Escudo de Barbados

Escudo de armas de Barbados.

O escudo de Barbados é un dos símbolos nacionais de Barbados dende a súa independencia en 1966.

A parte central é coñecida como "escudo dourado". Consiste nun campo de ouro no que figuran dous "Orgullos de Barbados", que son a flor nacional ( Caesalpinia pulcherrima do xénero das Poincianas) e unha figueira "barbada" ( Ficus citrifolia) que era común na illa no momento no que os portugueses chegaron á illa e de quen recibe o nome.

  • escudo de armas

Escudo de armas

O escudo formado por un campo de ouro cos elementos mencionados está suxeito por dúas figuras con forma de animais. Á esquerda un golfiño de azur e de goles, que representa á industria pesqueira de Barbados, e á dereita un pelicano en cores naturais que simboliza a unha pequena illa chamada Illa do Pelicano que nalgún momento existiu fronte a costa de Bridgetown. A cruz que forman as canas representa a cruz na cal Santo André foi crucificado. Na base do escudo hai unha lenda que di: "Pride and Industry" (Orgullo e Industria) en referencia ó lema da nación.

Other Languages
беларуская: Герб Барбадаса
বিষ্ণুপ্রিয়া মণিপুরী: বার্বাডোসর চিনত্হান
bosanski: Grb Barbadosa
hrvatski: Grb Barbadosa
lietuvių: Barbadoso herbas
македонски: Грб на Барбадос
Nederlands: Wapen van Barbados
srpskohrvatski / српскохрватски: Grb Barbadosa
Simple English: Coat of arms of Barbados
српски / srpski: Грб Барбадоса
українська: Герб Барбадосу
vepsän kel’: Barbadosan valdkundznam