Escudo de Pontevedra

Escudo do concello de Pontevedra.
Escudo da provincia de Pontevedra.

O escudo de Pontevedra é o escudo oficial do concello e da Provincia de Pontevedra. Ambos os dous baséanse no mesmo brasón. Neles aparece, nun campo de azur, unha ponte de tres arcos de ouro sobre ondas de azuis e arxénteas. No medio da ponte, un cruceiro de ouro. Na beira dereita, un castelo ameado de ouro e aclarado de goles, e na esquerda unha torre ameada de ouro. O escudo áchase timbrado cunha coroa real, forrada de goles, ou vermello, fechada, que é un círculo de ouro, engastallado de pedras preciosas, composto de oito floróns de follas de acanto, visíbeis cinco, interpoladas de perlas e de cada unha das súas follas saen cinco diademas sumados de perlas que converxen nun mundo azur, co semimeridiano e o ecuador de ouro, sumado de cruz de ouro.

A figura da ponte que aparece no escudo representa a antiga Ponte do Burgo que cruza o río Lérez e continua o Camiño de Santiago Portugués desde Pontevedra cara Santiago.

A Deputación Provincial de Pontevedra emprega un escudo que pode considerarse como provincial, composto polos mesmos elementos que o escudo da cidade mais diferenciándose deste na cor do campo, de prata no canto de azur. Ademais a auga do río Lérez aparece representada de azur e non con ondas, e o escudo aparece arrodeado por lambrequíns de ouro e azur.

  • véxase tamén

Véxase tamén

Outros artigos

Other Languages