Escudo de Fidxi

Escudo de Fidxi.

O escudo de armas de Fidxi foi concedido mediante unha Patente de Cartas Reais o 4 de xullo de 1908 e confirmado o 30 de setembro de 1970. Foi parte da bandeira colonial e tamén forma parte da bandeira actual de Fidxi.

Os elementos que aparecen no escudo son:

  • Un campo de prata cuarteado por unha cruz de goles cos seus brazos iguais, que é a cruz de San Xurxo, cunha franxa tamén de goles situada no xefe e cargada cun león pasante de ouro, un dos tres que figuran no escudo de Inglaterra e que sostén, neste escudo, un froito de cacao.
  • A cruz de San Xurxo sobre pano branco que se adoptou no escudo de Fidxi, compón a bandeira de Inglaterra.
  • No primeiro cuartel do escudo, tres canas de azucre; no segundo, un coco coas súas cores naturais; no terceiro, unha pomba cunha rama de oliveira que é o símbolo da paz e, no cuarto, unha piña de bananas.
  • Sostén o escudo (tenantes en terminoloxía heráldica) dous guerreiros fidxianos vestidos con saias de cascas, un deles portando unha lanza e o outro unha maza de ananás.
  • Timbra o escudo un burelete de prata e goles así como unha canoa con mastro e vela.
  • Na parte inferior do escudo de armas aparece representada unha fita co lema nacional "Rerevaka na kalou ka doka na Tui" (Teme a Deus e honra o Rei).
Other Languages
العربية: شعار فيجي
беларуская: Герб Фіджы
বিষ্ণুপ্রিয়া মণিপুরী: ফিজির চিনত্হান
bosanski: Grb Fidžija
català: Escut de Fiji
español: Escudo de Fiyi
עברית: סמל פיג'י
hrvatski: Grb Fidžija
한국어: 피지의 국장
lietuvių: Fidžio herbas
македонски: Грб на Фиџи
Nederlands: Wapen van Fiji
polski: Herb Fidżi
русский: Герб Фиджи
srpskohrvatski / српскохрватски: Grb Fidžija
српски / srpski: Грб Фиџија
українська: Герб Фіджі
中文: 斐济国徽