Escocia

Escocia
Scotland
Alba
Bandeira de Escocia
Escudo de Escocia
BandeiraEscudo
Scotland in the UK and Europe.svg
Lema: «Nemo me impune lacessit» (en latín, Ninguén me ofende impunemente)
Himno: Himno de Escocia
EstadoFlag of the United Kingdom.svg Reino Unido
CapitalEdimburgo
 • Poboación448.624 (2006)
Cidade máis poboadaGlasgow
Lingua oficialNingunha1
Forma de gobernoNación con autonomía
Nicola Sturgeon (SNP)
Fundación
 • Reino de Escocia
 • Unión con Inglaterra
 • Acta de Unión
13 de febreiro de 858
24 de marzo de 1603
1 de maio de 1707
SuperficiePosto 2º
 • Total78.782 km²
 • % auga1,9
PoboaciónPosto 2º
 • Total5 116 900 (est. 2006) hab.
 • Densidade64,95 hab./km²
XentilicioEscocés/-esa
Fuso horarioUTC
Dominio de Internet.uk
Prefixo telefónico44
Código ISOGB-SCT
1Legalmente, o Reino Unido non ten lingua oficial, aínda que o inglés ten de facto ese papel. Por outra parte, ao asinar a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, o gaélico e o escocés pasan a ter unha certa oficialidade.

Escocia[1][2] (en inglés: Scotland; en escocés: Scotland; en gaélico escocés: Alba) é un país que forma parte do Reino Unido.[3][4][5] É o máis setentrional dos catro países constituíntes que forman o Reino Unido. Xunto con Inglaterra e Gales, forma parte da illa de Gran Bretaña, e abrangue un terzo da súa superficie total. Ademais da parte de Escocia localizada na illa de Gran Bretaña, o territorio escocés consta de máis de 790 illas,[6] incluíndo as Shetland, as Orcadas e as Hébridas. Limita ao norte e oeste co Océano Atlántico; ao leste co Mar do Norte, ao sur con Inglaterra e ao suroeste coa Canle do Norte e o Mar de Irlanda. O territorio escocés comprende 78.772 km2, e a súa poboación estímase en 5 116 900 habitantes, o que dá unha densidade de poboación de 65 habitantes por km2.

Edimburgo, a capital do país e segunda meirande cidade, é un dos centros financeiros de Europa.[7] Edimburgo foi o centro da Ilustración escocesa do século XVIII, que transformou a Escocia nunha das potencias comerciais, intelectuais e industriais de Europa. Glasgow, a cidade máis grande,[8] foi outrora unha das cidades industriais máis importantes do mundo e hoxe atópase no centro da aglomeración de Gran Glasgow. As augas territoriais escocesas abranguen unha parte importante[9] do Atlántico Norte e do Mar do Norte, contendo unha das maiores reservas de petróleo da Unión Europea. Por este motivo, Aberdeen, a terceira cidade de Escocia, ten o título de capital europea do petróleo.[10]

O Reino de Escocia foi un estado independente durante a Alta Idade Media, e continuou a súa existencia ata 1707. Nesa data produciuse unha unión persoal na que se asinaron as Actas de Unión con Inglaterra, para crear o 1 de maio de 1707 o Reino Unido da Gran Bretaña. A unión produciuse malia a oposición popular e as revoltas anti-unión en Edimburgo, Glasgow e noutras partes.[11][12] O Reino Unido de Gran Bretaña entrou posteriormente noutra unión política co Reino de Irlanda, o 1 de xaneiro de 1801, para crear o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda.

O sistema legal escocés mantívose separado do de Inglaterra, Gales e Irlanda do Norte, polo que é considerada en dereito internacional como unha entidade xurídica distinta.[13] A existencia de institucións legais, educativas e relixiosas distintas permitiron a supervivencia da cultura e da identidade nacional escocesa dende a Unión de 1707.[14] En 1999 recuperou un poder lexislativo, o Parlamento de Escocia, grazas ó referendo de 1997, e volveu reunir a autoridade sobre moitas áreas dos asuntos de interior. En maio de 2011, o Scottish National Party (SNP, Partido Nacional de Escocia) gañou con ampla maioría as eleccións ó parlamento. Como resultado, celebrarouse un referendo de independencia o 18 de setembro de 2014, que rexeitou a independencia por un 55% contra o 45%, e cunha participación do 85%.[15][16][17][18]

Escocia é membro do Consello británico-irlandés,[19] e da Asemblea parlamentaria británico-irlandesa, así como no acordo da Common Travel Area.[20] Escocia é representada na Unión Europea e no Parlamento Europeo con seis MEPs.[21]

Orixe etimolóxica

A Crónica anglosaxoa do século X é o documento máis antigo no que aparece o termo Scotland, formado a partir do termo latino Scoti, de orixe dubidosa, empregado como unha referencia aos habitantes de Hibernia (a actual Irlanda). A palabra Scotia, aparecida no latín vulgar, empregouse só para referirse á zona de Escocia na que se falaba gaélico; ademais, este termo alternaba con Albania, procedente do termo gaélico para Escocia, Alba. O emprego do termo Scotland para referirse a todo o territorio escocés só se xeneralizou na baixa Idade Media. Nos tempos modernos o termo Scot aplícase a todos os habitantes de Escocia, independentemente da súa orixe étnica, xa que a identidade escocesa é primordialmente cívica e non étnica ou lingüística. O termo scot tamén se emprega para referirse ao escocés, falado nalgunhas zonas dos Lowlands ou Terras Baixas Escocesas.

Other Languages
Afrikaans: Skotland
Alemannisch: Schottland
አማርኛ: ስኮትላንድ
aragonés: Escocia
Ænglisc: Scotland
العربية: اسكتلندا
asturianu: Escocia
Aymar aru: Iskusiya
azərbaycanca: Şotlandiya
تۆرکجه: ایسکاتلند
башҡортса: Шотландия
Boarisch: Schottland
žemaitėška: Škuotėjė
Bikol Central: Eskosya
беларуская: Шатландыя
беларуская (тарашкевіца)‎: Шатляндыя
български: Шотландия
भोजपुरी: स्कॉटलैंड
brezhoneg: Bro-Skos
bosanski: Škotska
буряад: Шотланд
català: Escòcia
Chavacano de Zamboanga: Escocia
Mìng-dĕ̤ng-ngṳ̄: Scotland
нохчийн: Шотланди
کوردی: سکۆتلاند
corsu: Scozia
čeština: Skotsko
kaszëbsczi: Szkòckô
Чӑвашла: Шотланди
Cymraeg: Yr Alban
dansk: Skotland
Deutsch: Schottland
Zazaki: İskoçya
dolnoserbski: Šotiska
Ελληνικά: Σκωτία
emiliàn e rumagnòl: Scòsia
English: Scotland
Esperanto: Skotlando
español: Escocia
eesti: Šotimaa
euskara: Eskozia
estremeñu: Escocia
فارسی: اسکاتلند
suomi: Skotlanti
Võro: Sotimaa
føroyskt: Skotland
français: Écosse
Nordfriisk: Skotlun
Frysk: Skotlân
Gaeilge: Albain
Gàidhlig: Alba
گیلکی: اسكاتلند
Avañe'ẽ: Ekosia
गोंयची कोंकणी / Gõychi Konknni: स्कॉटलंड
Gaelg: Nalbin
客家語/Hak-kâ-ngî: Scotland
עברית: סקוטלנד
Fiji Hindi: Scotland
hrvatski: Škotska
hornjoserbsce: Šotiska
Kreyòl ayisyen: Ekòs
magyar: Skócia
հայերեն: Շոտլանդիա
interlingua: Scotia
Bahasa Indonesia: Skotlandia
Interlingue: Scotia
Ilokano: Eskosia
Ido: Skotia
íslenska: Skotland
italiano: Scozia
Basa Jawa: Sekotlan
ქართული: შოტლანდია
Qaraqalpaqsha: Shotlandiya
Kabɩyɛ: Ekɔsɩ
қазақша: Шотландия
ភាសាខ្មែរ: ប្រទេសស្កុតឡែន
한국어: 스코틀랜드
къарачай-малкъар: Шотландия
Ripoarisch: Schottland
kurdî: Skotlenda
kernowek: Alban
Кыргызча: Шотландия
Latina: Scotia
Ladino: Eskosia
Lëtzebuergesch: Schottland
Lingua Franca Nova: Scotland
Limburgs: Sjotland
Ligure: Scòçia
lumbaart: Scozia
lingála: Ekósi
lietuvių: Škotija
latviešu: Skotija
Māori: Koterana
македонски: Шкотска
монгол: Шотланд
मराठी: स्कॉटलंड
Bahasa Melayu: Scotland
Malti: Skozja
မြန်မာဘာသာ: စကော့တလန်နိုင်ငံ
مازِرونی: اسکاتلند
Plattdüütsch: Schottland
Nedersaksies: Schotlaand
Nederlands: Schotland
norsk nynorsk: Skottland
norsk: Skottland
Novial: Skotia
Nouormand: Êcosse
occitan: Escòcia
ਪੰਜਾਬੀ: ਸਕਾਟਲੈਂਡ
Kapampangan: Scotland
Papiamentu: Eskosia
Picard: Écosse
Norfuk / Pitkern: Skotlund
polski: Szkocja
Piemontèis: Scòssia
پنجابی: سکاٹلینڈ
português: Escócia
Runa Simi: Iskusya
rumantsch: Scozia
română: Scoția
armãneashti: Scotlandia
русский: Шотландия
sardu: Iscotzia
sicilianu: Scozzia
Scots: Scotland
srpskohrvatski / српскохрватски: Škotska
Simple English: Scotland
slovenčina: Škótsko
slovenščina: Škotska
Gagana Samoa: Sikotilani
chiShona: Scotland
Soomaaliga: Skotland
shqip: Skocia
српски / srpski: Шкотска
SiSwati: Sikoshilandi
Seeltersk: Skotlound
Basa Sunda: Skotlandia
svenska: Skottland
Kiswahili: Uskoti
ślůnski: Szkocyjo
tetun: Eskósia
тоҷикӣ: Шотландия
Tagalog: Scotland
Tok Pisin: Skotlan
Türkçe: İskoçya
татарча/tatarça: Шотландия
удмурт: Шотландия
ئۇيغۇرچە / Uyghurche: Shotlandiye
українська: Шотландія
oʻzbekcha/ўзбекча: Shotlandiya
vèneto: Scozia
vepsän kel’: Šotlandii
Tiếng Việt: Scotland
West-Vlams: Schotland
Volapük: Skotän
walon: Escôsse
Winaray: Scotland
吴语: 苏格兰
მარგალური: შოტლანდია
ייִדיש: סקאטלאנד
Yorùbá: Skọ́tlándì
Zeêuws: Schotland
中文: 蘇格蘭
文言: 蘇格蘭
Bân-lâm-gú: So͘-kat-lân
粵語: 蘇格蘭
isiZulu: IsiKotilandi