
Simple English: Spain
slovenčina: Španielsko
slovenščina: Španija
Gagana Samoa: Sepa­nia
chiShona: Spain
Soomaaliga: Isbania
shqip: Spanja
српски / srpski: Шпанија
Sranantongo: Spanyorokondre
SiSwati: Sipeyini
Sesotho: Spain
Seeltersk: Spanien
Basa Sunda: Spanyol
svenska: Spanien
Kiswahili: Hispania
ślůnski: Szpańijo
తెలుగు: స్పెయిన్
tetun: España
тоҷикӣ: Испания
Türkmençe: Ispaniýa
Tagalog: Espanya
lea faka-Tonga: Sepeni
Tok Pisin: Spen
Türkçe: İspanya
Xitsonga: Spaniya
татарча/tatarça: Испания
chiTumbuka: Spain
Twi: Spain
reo tahiti: Paniora
удмурт: Испания
ئۇيغۇرچە / Uyghurche: ئىسپانىيە
українська: Іспанія
اردو: ہسپانیہ
oʻzbekcha/ўзбекча: Ispaniya
Tshivenda: Spain
vèneto: Spagna
vepsän kel’: Ispanii
Tiếng Việt: Tây Ban Nha
West-Vlams: Spanje
Volapük: Spanyän
walon: Espagne
Winaray: Espanya
Wolof: Ispaañ
吴语: 西班牙
isiXhosa: ISpain
მარგალური: ესპანეთი
ייִדיש: שפאניע
Yorùbá: Spéìn
Vahcuengh: Sihbanhyaz
Zeêuws: Spanje
中文: 西班牙
文言: 西班牙
Bân-lâm-gú: Se-pan-gâ
粵語: 西班牙
isiZulu: ISpeyini